16/06/2026
Ola a todos/as!
Queremos que o Soa Suarna tamén se constrúa coa implicación da nosa xente e é por iso que poñemos en marcha un proxecto colaborativo para decorar Navia de cara ao festival do próximo 22 de agosto.
A idea é sinxela: crear entre todas e todos unha decoración artesanal que encha as rúas de cor e faga que o pobo forme parte do festival.
Podes participar como queiras: Facendo banderolas de ganchillo, utilizando retallos de tea ou creando calquera outra decoración que se che ocorra.
Non fai falta experiencia nin compromiso. Podes facelo na casa, ao teu ritmo, soa ou en compañía. O importante é participar e aportar o teu gran de area.
📍 Primeira xuntanza: 17 de xuño ás 19:00 h na Mercería de Marisol.
A partir de aí iremos xuntándonos unha vez ao mes para compartir ideas, tecer xuntas e seguir dando forma ao proxecto.
Anímate a participar! 💜