30/10/2026
🎃 Para moitas das persoas maiores, Halloween é unha Festa á que non están afeitas. Elas medraron mantendo viva a tradición de Todos os Sant@s, unha data chea de recordos, costumes e sentimentos ❤️
👼Pero as tradicións tamén poden convivir, enriquecerse e dar lugar a novas experiencias.
No noso Centro Os Gozos de Vida Activa creemos que cada xeración ten moito que achegar por iso este ano quixemos unir dúas celebracións: a tradición de Todos os Santos, tan arraigada nas lembranzas dos maiores, e a alegría e diversión do Halloween.🕷️🎃