28/10/2026
Desde a Asociación Provincial de Protección Civil de A Coruña, queremos expresar a nosa máis profunda dor e consternación ante o trágico accidente ferroviario ocorrido no día de hoxe.
Nestes momentos de inmensa dor, queremos trasladar as nosas máis sinceras condolencias, todo o noso afecto e a nosa aperta máis cálida ás familias e achegados das vítimas mortais. Así mesmo, desexamos unha pronta e favorable recuperación a todas as persoas que resultaron feridas.
Queremos recoñecer e ensalzar o labor incansable de todos os servizos de emerxencia, sanitarios, forzas de seguridade e compañeiros voluntarios que están a traballar desde o primeiro momento nos labores de rescate e asistencia aos afectados.
En sinal de loito, respecto e solidariedade coas vítimas e as súas familias, a nosa entidade únese á dor de toda a sociedade.
Descanse en paz.