11/11/2026
Xornada Inclusiva de Portas Abertas ♿️🎱
Dende o Club de Billar Adai temos o honor de convidarvos á Xornada Inclusiva de Portas Abertas que terá lugar o domingo 15 de novembro ás 16:30 h. nas nosas instalacións ubicadas na parroquia de Santiago de Adai no Concello do Corgo 🏰🔓
Este evento ofrecerá a todos asistentes, en especial a aqueles colectivos da contorna que traballan a favor da accesibilidade e da inclusión, unha toma contacto co deporte do billar, a posibilidade de socializar coa veciñanza, pero sobre todo visibilizar a importancia da accesibilidade universal e a inclusión real nos espazos comunitarios📢🦼🎱
Se tedes calqueira cuestión non dubidedes en contactarnos📞
Grazas e agardamosvos! 👋
Deputación de Lugo Asociación veciñal de Adai