09/05/2024
Hoxe estivemos na Coruña reclamando a xubilación anticipada no transporte xunto con compañeiros e compañeiras de outros sectores. E denunciando tamén que algo que debera formar parte do debate público o estean cociñando a escondidas o goberno, a patronal, CCOO e UGT para logo vender novos recortes como un avance para a clase traballadora, como xa fixeron coa reforma das pensións ou coa reforma laboral.
A CIG reclámalle ao Goberno español que restabeleza o dereito á xubilación parcial aos 61 anos para todos os sectores; a xubilación aos 65 anos, e voluntaria a partir de ter 35 anos cotizados, reais ou por aplicación dos coeficientes redutores en determinadas profesións como o transporte. Pola nosa parte seguiremos mobilizándonos pola xubilación anticipada no transporte XA!