Stop Eólicos Xurés Celanova

Cómo llegar Página web

Stop Eólicos Xurés Celanova Plataforma veciñal das Terras de Celanova e das comarcas do Xurés contra a ameaza eólica.

𝐄 𝐬𝐞 𝐨 𝐦𝐨𝐧𝐭𝐞 𝐟𝐨𝐬𝐞 𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐛𝐢𝐛𝐥𝐢𝐨𝐭𝐞𝐜𝐚?Óscar Paradelo (Biólogo e membro de Amigas das árbores · Ourense)  Cada verán, cando o...
07/10/2026

𝐄 𝐬𝐞 𝐨 𝐦𝐨𝐧𝐭𝐞 𝐟𝐨𝐬𝐞 𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐛𝐢𝐛𝐥𝐢𝐨𝐭𝐞𝐜𝐚?
Óscar Paradelo (Biólogo e membro de Amigas das árbores · Ourense)

Cada verán, cando o lume volve ocupar titulares, aprendemos de golpe un vocabulario que durante o resto do ano apenas utilizamos. Falamos de combustible, de limpeza, de prevención, de abandono, de masas avellentadas, de xestión e da necesidade de actuar antes de que chegue o incendio.

Probemos a trasladar por un momento esa linguaxe a outro lugar: unha biblioteca.

Imaxinemos unha biblioteca enorme, construída durante décadas. Os seus andeis están cheos. Hai libros magníficos, algúns acabados de chegar e outros que levan alí cincuenta ou centos de anos. Hai exemplares valiosos e outros que ninguén abre desde hai décadas. Acumúlanse publicacións obsoletas, coleccións duplicadas, papeis, caixas e volumes deteriorados.

Un día alguén advirte dun perigo: se queremos conservar a biblioteca, teremos que xestionala.

E entón comezan as palabras coñecidas.

O combustible. Nun incendio forestal chamámoslle combustible á vexetación susceptible de arder. Na nosa biblioteca, o combustible serían os libros. Todos eles: os bos e os malos, os novos e os antigos, as obras mestras e os manuais desfasados.

Pero que os libros sexan combustible non significa que os libros sexan o inimigo. Do mesmo xeito, que as árbores e os arbustos poidan arder non converte o monte nun problema. Unha biblioteca sen libros estaría perfectamente protexida contra un incendio de libros, pero deixaría de ser unha biblioteca. Un monte sen vexetación tampouco sería un monte.

A limpeza. É quizais unha das palabras máis repetidas e mais enganosas cando falamos de incendios: “Hai que limpar o monte”.

Que significaría limpar unha biblioteca?

Probablemente non significaría baleirala. Significaría retirar aquilo que se acumula sen criterio, revisar os fondos, ordenar, restaurar o que merece conservarse e retirar aquilo que xa non cumpre ningunha función. En biblioteconomía existe mesmo unha palabra pouco amable pero necesaria: expurgo. As bibliotecas revisan as súas coleccións porque conservar non consiste simplemente en acumular.

No monte sucede algo parecido. Xestionar non debería confundirse con deixar o terreo espido. Hai vexetación que cumpre funcións esenciais e outra cuxa acumulación, disposición ou continuidade pode aumentar o risco. A cuestión importante non é se hai que “limpar”, senón que se retira, onde, canto e para que.

A maleza.Na nosa biblioteca imaxinaria serían eses fondos que levan décadas acumulándose sen revisión: exemplares deteriorados, duplicados, publicacións que parece que xa non teñen utilidade ou materiais amoreados onde non deberían estar.

Pero aquí a comparación comeza tamén a amosarnos os seus límites. Nun ecosistema, aquilo que chamamos despectivamente “maleza” proporciona alimento, refuxio, humidade, solo e biodiversidade. Non todo o que está debaixo dunha árbore sobra, igual que non todo libro vello carece de valor.

As devasas, os prados... serían os muros resistentes ao lume, as separacións entre salas. Espazos pensados para que un accidente ou neglixencia nunha zona non poida propagarse sen obstáculos a todo o edificio.

As faixas de protección arredor de vivendas e estradas serían o equivalente a manter despexadas as saídas de emerxencia e as zonas próximas aos lugares máis vulnerables. Non fai falta baleirar toda a biblioteca para protexer a porta, pero probablemente si conveña prestar especial atención ao que se acumula ao seu carón.

A prevención sería o mantemento cotián: revisar instalacións eléctricas, reparar unha pingueira antes de que estrague centos de libros, comprobar detectores, formar o persoal, manter accesos e decidir con antelación que facer en caso de emerxencia.

Porque ningún bibliotecario sensato agardaría a que houbese lapas saíndo polas fiestras para comezar a pensar como protexer a súa colección.

E quizais aí estea a parte máis interesante da comparación.

Cando unha biblioteca arde, ninguén propón como única solución contratar máis bombeiros. Naturalmente, fan falta bombeiros. Pero despois preguntamos polos detectores, polos materiais do edificio, polas instalacións eléctricas, polas portas devasa, polo mantemento, polas saídas de emerxencia e polo plan de prevención.

Cos incendios forestais, in contrario, o debate público corre o risco de concentrarse no momento máis espectacular: as lapas, os avións, as brigadas e as hectáreas queimadas cando o incendio xa existe. Pero o incendio é tamén o resultado do ocorrido —ou do que non se fixo— durante os meses e anos anteriores.

Unha biblioteca non se conserva unicamente o día que se incendia; consérvase todos os días.

Un monte tampouco. A metáfora permite ademais entender unha cuestión incómoda: conservar esixe intervir, pero intervir non equivale necesariamente a eliminar. Un bo bibliotecario non conserva todos os papeis polo mero feito de seren antigos, nin tira todos os libros vellos polo mero feito de selo. Clasifica, selecciona, protexe, restaura, reorganiza e, cando corresponde, retira, con coidado e agarimo de quen coñece e sabe do valor do que é custodio.

A xestión do territorio necesita unha intelixencia parecida.

Tamén necesita memoria. Unha biblioteca abandonada non deixa de acumular libros porque ninguén entre nela. Do mesmo xeito, o territorio continúa transformándose aínda que deixemos de xestionalo. Cambian os usos agrícolas e gandeiros, desaparecen actividades tradicionais, medra a vexetación, avellentan determinadas masas e cambian as condicións climáticas. A paisaxe que vemos hoxe non é unha fotografía inmóbil da natureza: é o resultado dunha historia.

Por iso quizais deberiamos abandonar unha pregunta demasiado simple: “Hai que limpar o monte?”.

Preguntemos algo máis parecido ao que preguntariamos ante unha biblioteca extraordinariamente valiosa: **Que queremos conservar? Que riscos estamos dispostos a asumir? Onde debemos intervir? Que debemos retirar e que debemos protexer? Quen fará ese traballo? Con que recursos? Con que coñecemento? E quen se ocupará de facelo non só despois do desastre, senón durante os vinte anos anteriores?**

Porque podemos gastar unha fortuna no mellor corpo de bombeiros do mundo.

Pero se queremos conservar unha biblioteca, necesitamos tamén bibliotecarios.

E se queremos conservar os nosos montes, quizais deberiamos comezar a pensar neles do mesmo xeito: non como un almacén que se abandona ata que arde, senón como un patrimonio vivo que necesita coñecemento, criterio, traballo e coidado permanente.

Volven OS MESES DO LAROUCO con máis iniciativas vinculadas ao territorio e á conservación dos valores naturais e cultura...
06/10/2026

Volven OS MESES DO LAROUCO con máis iniciativas vinculadas ao territorio e á conservación dos valores naturais e culturais.

𝐎𝐫𝐠𝐚𝐧𝐢𝐳𝐚𝐝𝐚 𝐩𝐨𝐫 𝐯𝐞𝐜𝐢𝐧̃𝐚𝐬 𝐝𝐚 𝐳𝐨𝐧𝐚, 𝐜𝐨𝐧 𝐜𝐨𝐥𝐚𝐛𝐨𝐫𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐢𝐧𝐬𝐭𝐢𝐭𝐮𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐞 𝐝𝐞 𝐟𝐢𝐫𝐦𝐚𝐬 𝐩𝐫𝐢𝐯𝐚𝐝𝐚𝐬, 𝐨 𝐬𝐚́𝐛𝐚𝐝𝐨 𝟐𝟒 𝐝𝐞 𝐨𝐮𝐭𝐮𝐛𝐫𝐨 𝐜𝐞𝐥𝐞𝐛𝐫𝐚𝐫𝐚𝐬𝐞 𝐞𝐧 𝐁𝐚𝐥𝐭𝐚𝐫 𝐚 𝐈 𝐅𝐄𝐈𝐑𝐀 𝐃𝐎 𝐌𝐄𝐋 𝐃𝐀 𝐒𝐄𝐑𝐑𝐀 𝐃𝐎 𝐋𝐀𝐑𝐎𝐔𝐂𝐎.

Comezará ás 10.00 horas no Pavillón de Deportes de Baltar. Haberá exposición, desgustación, obradoiros e charlas de apicultores.

Movemento Ecoloxista da Limia Auga limpa xa Amigas das árbores · Ourense Amigas da Terra Sociedade Galega de Historia Natural Sociedade Galega de Ornitoloxía-SGO Reserva da Biosfera Transfronteiriça Gerês-Xurés Concello de Xinzo de Limia BNG Baltar Salvemos A Serra Martiñá Asociación " Petón Do Lobo" Federación Ecoloxista Galega Sindicato Labrego Galego Salvemos as Montañas de Trevinca Asociación Ecoloxista ADEGA SALVEMOS O TAMEGA.ADEGA-MONTERREI Ecologistas Galego-Transmontano Vía Lethes

Bo domingo. Desde Lucenza envían esta fotografía dun exemplar e Águia Real avistada onte no Larouco por membros da Socie...
04/10/2026

Bo domingo. Desde Lucenza envían esta fotografía dun exemplar e Águia Real avistada onte no Larouco por membros da Sociedade Galega de Historia Natural

M O R A T O R I APor fin!
22/09/2026

M O R A T O R I A
Por fin!

La Consellería do Medio Rural incluye una actualización en su propuesta de decreto sobre nitratos para ejecutar la sentencia que condenó a las administraciones estatal y autonómica por vulnerar los derechos básicos de los vecinos del embalse de As Conchas, afectado por la proliferación de bact...

Pídese unha moratoria cautelar sobre novos proxectos hidroeléctricos reversibles e de almacenamento enerxético na Demarc...
18/09/2026

Pídese unha moratoria cautelar sobre novos proxectos hidroeléctricos reversibles e de almacenamento enerxético na Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil.

Cómpre realizar unha Avaliación Ambiental Estratéxica conxunta e acumulativa no marco do cuarto ciclo do Plan Hidrolóxico (2028-2033).

APOIAMOS ESTA DE Asociación " Petón Do Lobo"

A conca soporta máis dun século de intensa regulación hidráulica e a acumulación de novos proxectos pode superar a capacidade de acollida ambiental e territorial, comprometendo os ecosistemas, a biodiversidade e os obxectivos ambientais.

DIFUNDE,COLABORA, REXISTRA A PETICIÓN (PDF na web)

https://xurescelanova.fala.gal/2026/09/18/moratoria-sobre-os-proxectos-de-centrais-hidroelectricas-reversibles/ Auga limpa xa Movemento Ecoloxista da Limia Xose Ramon Mojon Gonzalez Asociación Galega de Apicultura - "AGA" Salvemos as Montañas de Trevinca Salvemos as fragas de Catasós Salvemos A Serra Martiñá Amigas das árbores · Ourense Ecoloxistas Gal Vía Lethes BNG O Ribeiro BNG Porqueira Asociación Galega de Custodia do Territorio Grupo GEAS Grupo Lobo Galicia

Apoiamos esta iniciativa da Asociación Petón do Lobo. Reclamamos unha Avaliación Ambiental Estratéxica conxunta e acumulativa no marco do cuarto ciclo do Plan Hidrolóxico (2028-2033).

04/09/2026

🔴Outro parque eólico paralizado polo TSXG tramita a súa utilidade pública

Primeiro foi Xesteirón e agora Rodicio II. A empresa ENGIE insiste en continuar coa tramitación dos seus parques paralizados, nunha manobra de intimidación da veciñanza.

Esiximos á Xunta que denegue todas as solicitudes de utilidade pública de eólicos xudicializados.

👉Toda a información: https://adega.gal/novas.php?id=1842&sec=7

03/09/2026

A Asociación de Veciños das Conchas, co apoio das organizacións ecoloxistas e de consumidores ClientEarth, Amigas de la Tierra e CECU, presentou ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) unha 𝗱𝗲𝗺𝗮𝗻𝗱𝗮 𝗱𝗲 𝗲𝘅𝗲𝗰𝘂𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗳𝗼𝗿𝘇𝗼𝘀𝗮 contra a Xunta de Galicia e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS).

O obxectivo: Obrigar a ambas as administracións a 𝗰𝘂𝗺𝗽𝗿𝗶𝗿 𝗱𝗲 𝘅𝗲𝗶𝘁𝗼 𝗲𝗳𝗲𝗰𝘁𝗶𝘃𝗼 𝗮 𝘀𝗲𝗻𝘁𝗲𝗻𝘇𝗮 histórica de xullo de 2025 (confirmada en febreiro de 2026 polo Tribunal Supremo). Dita sentenza declarou que a inacción das administracións vulnerara dereitos fundamentais da poboación (como o dereito á vida, á intimidade, á propiedade e ao acceso á auga potable) debido á grave contaminación do río Limia.

Máis dun ano despois do fallo, a contaminación e os cheiros persisten, repetíndose as pragas de cianobacterias tóxicas que chegan ata o encoro de Lindoso en Portugal. As administracións limitáronse principalmente a pagar indemnizacións parciais e a realizar controis que resultan totalmente insuficientes para recuperar a conca.

A demanda exixe un plan coordinado con prazos e orzamentos controlados polo Tribunal, que inclúa:
- 𝗗𝗲𝗰𝗹𝗮𝗿𝗮𝗿 𝗔 𝗟𝗶𝗺𝗶𝗮 𝗰𝗼𝗺𝗼 𝘇𝗼𝗻𝗮 𝘃𝘂𝗹𝗻𝗲𝗿𝗮𝗯𝗹𝗲 𝗮́ 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗮𝗺𝗶𝗻𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗽𝗼𝗿 𝗻𝗶𝘁𝗿𝗮𝘁𝗼𝘀.
- 𝗨𝗻𝗵𝗮 𝗺𝗼𝗿𝗮𝘁𝗼𝗿𝗶𝗮 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗻𝗼𝘃𝗮𝘀 𝗴𝗿𝗮𝗻𝘅𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝗴𝗮𝗻𝗱𝗲𝗿𝛊́𝗮 𝗶𝗻𝗱𝘂𝘀𝘁𝗿𝗶𝗮𝗹 𝗼𝘂 𝗮 𝘀𝘂́𝗮 𝗮𝗺𝗽𝗹𝗶𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻.
- 𝗖𝗼𝗻𝘁𝗿𝗼𝗹 𝗱𝗼 𝗽𝘂𝗿𝛊́𝗻 𝗲 𝗿𝗲𝗱𝘂𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗮 𝗽𝗿𝗲𝘀𝗶𝗼́𝗻 𝗴𝗮𝗻𝗱𝗲𝗶𝗿𝗮.
- 𝗩𝗶𝘅𝗶𝗹𝗮𝗻𝗰𝗶𝗮 𝗽𝗲𝗿𝗺𝗮𝗻𝗲𝗻𝘁𝗲 𝗱𝗮 𝗮𝘂𝗴𝗮 (𝗶𝗻𝗰𝗹𝘂𝛊́𝗱𝗼𝘀 𝗽𝗼𝘇𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗰𝗼𝗻𝘀𝘂𝗺𝗼) 𝗲 𝗽𝗿𝗼𝘁𝗼𝗰𝗼𝗹𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗮𝗹𝗲𝗿𝘁𝗮 𝗿𝗮́𝗽𝗶𝗱𝗮 𝗮́ 𝗽𝗼𝗯𝗼𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻.

De persistir a desobediencia das administracións, o TSXG poderá impor multas coercitivas e incluso derivar o caso por vías penais.

Sociedade Galega de Historia Natural Concello de Xinzo de Limia PSdeG-PSOE de Xinzo de Limia BNG Xinzo de Limia Movemento Ecoloxista da Limia Stop Eólicos Xurés Celanova Amigas da Terra Amigas das árbores · Ourense ClientEarth Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

01/09/2026

🥾 𝐈𝐕 𝐄𝐃𝐈𝐂𝐈𝐎́𝐍 – 𝐑𝐔𝐓𝐀 𝐃𝐎𝐒 𝐙𝐀𝐏𝐀𝐓𝐄𝐈𝐑𝐎𝐒 🥾
📍 Verea Vella
📅 Sábado, 3 de outubro

Prepárate para g***r dunha xornada de natureza, patrimonio e convivencia! 🌿🥾

🔸 17 Qm de percorrido
🔸 🏛️ Patrimonio cultural e natural
🔸 🤝 Un día para compartir, camiñar e descubrir
🔸 🕘 Saída ás 9:00 h
📍 Vilanova dos Infantes - Museo dos Zapateiros
🔸 🚌 Bus de volta desde o Museo do Coiro(Allariz) ata Vilanova dos Infantes

💶 Inscrición: 8 €
🏦 IBAN: ES87 3070 0040 7863 9902 0624

📞 Información e inscricións:
☎️ 988 432 020
☎️ 604 046 195 · 988 431 233
☎️ 659 827 451
☎️ 697 381 437

📲 Escanea o código QR do cartel para inscribirte.
🔗 https://abroasendeirismo.wordpress.com/2026/08/28/iv-ruta-dos-zapateiros-2026-03-10-2026/

👣 Historia, paisaxe e tradición ao teu paso.
Non quedes sen praza! Vémonos na Ruta dos Zapateiros 2026! 🥾🌿

O domingo 4 de outubro, a Praza Carlos Casares de Xinzo de Limia (baixo carpa) acollerá a II Feira do Mercado Social, or...
28/08/2026

O domingo 4 de outubro, a Praza Carlos Casares de Xinzo de Limia (baixo carpa) acollerá a II Feira do Mercado Social, organizada polo Concello de Xinzo en colaboración con REAS Galicia.

REAS Galicia Concello de Xinzo de Limia Auga limpa xa Movemento Ecoloxista da Limia

16/08/2026

💚 𝗔𝗚𝗢𝗥𝗔 𝗦𝗜. 𝗘𝗦𝗧𝗘 𝗘́ 𝗢 𝗜𝗩 𝗘𝗡𝗖𝗢𝗡𝗧𝗥𝗢 𝗕𝗨𝗥𝗟𝗔 𝗩𝗘𝗥𝗗𝗘.

📍 𝗠𝗮𝘇𝗮𝗿𝗶𝗰𝗼𝘀 · 𝟱 𝗲 𝟲 𝗱𝗲 𝘀𝗲𝘁𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼

Levamos meses percorrendo Galicia, coñecendo conflitos, compartindo loitas e encontrándonos con persoas e colectivos que se negan a asumir que o futuro da nosa terra se decida desde un despacho.

E todo ese camiño lévanos aquí.

Durante dous días, 𝗦𝗮𝗻𝘁𝗶𝗮𝗴𝗼 𝗱𝗲 𝗔𝗿𝗰𝗼𝘀 no Concello de Mazaricos 𝘀𝗲𝗿𝗮́ 𝗽𝘂𝗻𝘁𝗼 𝗱𝗲 𝗲𝗻𝗰𝗼𝗻𝘁𝗿𝗼 𝗱𝗮 𝗚𝗮𝗹𝗶𝗰𝗶𝗮 𝗾𝘂𝗲 𝗱𝗲𝗳𝗲𝗻𝗱𝗲 𝗮 𝘁𝗲𝗿𝗿𝗮.

⚖️ Ferramentas xurídicas para defendernos.
🌱 Voces do ecoloxismo.
🗣️ Colectivos e plataformas de diferentes territorios.
⛰️ A realidade da Ruña.
💧 Os riscos das balsas reversibles.
📚 Literatura.
🎭 Teatro.
🎶 Música e regueifa.
🥁 E, sobre todo, encontro. Moito encontro.

Porque o Burla Verde non naceu para que cada territorio loite só.

Naceu para 𝗰𝗼𝗻̃𝗲𝗰𝗲𝗿𝗻𝗼𝘀, 𝗮𝗽𝗿𝗲𝗻𝗱𝗲𝗿 𝘂𝗻𝘀 𝗱𝗼𝘀 𝗼𝘂𝘁𝗿𝗼𝘀, 𝗰𝗼𝗺𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗿 𝗳𝗲𝗿𝗿𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗮𝘀, 𝘁𝗲𝗰𝗲𝗿 𝗿𝗲𝗱𝗲𝘀 𝗲 𝗲𝗻𝘁𝗲𝗻𝗱𝗲𝗿 𝗾𝘂𝗲 𝗰𝗮𝗻𝗱𝗼 𝗮𝘁𝗮𝗰𝗮𝗻 𝘂𝗻 𝘁𝗲𝗿𝗿𝗶𝘁𝗼𝗿𝗶𝗼, 𝗮 𝘀𝘂́𝗮 𝗱𝗲𝗳𝗲𝗻𝘀𝗮 𝘁𝗮𝗺𝗲́𝗻 𝗽𝗼𝗱𝗲 𝘀𝗲𝗿 𝗰𝗼𝗹𝗲𝗰𝘁𝗶𝘃𝗮.

De Sabucedo ao Courel.
De Vilanova dos Infantes a Mazaricos.
E polo medio, centos de persoas demostrando que 𝗵𝗮𝗶 𝗼𝘂𝘁𝗿𝗮 𝗚𝗮𝗹𝗶𝗰𝗶𝗮 𝗾𝘂𝗲 𝗻𝗼𝗻 𝗲𝘀𝘁𝗮́ 𝗱𝗶𝘀𝗽𝗼𝘀𝘁𝗮 𝗮 𝗾𝘂𝗲𝗱𝗮𝗿 𝗰𝗮𝗹𝗮𝗱𝗮 𝗺𝗲𝗻𝘁𝗿𝗲𝘀 𝗹𝗹𝗲 𝗲𝘀𝗽𝗼𝗹𝗶𝗮𝗻 𝗮 𝘁𝗲𝗿𝗿𝗮.

🔥 𝗔𝗴𝗼𝗿𝗮 𝗻𝗲𝗰𝗲𝘀𝗶𝘁𝗮𝗺𝗼𝘀 𝗾𝘂𝗲 𝗲𝘀𝘁𝗲 𝗰𝗮𝗿𝘁𝗲𝗹 𝗽𝗲𝗿𝗰𝗼𝗿𝗿𝗮 𝗚𝗮𝗹𝗶𝗰𝗶𝗮.

Compárteo.
Mándao aos teus grupos.
Faino chegar á túa asociación, á túa aldea, á túa plataforma, ás túas amizades.

Que chegue á montaña e á costa.
Ás vilas e ás cidades.
A cada lugar onde haxa alguén defendendo un monte, un río, unha aldea ou unha forma de vida.

📅 𝟱 𝗲 𝟲 𝗗𝗘 𝗦𝗘𝗧𝗘𝗠𝗕𝗥𝗢
📍 𝗦𝗔𝗡𝗧𝗜𝗔𝗚𝗢 𝗗𝗘 𝗔𝗥𝗖𝗢𝗦 · 𝗠𝗔𝗭𝗔𝗥𝗜𝗖𝗢𝗦

💚 𝗩𝗲́𝗺𝗼𝗻𝗼𝘀 𝗻𝗼 𝗜𝗩 𝗘𝗻𝗰𝗼𝗻𝘁𝗿𝗼 𝗕𝘂𝗿𝗹𝗮 𝗩𝗲𝗿𝗱𝗲.

𝗣𝗼𝗿𝗾𝘂𝗲 𝗽𝗼𝗱𝗲𝗻 𝗶𝗻𝘁𝗲𝗻𝘁𝗮𝗿 𝗱𝗶𝘃𝗶𝗱𝗶𝗿 𝗼𝘀 𝘁𝗲𝗿𝗿𝗶𝘁𝗼𝗿𝗶𝗼𝘀.
𝗡𝗼́𝘀 𝗶𝗺𝗼𝘀 𝘅𝘂𝗻𝘁𝗮𝗹𝗼𝘀

Dirección

Fonte Do Vieiro
Bande
32849

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Stop Eólicos Xurés Celanova publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir