30/05/2026
🔥 🚒🚨 Día de formación 🚨🚒🔥
👉Varios integrantes da agrupación de protección civil, estiveron coñecendo diverso material do que dispón a agrupación, así como o seu manexo.
👉As horas dedicadas á formación, permitiron tocar temas de aprendizaxe como:
-Vehículos: características, usos de cabrestantes, luces de emerxencia, iluminación...
-Incendios: usos de extintores, de mangueiras, racores, manexo de camión forestal e vehículo de intervención rápida.
-Distintos epis: características e usos.
-Manexo de bombas de achique e xenerador.
-Material sanitario. Botiquíns. Procedementos sanitarios. Camillas e collaríns.
-Repaso de distintas maniobras: RCP, Heimlich, Rautek. Uso de DESA.
-Manexo de motoserras,realización de mantemento e mezclas/engrases.
🗣️Dende a agrupación, valoramos e agradecemos o interés mostrado polos participantes. Consideramos que a aprendizaxe e a formación son vitais para poder afrontar os traballos que se nos presentan ao longo do ano.
Grazas a todos/as 🧡