AC Gaiteiro Manuel Villanueva

  • Home
  • AC Gaiteiro Manuel Villanueva
Directions Contact the organization

AC Gaiteiro Manuel Villanueva Asociación Cultural de Poio

🌞 Apurade que se acaba! Só quedan 8 horas para vivir a XVII Romaría Tradicional Gaiteiro Manuel Villanueva!Hoxe tes o pl...
07/06/2026

🌞 Apurade que se acaba! Só quedan 8 horas para vivir a XVII Romaría Tradicional Gaiteiro Manuel Villanueva!
Hoxe tes o plan perfecto para desfrutar dun domingo inmellorable:

📍 Música tradicional en directo
🍽️ Carpa gastronómica a prezos populares: Polbo, churrasco, chourizos...
🎶 Foliada e micros abertos
👨‍👩‍👧‍👦 Ambiente familiar e festivo

Dende as 12:00, sesión vermú coas Pandeireteiras de Ronsel e a Banda de Gaitas de Barbude. Pola tarde continua a festa coa sobremesa tradicional, micros abertos e xogos populares para todas as idades.
🌳🌿🌊 E isto nun dos lugares máis fermosos de Poio, un entorno privilexiado entre o mar e a natureza, ao pé da Ruta dos Muíños da Freixa e da Senda da Ostreira. Perfecto para pasear, relaxarse e compartir o día coa familia e cos amigos.

⭐ Un plan de domingo inmellorable para despedir a Romaría como merece. Agardámosvos na Reiboa!

06/06/2026
06/06/2026

🎶 HOXE A REIBOA VAI SOAR COMO NUNCA!

A XVII Romaría Tradicional continúa hoxe cunha xornada chea de música, gastronomía e moita troula:

🔥 Ás 22:30 horas chega á Reiboa CORIBANTES, nun dos concertos máis agardados desta edición. Presentan en Poio a súa xira de 2026 cun espectáculo folk no que se reunirán sobre o escenario entre 40 e 50 músicos. Converterán a Reiboa nunha auténtica festa da música tradicional!

Pero xa estamos aquí!!!

🍽️ Carpa gastronómica a prezos populares
🎶 Sesión vermú coa Escola de Música Tradicional e Vides Novas
🪗 Sobremesa con Muíños da Ponte
🎤 Foliada e micros abertos desde as 16:00 horas

⭐ foliada e bo ambiente ata ben entrada a noite. Vémonos na Reiboa!

✨ Grazas por apoiar o comercio local e facer posible esta festaQueremos pechar esta rolda de agradecementos dando as gra...
03/06/2026

✨ Grazas por apoiar o comercio local e facer posible esta festa

Queremos pechar esta rolda de agradecementos dando as grazas a todos os negocios que colaboran e apoian esta iniciativa: Asesoría Aepo, Bar Barroco, Café e Saúd, Higiensec, La Reccicladora, Café Bar Mundi, Pizzería Samaré, Autoservicio Olga, Frutería Os Cereixos, Mercería Costura Rosi Viñas, Veterinario Poio e Zapatería Zocos.

E, moi especialmente, a Bar O Castro, pola súa achega.

Detrás de cada negocio hai traballo, esforzo, compromiso e moitas horas de dedicación. Por iso, apoiar ao comercio e á hostalaría local é tamén apoiar a vida das nosas parroquias, a economía de proximidade e a xente que fai comunidade cada día.

Grazas por facer posible que isto siga medrando.

🌟 A Romaría é moito máis que música e tradición. É tamén a suma de moitas colaboracións que, ano tras ano, fan posible q...
02/06/2026

🌟 A Romaría é moito máis que música e tradición. É tamén a suma de moitas colaboracións que, ano tras ano, fan posible que a Reiboa siga sendo un punto de encontro para compartir cultura, amizade e bos momentos. Hoxe queremos agradecer o apoio de:

🚗 Poio Motor
🍻 Bar Aquelo
💇 Peluquería Innovat
🎨 Pinturas Catro Camiños

Comprando nos negocios de proximidade, apoiamos ás persoas que traballan e invisten aquí, contribuíndo a unha comunidade máis activa e dinámica.

⭐ Moitas grazas pola vosa confianza e por formar parte da XVII Romaría Tradicional Gaiteiro Manuel Villanueva.

A XVII Romaría Tradicional conta co apoio de empresas locais que cren na importancia de conservar as nosas tradicións e ...
02/06/2026

A XVII Romaría Tradicional conta co apoio de empresas locais que cren na importancia de conservar as nosas tradicións e de impulsar a vida social e cultural de Poio. Hoxe queremos expresar o noso agradecemento a:

🔩 Afrinox
🥩 Asador O Remo
🌿 Xardinería Aires da Terra
☕ Cafetería A Reiboa

Coa súa colaboración contribúen a que a música tradicional, a convivencia e a festa sigan tendo un espazo de encontro, despois de case dúas décadas de historia.

Animámosvos a apoiar os negocios de proximidade, porque detrás de cada empresa hai persoas que traballan día a día para ofrecer servizos de calidade e para facer de Poio un lugar máis dinámico e vivo.

⭐ Grazas por sumar esforzos e por formar parte da familia da Romaría.

✨ Grazas, Talleres Evapa, por axudar a facer posible esta festa!A Romaría Tradicional Gaiteiro Manuel Villanueva volverá...
01/06/2026

✨ Grazas, Talleres Evapa, por axudar a facer posible esta festa!

A Romaría Tradicional Gaiteiro Manuel Villanueva volverá encher A Reiboa de música, tradición e festa os días 5, 6 e 7 de xuño, e isto tamén é posible grazas á colaboración de negocios que se implican coa vida do noso pobo.

Hoxe queremos agradecer especialmente a Talleres Evapa a súa axuda e o seu apoio para facer realidade esta nova edición. Cada negocio que se axuda a continuar a tradición.

📍 A Reiboa, Poio
📅 5, 6 e 7 de xuño
🎶 Música, tradición, encontro e festa popular

🛍️ Apostar polos negocios locais tamén é apostar pola nosa Romaría. Cando compramos no comercio de proximidade, cando es...
01/06/2026

🛍️ Apostar polos negocios locais tamén é apostar pola nosa Romaría. Cando compramos no comercio de proximidade, cando escollemos un negocio local, axudamos a ter vivo o tecido social, económico e cultural de Poio.

Agradecemos ás empresas e establecementos que colaboran coa XVII Romaría Tradicional Gaiteiro Manuel Villanueva e que axudan a que esta festa continúe medrando ano tras ano.

🍽️ Restaurante Nueva Cepa
✂️ Peluquería Carlos Bu**ta
🥩 Carnicería Viñas
🚗 Autoescola Arias

A súa colaboración permite seguir enchendo a Reiboa de música, tradición, convivencia e momentos compartidos. Detrás de cada un destes negocios hai persoas traballadoras, veciños e veciñas comprometidos con Poio e coa nosa tradición e maneira de vivir.

⭐ Grazas por apoiar a cultura popular e por formar parte desta gran familia que fai posible a Romaría.

🤝 O apoio dos negocios locais mantén viva a tradición. A nosa XVII Romaría é posible polo traballo de moitas persoas, a ...
01/06/2026

🤝 O apoio dos negocios locais mantén viva a tradición. A nosa XVII Romaría é posible polo traballo de moitas persoas, a colaboración institucional e tamén ao compromiso dos negocios locais que nos axudan a manter viva esta festa. Queremos agradecer especialmente o apoio de:
🔹 Seinco Combarro
🔹 Autoescuela San Juan Poio
🔹 Peluquería Luz Arís
🔹 Desguaces Catoira
Apoiar a Romaría é apoiar a cultura, a música tradicional, a convivencia e a vida social do noso concello.
Apoiemos todos o comercio e a hostalería de cercanía, porque detrás de cada negocio están os nosos veciños e veciñas que co seu traballo e bo rato fan de Poio un lugar mellor.
⭐ Moitas grazas pola vosa colaboración!
Ver menos

Address


36995

Website

Alerts

Be the first to know and let us send you an email when AC Gaiteiro Manuel Villanueva posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

Contact The Organization

Send a message to AC Gaiteiro Manuel Villanueva:

Shortcuts

  • Want your organization to be the top-listed non profit organization?

Share