Néboa Medio Ambiente

Cómo llegar Página web

Néboa Medio Ambiente Aquí recogemos todas las actividades que la asociación ecologista Néboa Medio Ambiente lleva a ca

ATENCIÓN ATENCIÓN!!!!Néboa Medioambiente lanza un clube de educación medioambiental para nenos e nenas de 6 a 14 anos. L...
28/04/2026

ATENCIÓN ATENCIÓN!!!!

Néboa Medioambiente lanza un clube de educación medioambiental para nenos e nenas de 6 a 14 anos. Lebarase a cabo as súas actividades nos sábados, cada dúas semanas, en horario de mañá. Daremo comezo ás actividades en setembro e durarán ate xuño do vindeiro ano.

Podes descargar toda a documentación requerida no seguinte enlace:
https://drive.google.com/drive/folders/1uckrjWYYe8dGdddQyl0U6gzJw2DM9yuY?usp=drive_link

ANIMÁDEVOS!!!!

O vindeiro domingo 15 de decembro Néboa Medioambiente organiza unha limpeza na ribeira da ría de Ferrol (varias ubicació...
10/12/2024

O vindeiro domingo 15 de decembro Néboa Medioambiente organiza unha limpeza na ribeira da ría de Ferrol (varias ubicacións en Neda).

Todo aquel que teña a intención de participar deberá traer consigo un par de botas de goma, vir adecuadamente abrigado e, sendo altamente recomendable, unha muda seca por se se mollase/manchase.

A xuntanza será ás 10:30 no albergue de peregríns de Neda.

ANIMÁDEVOS!!!

¿QUERES SER VOLUNTARIO MEDIOAMBIENTAL NAS FRAGAS DO EUME?Hai máis de vinte anos que Néboa Medio Ambiente, en colaboració...
01/07/2022

¿QUERES SER VOLUNTARIO MEDIOAMBIENTAL NAS FRAGAS DO EUME?

Hai máis de vinte anos que Néboa Medio Ambiente, en colaboración coa Escola de Tempo e Aire Libre Néboa, trae voluntarios de todo o mundo a traballar nas fragas do Eume. Os voluntarios medio ambientais facemos un traballo de formiguiñas coidando das fragas como o facían os nosos antergos, retirando o lixo que traen río abaixo as augas do inverno e queda depositado polas beiras do río cando baixa o caudal, plantando a man, con mimo e agarimo árbores autóctonas das que sempre houbo na zona, que medran amodiño pero que vemos medrar un pouquiño cada ano, das que cortamos os chupóns que nacen arredor da árbore principal para acadar unha árbore que medre grande e forte, … Os voluntarios ambientais que veñen a Vilarbó cada ano temos o enorme provilexio de poder durmir doce días seguidos en plenas fragas do Eume, rodeadados de curuxas, martas, corzos, raposos e ras… un auténtico luxo¡¡¡¡ Ao mesmo tempo teñen a oportunidade de coñecer outros xoves procedentes de distintas partes de Galicia, de España e incluso doutras partes do mundo e compartir con eles doce días nos que ademáis de traballar polo medio ambiente, tamén disfrutan da realización de actividades deportivas en plena natureza, e tamén a oportunidade de coñecer a cultura galega e as festas patronais en As Pontes.

Neste mundo en crise, tamén o voluntariado ambiental está en crise; cada vez son menos o número de xoves que se animan a facer voluntariado, e dende aquí me gustaría hoxe reviindicar a figura do voluntario ambiental nun entorno tan ameazado como é o das fragas do Eume, queimadas hai anos ante a sorpresa de todo o país que veu nos telediarios as imaxes dun lume debastador que arrasou unha parte importante do parque natural; que está a coñecer nos últimos veráns episodios de secas e contaminacións inconcebibles e incompatibles coa lexislación medio ambiental que hoxe protexe estes espazos naturais.

Na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude (xuventude.net ) tedes toda a información sobre os campos de traballo que cada ano se organizan en Galicia, que sempre fou unha comunidade autónoma líder na organización deste tipo de actividades con fins sociais, animádevos a ser voluntarios, a traballar pola mellora do medio ambiente que nos rodea, e a formar parte do grupo de voluntarios que cada ano veñen a Vilarbó a traballar polas fragas do Eume.

Dirección

Neda
15510

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Néboa Medio Ambiente publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos