30/10/2026
Xentiña, o sábado 7 de novembro achegádevos ao magosto organizado polos Parrafeiros de Mera. Un día para festexar, cantar e bailar.
Para animar a xentiña máis pequena dende a Av organizamos un taller artístico de samaín o mesmo día.
Unha tarde terrorífica para pasalo de medooo, na que teredes que vir disfradas e disfrazados.‼️
Apuntádevos, prazas limitadas!!
Cando: Sábado 7 de novembro. De 17.00 a 19.00 h
Onde: Local AV San Cosme de Maianca
Custe: 5 euros socios/as e 10 euros para non socios/as. Segundo/a irmá metade de cota.
Idade: 4 a 12 anos
Infórmate en 604 02 68 07 ⬇️
A asociación contactará coas familias para confirmar a praza e facer así efectiva a reserva no taller previo ingreso cota.
Actividade subvencionada polo Concello de Oleiros