CCOO da Coruña

Cómo llegar Página web

CCOO da Coruña Organizamos á clase obreira na comarca, dende Fisterra ata Aranga para o avance e a defensa dos nosos dereitos

02/11/2026

📢 Comezamos a semana coa vista posta na , na que organizaremos nove manifestacións, a central en Vigo. Porque, ademais de pechar os centros de traballo, temos que encher as rúas para esixir vivenda digna, salarios axeitados e servizos públicos de calidade.

➕ Pola tarde do tamén nos mobilizaremos nas protestas que partan dos movementos sociais. Témennos unidos e unidas.

O vindeiro 11 ás 12h manifestación dende a Praza da Palloza
02/11/2026

O vindeiro 11 ás 12h manifestación dende a Praza da Palloza

28/10/2026
28/10/2026

🚨CCOO-ENSINO recibe a remuda na Consellería de Política Social coa reclamación de abrir unha etapa de diálogo coas persoas traballadoras que supere o desprezo do mandato de Fabiola García.

✉ O sindicato xa solicitou formalmente unha reunión coa nova conselleira, Ángeles Vázquez, para abordar as principais problemáticas que afectan os sectores de Menores, Discapacidade e Educación Infantil de 0 a 3 anos.

🔴 Fabiola García marcha a Madrid deixando un legado de falta de diálogo coa representación sindical e cuns sectores moi precarizados, en condicións laboraias que a miúdo comprometen tanto a saúde e a seguridade das traballadoras como a calidade da atención ás persoas usuarias.

🔗 https://ccooensino.gal/fabiola-garcia-marcha-a-madrid-deixando-unha-conselleria-de-politica-social-que-lles-da-as-costas-as-traballadoras-e-aos-traballadores/

28/10/2026

⚫ Co corazón encollido estamos a coñecer as tráxicas consecuencias do accidente ferroviario ocorrido esta mañá en Toledo. Desde CCOO de Galicia queremos trasladar as nosas condolencias ás vítimas e a todas as persoas afectadas, incluídos os traballadores e traballadoras dos trens.

👉 Manifestamos o noso apoio explícito a todo o persoal do sector do ferrocarril, que entre as súas reivindicacións sempre antepón a mellora da seguridade e do servizo público.

🫂 Na memoria de todas as galegas e galegos está presente o accidente de Angrois en 2013, cando vivimos na nosa pel unha traxedia similar á que hoxe sofren en Toledo, de xeito que desde Comisións Obreiras non podemos máis que empatizar e solidarizarnos coas persoas afectadas e con todos os profesionais e voluntarios que nestas horas de dor e tristura se afanan en minimizar as consecuencias do sinistro.

27/10/2026

Dirección

Avenida Alfonso Molina 90
A Coruña
15008

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando CCOO da Coruña publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos