Irmandade De Centros Galegos En Euskadi

  • Home
  • Irmandade De Centros Galegos En Euskadi
Directions Contact the organization

Irmandade De Centros Galegos En Euskadi Federación de 9 Centros Gallegos ubicados en Euskadi. Entidad sin ánimo de lucro y que organiza anualmente varias actividades de carácter cultural.

📸✨ Así vivimos a primeira xornada do ###VII Día de Galicia en Euskadi! ✨📸A Praza dos Foros encheuse de emoción, música e...
27/06/2026

📸✨ Así vivimos a primeira xornada do ###VII Día de Galicia en Euskadi! ✨📸

A Praza dos Foros encheuse de emoción, música e orgullo galego na inauguración dunha nova edición do Día de Galicia en Euskadi.

A animación dos gaiteiros levou os sons de Galicia por todo o recinto, creando un ambiente festivo e de encontro que nos lembra a forza das nosas tradicións. 🎶

A xornada rematou cun magnífico concerto de Mondra, que conquistou ao público coa súa enerxía, talento e unha proposta artística que conecta a tradición galega coa modernidade.

Grazas a todas as persoas que nos acompañastes nesta primeira xornada. Seguimos celebrando Galicia no corazón de Euskadi!

💙🤍 Galicia e Euskadi, unidas pola cultura, a amizade e as raíces compartidas.



---

📸✨ Horrela bizi izan genuen Euskadiko Galiziaren ###VII. Eguneko lehen jardunaldia! ✨📸

Foruen Plaza emozioz, musikaz eta Galiziarekiko harrotasunez bete zen Euskadiko Galiziaren Egunaren edizio berriaren inaugurazioan.

Gaitarien animazioak Galiziako doinuak zabaldu zituen jai-gune osoan zehar, gure tradizioen indarra gogorarazten duen giro aparta sortuz. 🎶

Eguna Mondraren kontzertu bikainarekin amaitu zen. Bere energiak, talentuak eta tradizio galiziarra eta modernitatea uztartzen dituen proposamen artistikoak ikusleak liluratu zituen.

Eskerrik asko lehen jardunaldi honetan gurekin egon zareten guztioi. Galizia ospatzen jarraitzen dugu Euskadiren bihotzean!

💙🤍 Galizia eta Euskadi, kulturak, adiskidetasunak eta sustraiek batuta.

🎉 Xa está aquí o ###VII Día de Galicia en Euskadi! 🎉Do 26 ao 28 de xuño, a Praza dos Foros de Vitoria-Gasteiz convertera...
18/06/2026

🎉 Xa está aquí o ###VII Día de Galicia en Euskadi! 🎉

Do 26 ao 28 de xuño, a Praza dos Foros de Vitoria-Gasteiz converterase no gran punto de encontro da comunidade galega en Euskadi, cun completo programa de actividades para todas as idades.

Durante tres días gozaremos de concertos, pasarrúas, folclore, cantos de taberna, gastronomía, queimada popular, deporte tradicional vasco e do acto institucional no que recoñeceremos a persoas e entidades que traballan pola unión entre Galicia e Euskadi.

Contaremos coa actuación de Mondra, Monoulious DOP, Xukelak - Hala Dzipo, os grupos das Casas de Galicia en Euskadi e moitas máis sorpresas. Ademais, durante toda a fin de semana haberá polbo e produtos galegos á venda.

💙 Galicia e Euskadi volverán darse a man nunha gran festa de cultura, tradición, música e convivencia.

Agardámosvos en Vitoria-Gasteiz!



--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

🎉 Badator Euskadiko Galiziaren ###VII. Eguna! 🎉

Ekainaren 26tik 28ra, Gasteizko Foruen Plazak Galiziaren eta Euskadiren arteko topagune nagusi bihurtuko da, adin guztietarako jarduera-programa zabalarekin.

Hiru egunez kontzertuak, kalejirak, folklorea, tabernaz tabernako kantuak, gastronomia, herri-queimada, herri kirolak eta kultura bultzatzen duten pertsona eta erakundeei omenaldia egingo dien ekitaldi instituzionala izango ditugu.

Besteak beste, Mondra, Monoulious DOP, Xukelak - Hala Dzipo eta Euskadiko Galizia Etxeetako taldeak izango dira gurekin. Asteburu osoan zehar Galiziako produktuak eta olagarroa dastatzeko aukera ere egongo da.

💙 Galiziak eta Euskadik berriro ere elkartuko dituzte beren sustraiak, kultura, musika, tradizioa eta elkarbizitza ospatzeko.

Zuen zain gaude Gasteizen!

100 ANOS CAMIÑANDO XUNTOS 💙🤍❤️💚A Casa de Galicia de Bilbao celebrou o seu Centenario cun amplo programa de actividades q...
14/06/2026

100 ANOS CAMIÑANDO XUNTOS 💙🤍❤️💚

A Casa de Galicia de Bilbao celebrou o seu Centenario cun amplo programa de actividades que reuniron xeracións de galegos e galegas, amigos e amigas da nosa cultura e da nosa historia común.

Estas imaxes recollen algúns dos momentos vividos nestes días de convivencia e emoción, nos que homenaxeu a todas aquelas persoas que, ao longo dun século, fixeron posible que Galicia mantivese viva a súa presenza no corazón de Bilbao.

Grazas a todas as persoas participantes, voluntarias, colaboradoras e entidades que están formando parte desta celebración histórica.

100 anos de tradición, cultura, identidade e compromiso coa nosa terra.

100 anos facendo Galicia en Bilbao. E seguimos escribindo xuntos esta historia.

🎉 Xa están aquí os concursos do Día de Galicia en Euskadi 2026! ✨Tes talento na cociña? 📸✍️ Ou quizais a túa creatividad...
26/05/2026

🎉 Xa están aquí os concursos do Día de Galicia en Euskadi 2026! ✨

Tes talento na cociña? 📸✍️ Ou quizais a túa creatividade merece un premio?

A Irmandade de Centros Galegos en Euskadi convídache a participar nos nosos tradicionais certames dentro do Galiziaren Eguna Euskadin – Día de Galicia en Euskadi, que celebraremos do 26 ao 28 de xuño en Vitoria-Gasteiz.

🏆 Concurso de Tortilla
🥟 Concurso de Empanada
🥞 Concurso de Filloas
📸 Concurso de Fotografía
✍️ Certame de Poesía Aduriña Voandeira

Premios, tradición, cultura e moito orgullo galego 💙

📍 Consulta as bases en cada cartel e anímate a participar!
📩 Inscricións e envío de traballos segundo as bases de cada concurso.

Galicia tamén latexa en Euskadi… e queremos celebralo contigo! 💫

08/03/2026
Aburto, a la comunidad gallega: «Gracias por enriquecer Bilbao» | El Correo
08/03/2026

Aburto, a la comunidad gallega: «Gracias por enriquecer Bilbao» | El Correo

La Irmandade de Centros Gallegos de Euskadi y la fundación Sabino Arana homenajean a Castelao en su monumento en Txurdinaga

Homenaxe a Castelao en BilbaoUn ano máis rendemos homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, figura universal da cult...
07/03/2026

Homenaxe a Castelao en Bilbao

Un ano máis rendemos homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, figura universal da cultura e do pensamento galego.

O acto contou coa participación da presidenta da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, do historiador galego Xosé Estévez, de Arantxa Tapia, presidenta da Fundación Sabino Arana, e de Juan María Aburto, alcalde de Bilbao, xunto a representantes políticos e aos presidentes dos Centros Galegos que forman parte da Irmandade.

Un encontro que reafirma a histórica irmandade entre Galicia e Euskadi e o papel da diáspora galega na defensa da nosa cultura e identidade.

O acto pechouse coa actuación do grupo Doces Lembranzas do Centro Galego de Barakaldo.

Viva Castelao! Viva Galicia! 🤍💙🤍

✨ 40 Aniversario da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi ✨Onte vivimos unha xornada chea de historia, emoción e ident...
30/11/2025

✨ 40 Aniversario da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi ✨

Onte vivimos unha xornada chea de historia, emoción e identidade na celebración do 40 aniversario da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi.

Un encontro no que rendemos homenaxe ás persoas que fixeron posible este camiño: presidentes, directivas e socios que, durante décadas, mantiveron viva a galeguidade en terras vascas.
E tamén ás institucións que nos acompañan e apoian: o Goberno Vasco e a Xunta de Galicia.

Foi unha noite para lembrar o valor da emigración, o esforzo das familias galegas que atoparon aquí acollida e futuro, e para celebrar o que somos hoxe:
unha comunidade orgullosa de ter *dúas culturas irmás: a galega e a vasca*.

O espectacular “Miña Nai” puxo o broche de ouro cunha emocionante viaxe pola memoria, as raíces e o encontro entre pobos.

💙 Graciñas a todas as persoas que nos acompañastes.
🤍 Por moitos anos máis de unión, cultura e irmandade.
💚 Galicia e Euskadi, sempre da man.

Address

Calle Gernikako Arbola, 11

01010

Website

Alerts

Be the first to know and let us send you an email when Irmandade De Centros Galegos En Euskadi posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

Contact The Organization

Send a message to Irmandade De Centros Galegos En Euskadi:

Shortcuts

  • Want your organization to be the top-listed non profit organization?

Share