20/08/2026
🏠 19 ANOS DE MENTIRAS SOBRE A RESIDENCIA DO COUREL 👴👵
Mentiras desde a Deputación porque se se comprometeron, tiveron tempo e financiamento para facelo.
Mentiras desde a Alcaldia, porque non contan toda a verdade sobre a residencia nin a pediron á Xunta de Galicia de maneira formal. Que é quen ten as competencias sociais para facela e así o fan noutros concellos.
A residencia leva 19 anos proxectada. A Sra Alcaldesa leva 17 anos no goberno, prometendoa desde que entrou e o unico que conseguiron foi dividir as administracións e á veciñanza. En todo este tempo a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo abriron residencias en case todos os concellos da rodeada, algo terán que ver o PP Do Caurel
En 2018 asinouse un convenio coa Deputación para facer a residencia. Houbo proxecto, cartos e prórrogas pero por diferenzas políticas , non se fixo nada...Solo tirar uns balóns ós outros...
🤷♂️ Porque a Xunta, que é quen ten as competencias, xa fixera un informe desfavorable o 14 de outubro de 2008.
E coa Xunta non hai agora mesmo ningún convenio asinado nin ningún expediente aberto para facela. Reecordamos que a Xunta É QUEN TEN AS COMPETENCIAS PARA FACELA. Porque non se solicita formalmente á Conselleira de Política Social Fabiola García ???
En C@urel Vivo levamos desde o 2015 reclamándoa como un proxecto moi importante para o noso concello.
Levamos mocións nese sentido e preguntamos en cada pleno polos avances. Nas respostas sempre se daban largas....
E mentres tanto, pasan os anos...
Cantos anos máis nos ides seguir enganando?
A residencia non se fai con comunicados nin promesas
👴 👵 Os nosos maiores precisan coidados, non mentiras nin promesas.
Por un Interior Galego Vivo