04/11/2026
🎭 Hoxe comeza FESTIGUAL! A Coruña dá inicio á décima edición do Festival das Artes pola Inclusión e a Diversidade, que do 4 ao 19 de novembro ofrecerá unha programación chea de música, teatro, humor, danza e artes visuais.
🎶 A gala inaugural *Mulleres pola inclusión*, esta tarde no Teatro Rosalía de Castro, reunirá a Guadi Galego, Uxía, A Banda da Loba e Chungo Pastel nunha actuación única e colaborativa.
Pero isto é só o comezo! Monólogos, propostas de teatro adaptado, experiencias inmersivas, freestyle, música clásica e danza contemporánea inclusiva encherán diferentes espazos da cidade durante quince días.
💛 Dez anos traballando para que a cultura sexa un espazo aberto a todas as persoas, sen barreiras e en igualdade de condicións.
📅 Do 4 ao 19 de novembro.
📍 En 32 espazos da cidade.
🎟️ Actividades gratuítas e accesibles.
Consulta a programación e súmate á celebración dos dez anos de FESTIGUAL!
Concello da Coruña Vegalsa Eroski Fundación María José Jove Reale Foundation Deputación da Coruña Culturactiva S. Coop. Galega