13/06/2026
☀️ Os Sábados de Pandilla despídense ata outubro ☀️
Co comezo de Urban West, queremos botar a vista atrás e lembrar todo o que deu de si este proxecto.
Durante estes meses, os nosos rapaces e rapazas participaron en todo tipo de experiencias: saídas, experimentos, escape rooms, buscas de pantasmas, retos e moitas outras actividades que converteron cada sábado nunha oportunidade para compartir e descubrir o sentimento de pertenza a unha pandilla.
Máis alá das actividades, foron tardes de convivencia, novas experiencias e momentos que seguro quedarán no recordo de quen formou parte deste proxecto.
Agora toca g***r do verán, descansar, vivir novas experiencias e aproveitar ao máximo estes meses.
📅 Os Sábados de Pandilla volverán en outubro. Ata entón, comeza unha nova etapa con Urban West.
¡Feliz verán a todos! ☀️💙