ANPA Ceip San Xoán de Filgueira

Cómo llegar Página web

ANPA Ceip San Xoán de Filgueira Asociación integrada por nais/pais do alumnadx do colexio San Xoán de Filgueira, Ferrol.

·Potenciamos a participación da familia na vida do centro escolar.
·Promovemos a calidade educativa.
·Fomentamos a convivencia entre a comunidade educativa.
·Representamos aos pais e nais no Consello Escolar.
·Informamos e asesoramos aos pais e nais en todo aquelo que abrangue a educación das crianzas.
·Colaboramos co profesorado e alumnado para o bo funcionamento do centro escolar.

Familias 🐞A marcha ciclista do concello de Ferrol este mes sae do noso cole!  Animádevos a participar!! 🚲
04/11/2026

Familias 🐞
A marcha ciclista do concello de Ferrol este mes sae do noso cole! Animádevos a participar!! 🚲

03/11/2026
Hoxe pasamos coas familias unha tarde divertida no obradoiro de Samaín!!Agradecemos a profe Lucía a súa inestimable axud...
03/11/2026

Hoxe pasamos coas familias unha tarde divertida no obradoiro de Samaín!!
Agradecemos a profe Lucía a súa inestimable axuda para cortar as pezas na cortadora laser do cole 🥰

Grazas por vir, esperamos que disfrutarades moito!!
Estade atentos ao próximo obradoiro... 🎄

Familias sanxoaneiras! 🐞Dende a ANPA convocámosvos á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar o vindeiro MARTES 10 ás 8:4...
03/11/2026

Familias sanxoaneiras! 🐞

Dende a ANPA convocámosvos á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar o vindeiro MARTES 10 ás 8:45 h., en primeira convocatoria e ás 9:15 h. en segunda convocatoria. A reunión terá lugar no propio centro e será coma sempre aberta, aínda que so poderán votar as persoas socias.
Achegamos a ORDE DO DÍA:
1. Aprobación, se procede, da acta anterior.
2. Memoria actividades curso 25-26.
3. Memoria económica. Estado de contas. Aprobación, se procede, contas curso 25-26.
4. Orzamento curso 26-27.
5. Proposta actividades 26-27.
6. Renovación cargos.
7. Propostas e suxestións.

Novembro ven cargado de actividades e encontros!!O próximo martes 3 de novembro a Anpa realizará un obradoiro familiar d...
28/10/2026

Novembro ven cargado de actividades e encontros!!

O próximo martes 3 de novembro a Anpa realizará un obradoiro familiar de Samaín, no que familias e crianzas faremos un adorno terrorífico.
So tedes que apuntarvos no teléfono da Anpa. Indicade cantos vides e se tedes algunha alerxia ou intolerancia.
Contamos con vós, pensado para todas as idades!, vén pasar un rato terrorificamente familiar 👻🎃🦇

Recorda traer o teu vaso para desfrutar da nosa merenda 🤗

*As crianzas deberán estar cunha persoa adulta responsable. Tede en conta que se quedan ao comedor teredes que recollelas as 16:00 como hora límite e agardar con elas ata que comence a actividade.

28/10/2026

🎃🍂 O Samaín chegan ao San Xoán! 🕸️👻

Para celebrar o Samaín animamos ao noso alumnado a decorar unha cabaza ou elaborar un centro de outono. 🧡

Do mércores 28 ao venres 30 de outubro poderedes tráelos ao cole para participar na exposición e compartir as creacións con todos e todas. Deixade voar a imaxinación! ✨🎨

Agardamos as vosas creacións con moita ilusión! Animádevos a participar! 🍁

Feliz día das bibliotecas!!Calquer recanto e bo para ler 📚📖 🙃
24/10/2026

Feliz día das bibliotecas!!
Calquer recanto e bo para ler 📚📖 🙃

Recordades que o curso pasado as crianzas traballaron sobre "O Roteiro en femenino", podedes asistir a unha visita guiad...
21/10/2026

Recordades que o curso pasado as crianzas traballaron sobre "O Roteiro en femenino", podedes asistir a unha visita guiada de eses roteiros

https://galiciaartabra.es/archivos/434251?fbclid=IwZnRzaAVCrh9leHRuA2FlbQIxMQBwZG9mBWZkaWQWUQmvEX6wiTSl5AYlGNVp2SZInIewZnNydGMGYXBwX2lkCjY2Mjg1NjgzNzkAAR5YlGvOkFgGxRbMSV4MDa4MhaNDskCyqWD185LgtosOVAxQrNAANCWNTsP1Ng_aem_um4uRxw8821AsSaOenG-dQ

A Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra (AXF) organiza este mes dous roteiros turísticos baixo o título «As ferrolás que construíron a nosa historia», unha iniciativa coa que pretende …

19 de octubre día do cancro de peitoDende aquí o noso apoio as personas que loitan día a día contra a enfermidade.Precis...
17/10/2026

19 de octubre día do cancro de peito

Dende aquí o noso apoio as personas que loitan día a día contra a enfermidade.
Precisamos mais investigación e mais recursos, e unha sanidade integral onde se cuide a saude de todas



Dirección

Campo De Chao, S/n
Ferrol
15406

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando ANPA Ceip San Xoán de Filgueira publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos