Region 0

10/27/2018

¡Todavía se necesitan 5 firmas!

YU New York UniversityUnha selección de vídeos monocanle, representativa das tendencias actuais no ámbito da creación au...
11/14/2013

YU New York University
Unha selección de vídeos monocanle, representativa das tendencias actuais no ámbito da creación audiovisual.
Horario: en continuidade, venres de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 19.00; sábado de 11.00 a 14.30; domingo de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00
Lugar: salón de actos
Organiza: Laura Turégano / Comisariado e selección: Eva Mendoza Chandas / Xurado mencións especiais: Chus Martínez, Octavio Zaya

Enrique Piñuel, Enric Socias, Verónica Ruth Frías, Lois Patiño, Marcia Beatriz Granero, Albert Merino, Quintín Rivera-Toro, Tamara Kuselman, Azahara Cerezo, Claudia de la Torre e Takako Oishi, Luis Bezeta, Jaime de la Jara, Beatriz Albuquerque, Antonio Ortuño, Inés García Gómez, Pablo Fernández Pujol, Ximena Labra y Lucas Caraba, Cristina Ghetti, Antonio Savinelli, C. L. Salvaro, Ilich Castillo, Santiago Parres (EZO), Viviana Díaz, Casilda Sánchez, Fernando Baena e Marianela León, Julia Martos Ramírez, Rosalía Banet, David Catá, Freddy Clavijo, Marcello Mercado, Jose Soto, Ralph Kistler, Santi González, Fernando José Pereira, Manuel Saiz, Javier Marisco, Eli Cortiñas, Ninfa Sánchez e Karen Vilchis, Luis Gárciga, Celeste Rodríguez, Félix Fernández, Diego Arias, Magdalena Cernadas, Bárbara Fluxá en colaboración con Fernando Martín e Jose Bernal, Rubén Blanco Alderete, Elvira Palazuelos e Emilio Lizcano, Katherinne Fiedler, Emilio Chapela, Glendalys Medina, Manuela Viera Gallo, Arantxa Boyero, Mario Sarramián (mao sian), pekin es (Ainara LeGardon, Rubén Gutiérrez del Castillo & Mario Sarramián), Lucía Pizzani, Zoé T. Vizcaíno, Javier Velázquez Cabrero, Amparo Garrido, Agustín Puente, Rita Rodríguez, Daniel Duda, Iván Cortázar, Yaima Carrazana, Fernando Rubio Ahumada, Simón Pacheco, Xavier José Cunilleras, Ana Esteve Reig, Guillermo Daldovo, Sergio Ojeda, Iván Pérez Vidal, Alejandra Pombo Suárez, María Cañas, Carlos Rodríguez-Méndez, Luciano Piazza, Sebastián Cabrera, Jorge Varela e Andrea Vázquez, DETEXT en colaboración con Mendetz, Juan López

+ INFO en www.regionzero.net / Vídeo presentación en https://www.youtube.com/watch?v=fI9-SXtCh84


ARTISTAS.
3º Proxecto de visibilización das obras das alumnas da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo

Exhibición de postais, a disposición do público, das obras participantes neste proxecto promovido pola Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo
Comisariado: Almudena Fernández Fariña e Mar Caldas
Lugar: vestíbulo principal
Datas: a partir do mércores 13 de novembro
Organiza: Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo
Presentación do proxecto ARTISTAS

Coa participación de Anabel G. Penín (directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo), Almudena Fernández Fariña e Mar Caldas (comisarias do proxecto)
Horario: venres ás 20.00
Lugar: salón de actos

O Proxecto ARTISTAS naceu co obxectivo de impulsar en cada promoción o traballo das alumnas que rematan os seus estudos de Grao ou Postgrao na Facultade de Belas Artes. É unha iniciativa destinada a apoiar as mulleres que desexan comezar a súa andaina no campo da arte, facilitando a súa incorporación ao espazo artístico profesional, buscando novas redes de difusión, promovendo e dando visibilidade aos seus traballos.

O alumnado das facultades de Belas Artes está integrado maioritariamente por mulleres, pero este dato invértese posteriormente ao cuantificarse a súa presenza en exposicións, feiras de arte, poxas, dicionarios de artistas, premios, bolsas, etc. Se as cifras se comparan ponse en evidencia un inadmisible desequilibrio. Existen factores sociais, culturais e institucionais que dificultan e mesmo disuaden ás mulleres con inquedanzas artísticas a encamiñar a súa carreira profesional cara ao mundo da arte. Cómpre, polo tanto, emprender accións que corrixan e respondan a esta situación.

O proxecto consolídase nesta 3ª edición dando un paso máis cara aos seus fundamentais obxectivos. As obras, seleccionadas a través dunha convocatoria pública, reprodúcense nunha ampla edición de postais concibidas para ser levadas de balde, colocadas en expositores situados en todos os centros dos tres campus da Universidade de Vigo ademais do MARCO e o CGAC, onde tamén se expoñen as postais e publicacións das dúas edicións anteriores.
Asolagados.
Proxección documental

Coloquio coa participación do director David Vázquez, e Afonso Eiré
Galicia / 2013 / 60 min.
Horario: sábado ás 17.00
Lugar: salón de actos
Equipo ‘Coa auga ó pescozo’: David Vázquez (dirección e montaxe), Luis A. García (son), Humberto Novoa (cámara), Cristina López (produción e promoción)

O documental Asolagados narra o antes e o despois dos pobos e xentes anegados polas augas do río Miño tras a construción do encoro de Belesar en 1963: Abideira, Porto, Castro Candaz, Santa Marta, Pincelo, Ponte Fortes, A Samugueira, San Paio, Mourulle, Portomeñe, A Hermida, Ribó... Gravación de imaxes dos restos das casas, dos fornos, dos hórreos, das adegas, das árbores, das vides… E sobre todo, das dez testemuñas entrevistadas nestes mesmos “paraísos asolagados” que volveron ver a luz no 2011. Imaxes e sons que describen a mudanza dunha parte da paisaxe da Ribeira Sacra e dunhas persoas que se viron obrigadas a reinventar vida e costumes. www.coaaugaopescozo.com

A proxección do documental relaciónase cunha obra do artista Olmo Cuña na exposición VERANEANTES: Solago. Unha investigación que, mediante un exercicio de memoria deformante, se achega ao mito galego de “vilas asolagadas” cun traballo centrado na Illa de Toralla, na Ría de Vigo.
‘1+1 = 11?’.
Obradoiros infantís para público familiar

Para nenos/as a partir de 3 anos sós ou acompañados de persoas adultas
Horario: sábado e domingo de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 20.00
Lugar: Laboratorio das Artes (1º andar)

Nestes meses, o programa educativo do MARCO desenvólvese en paralelo á exposición VERANEANTES, sacando partido dos contidos da mostra e das súas posibilidades didácticas. Cara á festa desta fin de semana amplíase o horario das actividades e talleres para familias, con propostas relacionadas con distintas obras da exposición, e as receitas máis persoais para celebrar o 11º aniversario do MARCO
O estado salvaxe. Espanha 1939.
Performance.
Pablo Fidalgo Lareo

Ciclo ‘Material Memoria’ de artes escénicas e cine [Exposición VERANEANTES]
Horario: venres e sábado, ás 19.30
Lugar: Patio 1 (planta baixa)

Dentro da exposición VERANEANTES, o ciclo ‘Material Memoria’ é un programa de artes escénicas e cine comisariado por Pablo Fidalgo Lareo, que ten lugar cada fin de semana no Patio 1. Este venres e sábado preséntase a performance O estado salvaxe. Espanha 1939, do propio Fidalgo, que se estreou en outubro coincidindo coa inauguración da exposición.

“O estado salvaxe é unha performance creada despois de moitas conversas coa miña avoa. Ela é, ademais, a única actriz da peza. A través de imaxes en súper8 gravadas polo meu avó dende os anos 50 ata os 80, reescribiremos a historia da miña familia, e ao mesmo tempo, a historia de España dende a guerra civil ata os nosos días. É o testemuño dunha muller que leva moito tempo en silencio e que ten un grande desexo de falar, moito que aclarar, moito que reparar. É, sobre todo, un acto de amor lúcido e extremo, un ataque de romanticismo antes de queimar as naves. Nunha carta dirixida ás súas netas, a miña avoa vai tecendo a súa biografía e cuestionándose todo o seu pasado, o seu presente e o seu futuro, nun exercicio de honestidade brutal que arroxa luz sobre o que significa estar vivos hoxe”.
‘11 anos do MARCO’.
Visitas guiadas por salas

Venres, sábado e domingo ás 12.30, 17.30 e 19.00
Lugar: salas de exposición da planta baixa e do 1º andar

Durante toda a fin de semana, o público terá ocasión de percorrer os espazos do MARCO na compaña dos monitores de sala, con visitas guiadas ás exposicións ‘VERANEANTES’ (na planta baixa) e ‘Unha máquina desexa instrucións como un xardín desexa disciplina’ (no primeiro andar).
AAM. Celebrando unha década

Brinde dos Amigos do MARCO acompañado de presentacións, con motivo do 10º Aniversario da Agrupación.
Horario venres ás 21.00.
Lugar: Rotonda central/panóptico (planta baixa)

Coa colaboración de: Adegas Galegas

Neste 2013, a Agrupación de Amigos do MARCO cumpre dez anos dende a súa creación en 2003. Nunha ocasión tan especial, o MARCO abre o espazo do panóptico para un brinde conxunto dos membros da AAM, na compaña do director do MARCO e da presidente da Agrupación, Daniela Sarraino. Un micrófono aberto convida aos asistentes a lembrar e compartir as súas experiencias máis significativas e entrañables e, como fondo, unha proxección das imaxes máis representativas das actividades da Agrupación ao longo destes anos.
Festival Vertixe Vigo’13.
A Caixa Acústica.
Concerto Open End

Vertixe Sonora Ensemble: Diego Ventoso (percusión), Celia Adrián (acordeón)
Horario: sábado ás 23.00
Lugar: MARCO restaurante&café
Horario apertura restaurante&café: venres de 11.00 a 21.00; sábado de 11.00 a 02.00; domingo de 11.00 a 21.00

O Festival Vertixe Vigo’13 continúa as súas actividades dentro da sección A Caixa Acústica, que explora novas formas de concerto e de achegamento á escoita, fóra dos recintos habituais. Nesta ocasión, o lugar elixido é o MARCO restaurante&café, que amplía o seu horario esta fin de semana.

Vertixe Sonora Ensemble: Diego Ventoso (percusión), Celia Adrián (acordeón)

Programa: Ben Hackbarth, Open END, 2007 (vibráfono e electrónica); Toshio Hosokawa, Melodia, 1979 (acordeón solo); João Pedro Oliveira, Vox Sum Vitae, 2011 (vibráfono e electrónica); Sofía Gubaidulina, De Profundis, 1978 (acordeón solo)
PECHA KUCHA Night Vigo. Vol. 3

Presentación de proxectos e iniciativas en formato 20x20
Horario: sábado ás 21.00
Lugar: salón de actos
Organiza: CastroFerro e Indigo arquitectura
http://pechakuchavigo.wordpress.com

Pecha Kucha http://www.pechakucha.org é un formato de presentación nacido en Tokio en 2003 como punto de encontro de novos deseñadores, que hoxe en día se celebra en máis de 700 cidades. Baixo un áxil formato 20x20 (20 imaxes x 20 segundos), e nun ambiente de reunión informal, participantes de múltiples ámbitos creativos presentan os seus proxectos e iniciativas. Agora, Pecha Kucha Night celébrase por terceira vez en Vigo, nesta ocasión coa participación de:

Pilar Alonso (pintura), Shooter Magazine (photomobile magazine), AnsedeQuintáns (arquitectura), Miguel Oliveira (cociña), A&Y (edición vídeo), Jandro Villa (deseño moda), Maya Kapouski (fotografía), Silvia&Guy (estilismo), Enrique Lista (arte), Amil López (nutrición)
Especial Aniversario na tenda-librería RESCRÓMICA

Horario: sábado de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 02.00; venres e domingo de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00

Con motivo da Festa Aniversario, a tenda-librería RESCRÓMICA amplía o seu horario e ofrece descontos nalgúns dos seus artigos (libros, catálogos, obxectos de deseño, agasallos…), ademáis de Sorpresas Especial Aniversario para os seus visitantes.
Descarga:
application/pdf iconOCTAVILLA 11XMARCO.pdf
application/pdf iconNP_FESTA 11º ANIV_gal.pdf
http://www.marcovigo.com/content/festa-aniversario-11xmarco

Príncipe 54 | 36202 Vigo t. +34 986 113 900 f. +34 986 113 [email protected]© 2013 Fundación MARCO

Float by Anton Cabaleiro at MAC. Museum of Contemporary Art. Spain
06/26/2013

Float by Anton Cabaleiro at MAC. Museum of Contemporary Art. Spain

Float by Anton Cabaleiro at the MAC Opening: Thursday, June 27, 2013, at 20:30 h. Exhibition: June 28 to October 13, 2013

KJCC announces special mentions of Region 0! Congratulations!!!
05/21/2013

KJCC announces special mentions of Region 0! Congratulations!!!

The only Evil, by Zoé T. Vizcaíno, 2013, Video HD, 16:9, 5 min 13 sec. Voice: Jonas Mekas, sound excerpt from video diary Jun 17 2007, 365 Day Project.

05/18/2013
05/17/2013

María Cañas (Sevilla, 1972) es una creadora andaluza de enorme talento, creatividad y capacidad de trabajo, dedicada en cuerpo y espíritu a una frenética actividad artística. Su capacidad multitarea e interdisciplinar hacen que sea a la vez artista, productora, gestora, comisaria y crítica de sus pr...

05/17/2013

Más de 80 artistas latinos exhiben en Nueva York su videoarte en el festival Region 0 | USA Hispanic Press

Periodico online al servicio de la comunidad hispana de Estados Unidos | Serving the Hispanic community in the US.

Región 0 le toma el pulso a la videocreación latina!! Artículo en El País, escrito por Andrea Aguilar!! Gracias Andrea!
05/16/2013

Región 0 le toma el pulso a la videocreación latina!! Artículo en El País, escrito por Andrea Aguilar!! Gracias Andrea!

Arranca la segunda edición del festival neoyorquino que proyectará durante más de 80 piezas con la presencia de artistas de 14 países

http://rhizome.org/announce/opportunities/59567/
05/14/2013

http://rhizome.org/announce/opportunities/59567/

Channels festival is calling for single-channel video art works, 10min or less in duration, to be played in a curated screening at the Australian Centre for the Moving Image. Channels is a new international biennial festival based in Melbourne that will showcase Australian and international video ar...

Eli Cortiñas, artist selected in Region 0 has been awarded  the 2014 Villa Massimo grant!!!The Cologne/ Berlin based art...
05/14/2013

Eli Cortiñas, artist selected in Region 0 has been awarded the 2014 Villa Massimo grant!!!
The Cologne/ Berlin based artist, born 1976 in Las Palmas de Gran Canaria, has been awarded the Villa Massimo grant. Established in 1910 and located in the Villa Massimo the fellowship is one of the most important awards offered to German artists. The grant provides a one year residency as well as financial support to mid-career artists who have excelled in Germany and abroad. Previous recipients include Anselm Kiefer, Manfred Stumpf, Thomas Demand, Christian Jankowski. (http://www.villamassimo.de/de)

Eli Cortiñas work can currently be seen at Rokeby, London,The Latino Video Art Festival of New York, video_dumbo NY, From Madonna to Madonna at Domus Artium (DA2), Salamanca, Spain. Later in the year Wilhelm-Hack-Museum, Ludwighafen, Germany will present the artists major work from 2008, Dial M for Mother.

05/08/2013

Tom Finkelpearl is the Executive Director of the Queens Museum of Art. In January, his new book came out from Duke University Press, What We Made: Conversations on Art and Social Cooperation.

Festival Program Day 3. May 18
05/07/2013

Festival Program Day 3. May 18

Address

53 Washington Square S
New York, NY
10012

Alerts

Be the first to know and let us send you an email when Region 0 posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

Share