Unión Comarcal CCOO Lugo

Cómo llegar Página web

Unión Comarcal CCOO Lugo ✅Compromiso sindical. Mais sindicato e mais dereitos💪🏼

06/11/2026
✊ Grazas por encher a casa e demostrar que en Lugo,CCOO está en marcha!Hoxe, a Unión Comarcal de CCOO de Lugo celebrou n...
29/10/2026

✊ Grazas por encher a casa e demostrar que en Lugo,CCOO está en marcha!

Hoxe, a Unión Comarcal de CCOO de Lugo celebrou no edificio sindical unha asemblea de delegados, delegadas e afiliación cunha participación enorme, moitas ganas de falar e un debate enriquecedor e moi produtivo.

🕯️ Rematamos tamén cun minuto de silencio en lembranza das vítimas do accidente ferroviario, en sinal de respecto e solidariedade.

Grazas a todas e todos por asistir, por compartir ideas, por achegar propostas e por demostrar que, cando nos xuntamos e traballamos unidos, temos moita forza.

Agora toca levar toda esa enerxía á folga do 11 de novembro. Oxalá teñamos nas rúas a mesma forza que demostramos hoxe, porque con esta participación, organización e compromiso podemos facer que a folga sexa un éxito!

📢 Permanecede atentos e atentas ás nosas redes, porque seguiremos compartindo información, materiais e novidades para preparar a folga.

O 11N, a forza está na xente traballadora. Xuntas e xuntos, facémonos escoitar! ✊🔥

🖤
28/10/2026

🖤

📍 O 11N COMEZA AQUÍ.A folga prepárase, organízase e constrúese coa participación de todas e todos.O 11 de novembro, IMOS...
27/10/2026

📍 O 11N COMEZA AQUÍ.

A folga prepárase, organízase e constrúese coa participación de todas e todos.

O 11 de novembro, IMOS Á FOLGA para defender salarios dignos, o dereito á vivenda e uns prezos que nos permitan vivir sen chegar afogados a fin de mes.

Desde a Unión Comarcal de CCOO de Lugo convocamos a afiliación e delegados/as a unha asemblea para preparar a folga e organizar a nosa participación.

🗓️ Xoves, 29 de outubro
🕙 Ás 10:00 h
📍 Edificio Sindical de Lugo, 5ª planta

Máis salarios, vivenda digna e prezos xustos.
O 11N, a nosa forza está na unión.

Contamos contigo!

📢 O METAL DE LUGO ACORDA DESCONVOCAR A FOLGA!As asembleas de traballadores e traballadoras dos convenios de Siderometal ...
26/10/2026

📢 O METAL DE LUGO ACORDA DESCONVOCAR A FOLGA!

As asembleas de traballadores e traballadoras dos convenios de Siderometal e Comercio do Metal de Lugo votaron a favor de aceptar o acordo acadado na negociación e desconvocar a folga.

📊 Resultado das votacións Lugo-A Mariña:

➡️ TOTAL: 83 votos a favor e 44 en contra.
O acordo recolle importantes avances:

💶 Incremento salarial do 18 %, distribuído así: ▪️ 2026: 5 % ▪️ 2027: 4,5 % ▪️ 2028: 4,5 % ▪️ 2029: 4 %

📌 Cláusula de revisión do IPC, con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de cada ano e sen límite, ademais do pagamento dos atrasos correspondentes.

⏱️ Redución de 8 horas da xornada anual.

🏥 Ampliación de 20 a 24 horas anuais para asistencia a consultas médicas de atención primaria, que tamén se poderán utilizar para acompañar familiares de primeiro grao.

O acordo inclúe, ademais, outras melloras en licenzas, dietas, horas extras, gardas e clasificación profesional, entre outras materias.

A folga e a negociación permitiron avanzar nas condicións laborais e salariais do sector.

Agora toca que o acordado se cumpra. 💪

📢 O METAL DE LUGO PODE DECIDIR O SEU CONVENIO‼️Dende CCOO Lugo convocamos ás persoas traballadoras dos convenios de Side...
25/10/2026

📢 O METAL DE LUGO PODE DECIDIR O SEU CONVENIO‼️

Dende CCOO Lugo convocamos ás persoas traballadoras dos convenios de Siderometalurxia e Comercio do Metal a unha asemblea o luns 26, ás 20:00 h, no salón da Casa Sindical.
Ese mesmo día, a patronal presentará a súa proposta, que valoraremos conxuntamente para decidir se se acepta.
O que se decida marcará as condicións laborais dos vindeiros 4 anos. Se hai acordo, non se continuará coa folga.
👉 A túa participación é fundamental. Acude e decide!

21/10/2026

Nin un paso atrás 👊🏼

21/10/2026

📣Está pasando

📌SEGUNDO DIA DE FOLGA NO METAL✅POR UN CONVENIO DIGNO‼️‼️‼️
21/10/2026

📌SEGUNDO DIA DE FOLGA NO METAL

✅POR UN CONVENIO DIGNO‼️‼️‼️

21/10/2026

✊ O METAL DE LUGO EN LOITA!
📍SEGUNDO DÍA DE FOLGA

📸 Así se está a vivir hoxe a segunda xornada de folga no siderometal e no comercio do metal de Lugo.

Desde primeira hora da mañá, as traballadoras e os traballadores están nas rúas e nos centros de traballo, facendo visible o seu compromiso coa defensa dos seus dereitos. A mobilización continúa coa manifestación para esixir uns convenios dignos e avances reais na negociación colectiva.

A paciencia ten un límite. Despois de meses de negociación sen avances suficientes, o persoal volve demostrar que non está disposto a aceptar propostas que non dean resposta ás súas necesidades.

Desde a Unión Comarcal de CCOO de Lugo apoiamos a mobilización e reivindicamos o valor da unidade sindical e da loita colectiva para conquistar condicións laborais dignas.

Hoxe, o metal fala alto e claro: sen avances, hai mobilización. Os dereitos deféndense loitando! ✊

Dirección

Ronda De La Muralla 58, 4º
Lugo
27003

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Unión Comarcal CCOO Lugo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos