GDR Comarca de Lugo

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

GDR Comarca de Lugo Somos a Asociación para o Desenvolvemento Rural da Comarca de Lugo.

O GDR 4 Comarca de Lugo está composto polos seguintes concellos: Castroverde, o Corgo, Friol, Guntín, Lugo (zona rural), Outeiro de Rei e Rábade.

🌿 Saberes e Sabores de Terras do Miño chega ao Campo da Feira de Adai (O Corgo) para poñer en valor o noso patrimonio ag...
19/10/2026

🌿 Saberes e Sabores de Terras do Miño chega ao Campo da Feira de Adai (O Corgo) para poñer en valor o noso patrimonio agroalimentario, os produtos locais e os saberes que forman parte da identidade do territorio.

📅 Sábado, 24 de outubro
🕐 13:00 h
📍 Campo da Feira de Adai – O Corgo

Durante a xornada teremos unha sesión divulgativa inicial, unha demostración culinaria comentada (showcooking) da man do cociñeiro Álex Iglesias, un encontro co produtor local Jamones González e, para rematar, unha degustación comentada. 👨‍🍳🥩🍴

Unha oportunidade para coñecer máis de preto os produtos da nosa terra, descubrir novas formas de levalos á cociña e compartir os sabores e coñecementos que forman parte de Terras do Miño. 💚

A actividade está organizada polo GDR Comarca de Lugo, dentro do proxecto “Saberes e Sabores de Terras do Miño: posta en valor do patrimonio agroalimentario local 2026”, grazas ás subvencións destinadas a entidades asociativas sen ánimo de lucro das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses para o desenvolvemento de actuacións de posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico destes territorios na anualidade 2026.

🤝 Colaboran Concello do Corgo e Jamones González.

24/09/2026
📲 Seguimos impulsando a dixitalización e a visibilidade dos pequenos negocios do noso territorio!Este luns participamos ...
23/09/2026

📲 Seguimos impulsando a dixitalización e a visibilidade dos pequenos negocios do noso territorio!

Este luns participamos en Friol na actividade “Como medrar en redes sociais: estratexias para mellorar a presenza dixital dos pequenos negocios”, unha xornada práctica na que compartimos ideas, ferramentas e estratexias para aproveitar mellor as redes sociais e convertelas nunha oportunidade para os negocios locais. 💡📱

Da man do recoñecido influencer, Alfredo López (.salvaje), as persoas participantes puideron coñecer consellos e exemplos para mellorar a súa comunicación, chegar a novos públicos e reforzar a súa presenza no entorno dixital.

👏 Grazas a todas as persoas que participaron e ao Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Friol pola organización e por promover iniciativas que contribúen a fortalecer o tecido empresarial do noso rural.

Desde o GDR Comarca de Lugo seguimos colaborando en accións que acheguen novas ferramentas e oportunidades ás persoas emprendedoras e aos pequenos negocios do territorio. 💚

📸 Deixámosvos algunhas imaxes da xornada!

Hoxe desfrutamos en Rábade dunha xornada chea de sabor, produto local e territorio. 🍽️🌿Desde o GDR Comarca de Lugo, no m...
22/09/2026

Hoxe desfrutamos en Rábade dunha xornada chea de sabor, produto local e territorio. 🍽️🌿

Desde o GDR Comarca de Lugo, no marco do proxecto P.P.P. LOCAL+, celebramos este showcooking da man de José Luis Pardo, de Orixe do Campo, no que a gastronomía de proximidade foi a gran protagonista.

Unha actividade pensada para poñer en valor os produtos locais, a cociña do territorio e o traballo das persoas produtoras, achegando ao público novas formas de descubrir e desfrutar do que temos máis preto.

Grazas a todas as persoas que vos achegastes ao Campo da Feira de Rábade e compartistes connosco esta experiencia. 💚

A actividade contou coa colaboración do Concello de Rábade e Asoporcel.

22/09/2026

🆕 Hoxe, showcooking no Campo da Feira de Rábade!

👨‍🍳 Ás 13:00 horas, José Luis Pardo, de Orixe do Campo, ofrecerá unha demostración de cociña en directo centrada nos produtos locais da nosa comarca.

🍽️ Unha proposta para poñer en valor a gastronomía de proximidade, os produtos do territorio e a tradición culinaria.

🤝 A actividade enmárcase no proxecto P.P.P. LOCAL+ e está organizada polo GDR Comarca de Lugo coa colaboración do Concello de Rábade e Asoporcel.

15/09/2026

📲 Queres que o teu negocio medre tamén nas redes sociais?

As redes poden ser un escaparate enorme para pequenos negocios… pero non chega con publicar de cando en vez. 😉 Hai que saber que contar, como contalo e como conseguir que chegue á xente adecuada.

O vindeiro luns 21 de setembro, en Friol, temos unha cita pensada para persoas emprendedoras, autónomas e pequenos negocios que queiran mellorar a súa presenza dixital e sacar máis partido ás redes sociais. 🚀

Durante a xornada “Como medrar en redes sociais: estratexias para mellorar a presenza dixital dos pequenos negocios”, Alfredo López Alfredo Lopez 🍳🌹 compartirá ferramentas, ideas e estratexias prácticas para gañar visibilidade, conectar coa audiencia e transformar esa presenza en novas oportunidades. 📱✨

📅 Luns, 21 de setembro
🕤 De 9:30 a 13:30 h
📍 Polo de Emprendemento de Friol – Rúa Deputación, 18, 1º andar (Centro Sociocultural)
✍️Inscricións: https://polosemprendemento.gal/calendar/como-medrar-en-redes-sociais-estratexias-para-mellorar-a-presenza-dixital-dos-pequenos-negocios

🤝 Actividade organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Friol, coa colaboración de Alfredo López ( Alfredo Lopez 🍳🌹 ) e do GDR 4 Comarca de Lugo.

Porque detrás de cada pequeno negocio hai unha historia que merece ser contada. E nas redes, máis visibilidade pode significar máis oportunidades. 💚

📣 Anótao na axenda e comparte con quen lle poida interesar!

🍽️ Sabores do noso territorio en directo!Desde o GDR Comarca de Lugo, no marco do proxecto P.P.P. LOCAL+, convidámosvos ...
10/09/2026

🍽️ Sabores do noso territorio en directo!

Desde o GDR Comarca de Lugo, no marco do proxecto P.P.P. LOCAL+, convidámosvos a g***r dun showcooking moi especial da man de José Luis Pardo, de Orixe do Campo. 👨‍🍳✨

📍 Campo da Feira de Rábade
📅 Martes, 22 de setembro
🕐 13:00 h

Unha proposta para poñer en valor o produto local, a gastronomía de proximidade e todo o sabor do noso territorio. 🌱🐖🍴

A actividade está organizada polo GDR Comarca de Lugo, en colaboración co Concello de Rábade e Asoporcel.

👉 Agardámosvos para descubrir, probar e desfrutar da nosa gastronomía!

Dirección

Friol
27220

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 15:00
16:30 - 19:00
Martes 08:30 - 15:00
Miércoles 08:30 - 15:00
16:30 - 19:00
Jueves 08:30 - 15:00
Viernes 08:30 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando GDR Comarca de Lugo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a GDR Comarca de Lugo:

Atajos

Compartir