Anpa Ceip Ponte de Xubia

Cómo llegar Contactar con la organización

Anpa Ceip Ponte de Xubia Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Anpa Ceip Ponte de Xubia, Organización sin ánimo de lucro, Rúa Foro SN Xubia, Narón.

🎃✨ CHEGA O SAMAÍN AO PONTE DE XUVIA! ✨🎃Este ano preparámos unha tarde máxica e terrorificamente divertida! 🧙‍♀️🪄👻📅 Venre...
13/10/2026

🎃✨ CHEGA O SAMAÍN AO PONTE DE XUVIA! ✨🎃

Este ano preparámos unha tarde máxica e terrorificamente divertida! 🧙‍♀️🪄👻

📅 Venres 30 de outubro de 2026
⏰ De 17:00 a 19:00 h
📍 Pavillón do CEIP Ponte de Xuvia

🪄📚 TEMÁTICA: HARRY POTTER 🧙‍♂️✨
🎉 Amenizada por Fiestoke, con actividades, animación e moita diversión.

📸 Teremos tamén un FOTOMATÓN de 719 Discotecas Móviles para levarvos un recordo ben divertido da festa. 🤩

🍬 Nenos e nenas que veñan disfrazados/as terán un CONO DE CHUCHE! 🍭🎃

🧙‍♀️ E precisamos a vosa axuda para decorar o pavillón!
Se queredes botarnos unha man, podedes vir o xoves 29 de outubro, a partir das 16:30 h. ✨🏰🪄

🙏 Moitas grazas pola vosa colaboración!

🪄🎃 Agardámosvos no Samaín do Ponte de Xuvia! 🎃🪄

Fotomatón 719DiscotecasMóviles FestaInfantil PonteDeXuvia Narón

👏Esta semana temos unha visita moi especial!👏A simpática oruga «Pegadas», mascota do programa «Camiños Escolares Seguros...
05/10/2026

👏Esta semana temos unha visita moi especial!👏

A simpática oruga «Pegadas», mascota do programa «Camiños Escolares Seguros» do Concello de Narón, acompañaranos durante estes días no CEIP Ponte de Xubia, para lembrarnos que ir ao cole tamén pode ser unha aventura.

A través de actividades de educación viaria, mobilidade sostible e concienciación, aprendemos a facer dos nosos camiños ao cole percorridos máis seguros, saudables e respectuosos co medio ambiente.

22/09/2026
♟️ XADREZ na AV. Altea, curso 2026/27➔ Público a quen vai dirixido: Persoas maiores de 6 anos (adultos incluídos).➔ Luga...
13/09/2026

♟️ XADREZ na AV. Altea, curso 2026/27

➔ Público a quen vai dirixido: Persoas maiores de 6 anos (adultos incluídos).

➔ Lugar de realización: Local da AV. Altea.

➔ Horarios:
◆ Martes de 18 a 19 horas
◆ Martes de 19 a 20 horas
◆ O grupo de 18 a 19 horas estará reservado para as persoas máis pequenas. A partir dos 12 anos pódese inscribir no grupo de 19 a 20 horas.

➔ Prezo:
◆ Persoas socias: 10 €/mes (da AV. Altea e da ANPA do CEIP Ponte de Xuvia)
◆ Persoas non socias: 12 €/mes

O custe da actividade abonarase ao inicio de cada mes.

➔ Prazo de inscrición:
◆ Do 12 ao 30 de setembro de 2026, para a creación dos grupos.
◆ Ao longo do curso do ano 2026/27, sempre que existan prazas libres.

➔ Inscricións:
◆ No enderezo electrónico da AV. Altea: [email protected]
◆ Na cafetería da asociación

➔ Número mínimo de participantes: 6 persoas por grupo
◆ Os grupos crearanse unha vez finalizado o prazo de inscrición.
◆ Se non se acada o número mínimo a actividade pode cancelarse.

📚✨ XA ESTAMOS DE VOLTA! ✨📚Nuns días comezamos un novo curso e xa temos preparadas as actividades extraescolares do ANPA ...
07/09/2026

📚✨ XA ESTAMOS DE VOLTA! ✨📚
Nuns días comezamos un novo curso e xa temos preparadas as actividades extraescolares do ANPA para o curso 2026/27.

🗓️ Consultade o cadro da publicación para ver os días e horarios.

ACTIVIDADES PROMOVIDAS DIRECTAMENTE POLA ANPA:

💻 Iniciación á informática: 30 €/mes. Máximo 6 participantes.
🇬🇧 Inglés: 30 €/mes. Máximo 6 participantes.
📖 Taller de técnicas de estudo: para alumnado de 5º e 6º de Primaria. 28 €/mes para socios/as e 30 € para non socios/as. Mínimo 5 asistentes.
🤖 STEMROBOTS: 2 horas 35€/mes. Mínimo 6 e máximo 10 participantes.
🏃 Duatlón: 14 €/mes. Mínimo 6 participantes.
🏃‍♀️ Atletismo: 14 €/mes. Mínimo 6 participantes.
⚽ Movementes, fútbol sala e baloncesto: (1 hora á semana) 20 €/mes socios/as e 22 €/mes non socios/as; (2 horas semanais) 35 €/mes socios/as e 37 €/mes non socios/as.

📩 Inscricións nestas actividades a través do enderezo electrónico: [email protected]

📌 Condicións de acceso:
-Socios/as: sen matrícula previa.
-Non socios/as: matrícula de 25 € por asistente e actividade.

OUTRAS ACTIVIDADES:

♟️ Xadrez. Actividade conxunta ANPA CEIP Ponte de Xuvia e AVV Altea: 10 € socios/as e 12€ non socios. Idade mínima 6 anos. Inscricións na AVV Altea ata o 30 de setembro.

🎨 Debuxo e 🎶 Canto e Pandeireta: Actividades promovidas polo Padroado de Cultura do Concello de Narón. 70 € por curso e actividade. Especificar grupo de Xuvia.
Inscricións no Padroado de Cultura ata o 25 de setembro.

🎒💙 Animádevos a participar e comecemos o curso con moita enerxía!

22/06/2026

💟 Dende a ANPA CEIP Ponte de Xuvia, pechado o curso escolar 2025/2026, só nos queda dar as grazas ao centro e a todas as familias pola vosa participación e colaboración e, como non podía ser doutro xeito, desexarvos un feliz verán.🌞

🤗 Vémonos en setembro para comezar un novo curso con moita ilusión e traballo en equipo.👏

📢 A piques de encauzar o mes xuño e preto do remate do curso escolar 2025-26.....Convidámosvos á unha divertida 🥳FESTA D...
30/05/2026

📢 A piques de encauzar o mes xuño e preto do remate do curso escolar 2025-26...
..Convidámosvos á unha divertida 🥳FESTA DE FIN DE CURSO🎉, organizada pola ANPA CEIP PONTE DE XUVIA, o vindeiro 19 DE XUÑO ás 17:00 HORAS no recinto escolar.

🗓 Anotádea na axenda e despidamos este curso escolar todas as familias xuntas🤗

Onte o alumnado de 3° e 4° de Primaria do CEIP Ponte de Xuvia, previa solicitude da ANPA do centro, participou nunha vis...
29/05/2026

Onte o alumnado de 3° e 4° de Primaria do CEIP Ponte de Xuvia, previa solicitude da ANPA do centro, participou nunha visita guiada no Arsenal Militar de Ferrol e gozou dun bautismo de mar pola nosa ría.

Dende a ANPA Ponte de Xuvia queremos trasladar os nosos agradecementos a todo o persoal implicado do Arsenal Militar de Ferrol, ao Tren Naval Arsenal de Ferrol e ao equipo educativo do CEIP Ponte de Xuvia por facer posible esta experiencia.

📣Xa queda pouquiño para que remate este curso escolar.💭 Se tedes que pensar cómo organizarvos cando chegue o verán, temo...
08/05/2026

📣Xa queda pouquiño para que remate este curso escolar.
💭 Se tedes que pensar cómo organizarvos cando chegue o verán, temos boas novas para vos... Xa está aberto o prazo de inscrición para o campamento de verán 2026.
✌🏼Existen descontos para as familias socias, tanto da nosa ANPA como da .
🤸🏻‍♂️ Imparte
ℹ️ Toda a info no cartel.

🗣 FORMACIÓN  “MENORES CONECTADOS” é un programa educativo impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración coa Axencia pa...
28/04/2026

🗣 FORMACIÓN “MENORES CONECTADOS” é un programa educativo impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, AMTEGA.

👉 EN QUE CONSISTE?
Son talleres formativos PRÁCTICOS co obxectivo de axudar a nais e pais a xestionar o mundo dixital das súas fillas e fillos e a facer un uso da tecnoloxía de forma responsable e equilibrada.

👣 QUE PERSEGUEN?
- Ensinar a acompañar aos menores no uso seguro e responsable de internet ofrecendo ferramentas ás familias.
- Previr riscos online (ciberacoso, sobreexposición...)
- Protexer a privacidade en redes sociais, videoxogos e móbiles.
- Fomentar hábitos saudables de uso (tempos de conexión, descanso, equilibrio vida real e dixital...)

📢 INTERESANTE, VERDADE?
Acude o mércores 13 de maio ás 16:30 horas ao CEIP Ponte de Xuvia e ACOMPÁÑANOS🤗

Dirección

Rúa Foro SN Xubia
Narón
15570

Horario de apertura

09:00 - 09:15

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Anpa Ceip Ponte de Xubia publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Anpa Ceip Ponte de Xubia:

Atajos

Compartir