Fundación Uxío Novoneyra

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Fundación Uxío Novoneyra Gardamos o legado do poeta Uxío Novoneyra en Parada do Courel Aínda é nova a terra!

Acreditamos que a poesía é unha forma de resistencia e seguimos coma guía este verso de Novoneyra que inspira as nosas accións como axente cultural comprometido cunha montaña que é desde fai máis de 70 anos un territorio literario creado por Uxío Novoneyra. A Fundación Uxío Novoneyra é un ente estatal de interese cultural constituído no ano 2010 que persegue os seguintes obxectivos:

- A conservación e difusión do legado do poeta Uxío Novoneyra así como da súa obra e as obras da súa colección privada.
- A promoción de actividades de estudo e investigación nos eidos da literatura, especialmente na poesía, a lingua, as artes, en especial as visuais e escénicas; e os estudos históricos e políticos.
- A defensa do medio ambiente, especialmente o relacionado coa súa obra, no eido territorial das súas actividades.
- A dinamización e promoción sociocultural da súa zona de referencia.
- A potenciación e a difusión da cultura e a realidade sociocultural de Galicia no exterior e a colaboración con entes público-privados de fins semellantes.

21/10/2026

Repasamos as obras que o propio Beiras publicou na súa intensa traxectoria e as que outros lle dedicaron. Textos polas que pasa a política, a análise económica e os cambios sociais de Galicia das últimas décadas, páxinas nas que agroma a rebeldía, a desobediencia, as chamadas á acción. O l...

16/10/2026
Deixounos Xosé Manuel Beiras Torrado, patrono da Fundación Uxío Novoneyra, profesor, amigo e referente queridísimo para ...
08/10/2026

Deixounos Xosé Manuel Beiras Torrado, patrono da Fundación Uxío Novoneyra, profesor, amigo e referente queridísimo para todos nós.
Estas imaxes pertencen a súa última visita ao Courel. Sentimos a súa perda tan fondamente que non atopamos palabras; mais adiante buscarémolas nos seus libros, conferencias, discursos, aulas e conversas que gardamos para sempre na memoria. Aurichu e Beiras, xuntos sempre con nós e con Uxío, porque volvemos, volveremos proclamar a certeza. “A forza do noso amor non pode ser inutle”🌿

Dirección

Parada 1
Courel
27324

Horario de apertura

Viernes 16:00 - 19:00
Sábado 11:00 - 19:00
Domingo 11:00 - 19:00

Teléfono

+34671445247

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Fundación Uxío Novoneyra publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Fundación Uxío Novoneyra:

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos


Otros organizaciones sin fines de lucro en Folgoso do Courel

Ver Todo