Lisístrata Asociación

Lisístrata Asociación Concienciar na igualdade e violencia de xénero, poñer en valor a figura feminina e as súas creacións, así como a defensa da cultura e lingua galega.

Grazas Acoruñaxa por facervos eco da nosa actividade
12/09/2026

Grazas Acoruñaxa por facervos eco da nosa actividade

A Escola de Teatro Lisístrata retoma a súa actividade na Capela do Balneario con sesións todos os domingos pola tarde e sen límite máximo de idade

VOLVEMOS CO NOSO   DE   EN  Neste obradoiro, da Escola de Teatro Lisístrata traballaremos a expresión oral e corporal, a...
11/09/2026

VOLVEMOS CO NOSO DE EN

Neste obradoiro, da Escola de Teatro Lisístrata traballaremos a expresión oral e corporal, a arte de interpretar, o verso, a dicción, a comprensión textual, etc. Está dirixido ás persoas maiores de dezaoito anos, sen límite de idade. O noso é un teatro interxeracional, in*******al, multicultural, inclusivo e diverso, tal como é a nosa terra arteixá. A profesora é Diplomada en Arte Dramática.

Terá lugar todos os domingos de 18:00 a 19:30 h. na Capela do Balneario do Concello de Arteixo. Xa comezamos o domingo 03 de setembro e estaremos ata finais de xuño. Aínda estás a tempo, agardamos por ti, apúntate no mail do cartaz ou pásate por alí, é de balde!, serás benvida/o teñas 18 ou 100 anos.

O domingo 28 ás 18:00 h. entraba libre e gratuíta ata completar aforo da Capela do Balneario do Concello de Arteixo. Moi...
22/06/2026

O domingo 28 ás 18:00 h. entraba libre e gratuíta ata completar aforo da Capela do Balneario do Concello de Arteixo. Moitas grazas Acoruñaxa por facervos eco da actuación do alumnado da Escola de Teatro Lisístrata de Lisístrata Asociación

'Finximentos sonoros' reunirá o 28 de xuño na Capela do Balneario alumnado de diferentes idades que participou no obradoiro teatral desenvolvido durante os últimos meses

FINXIMENTOS SONOROS EN ARTEIXONunha época onde todo entra polos ollos, convidámoste a vivir unha experiencia inmersiva ú...
20/06/2026

FINXIMENTOS SONOROS EN ARTEIXO

Nunha época onde todo entra polos ollos, convidámoste a vivir unha experiencia inmersiva única. Ven a desfrutar de , unha sesión de micropezas en vivo, unha experiencia sonora única, directa ao teu corazón. Sintoniza os teus sentidos e prepárate para vivir uns momentos máxicos!

Será o domingo 28 de xuño ás 18:00 h. na Capela do Balneario de , a entrada é libre e de balde ata completar aforo. Celebraremos así o fin de curso da Escola de Teatro Lisístrata onde o alumnado mostrará as súas dotes interpretativas aprendidas no obradoiro que tivo lugar de xaneiro a xuño.

Moitas grazas ao xornal Acoruñaxa pola reportaxe sobre Lisístrata Asociación, aquí a deixamos por se nos queredes coñece...
18/03/2026

Moitas grazas ao xornal Acoruñaxa pola reportaxe sobre Lisístrata Asociación, aquí a deixamos por se nos queredes coñecer máis polo miúdo.

Desde 2011, a asociación traballa en Arteixo con proxectos de cultura galega, igualdade e recuperación de referentes femininos

CARBALLO CONMEMORA O   CON "A HISTORIA EN FEMININO"Estaremos no Concello de Carballo, capital da comarca de  , para conm...
17/03/2026

CARBALLO CONMEMORA O CON "A HISTORIA EN FEMININO"

Estaremos no Concello de Carballo, capital da comarca de , para conmemorar o 8M contando , alí achegará ao público mulleres sobresaíntes e descoñecidas que houbo ao longo da historia. Científicas, guerreiras, inventoras, aventureiras, deportistas, escritoras, músicas… todas teñen cabida nesta historia en feminino.

Esta actividade, encadrada no programa "De landras a Carballos" está organizada pola Concellaría de igualdade e a Concellaría de Normalización Lingüística, coa intención de reforzar os vínculos afectivos e favorecer aprendizaxes significativas desde as primeiras idades.

Porque a invisibilización é un xeito de violencia de xénero, estaremos achegando referentes e visibilizando mulleres borradas da historia o venres 20 de marzo, nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, ás 18:00 h.

INFO👉 https://n9.cl/vf1ey

Igualdade en Galicia 11 de Febrero En negro contra as violencias MUDEGA - Mulleres Deportistas Galegas Mujeres con ciencia

Conmemoramos o   co documental "Urraca, a Raíña Feudal"Neste   8 de marzo de 2026, cando se cumpren 900 anos do aniversa...
11/03/2026

Conmemoramos o co documental "Urraca, a Raíña Feudal"

Neste 8 de marzo de 2026, cando se cumpren 900 anos do aniversario do seu falecemento, lembramos o documental multidisciplinar sobre a , proxecto de Arraianos Producións dirixido por Aser Alvarez Gonzalez no ano 2022, onde deu vida a Urraca.

Feminismo, igualdade, violencia xénero, muller, cultura, galego, memoria histórica, teatro, poesía, oral, narración, premios, Ana Hermida, Arteixo

Grazas Acoruñaxa por facervos eco do   da Escola de Teatro Lisístrata  que organiza Lisístrata Asociación e que imparte ...
10/03/2026

Grazas Acoruñaxa por facervos eco do da Escola de Teatro Lisístrata que organiza Lisístrata Asociación e que imparte todos os domingos na Capela do Balneario do Concello de Arteixo

INFO 👉https://n9.cl/34x63

  DE   EN  A Escola de Teatro Lisístrata nace co fin que fagas, ames e aprendas a desfrutar das artes escénicas. Moitos ...
10/01/2026

DE EN

A Escola de Teatro Lisístrata nace co fin que fagas, ames e aprendas a desfrutar das artes escénicas. Moitos son os beneficios que aporta facer teatro, mellora a axilidade mental, axuda a vencer a timidez, fomenta a creatividade, aumenta a empatía, potencia o mundo das emocións, mellora o desenvolvemento persoal, axuda a relacionarse con outras persoas, favorece a memoria e a psicomotricidade (especialmente nas persoas de idade avanzada), amplía a linguaxe de cada persoa, descubre un novo entorno...

Neste obradoiro traballaremos a expresión oral e corporal, a arte de interpretar, o verso, a dicción, a comprensión textual, etc. Está dirixido ás persoas maiores de dezaoito anos, sen límite de idade.
O noso é un teatro interxeracional, in*******al, multicultural, inclusivo e diverso, tal como é a nosa terra arteixá. A profesora é Diplomada en Arte Dramática.

Este obradoiro terá lugar todos os domingos de 18:00 a 19:00 h. na Capela do Balneario de Arteixo. Comezamos o domingo 11 de xaneiro, apúntate no mail do cartaz ou pásate por alí, é de balde!, serás benvida/o teñas 20 ou 80 anos.

  NO CONCELLO DE   PARA CONMEMORAR O   Viaxamos ao Concello de Miño na  Comarca de  , onde   estará sementando   para o ...
24/11/2025

NO CONCELLO DE PARA CONMEMORAR O

Viaxamos ao Concello de Miño na Comarca de , onde estará sementando para o alumnado de 3º e 4º de primaria do Cpi Castro Baxoi, así, dun xeito divertido e ameno, coñecerán a historia que non está nos libros de texto, a das nosas avoas e bisavoas que ergueron a voz e loitaron para cambiar o mundo. Actividade organizada pola ANPA MIÑO Castro Baxoi para conmemorar o

Será o martes 25 de novembro, no auditorio do Concello, ás 10:30 h.

INFO👉 https://n9.cl/gb13g


En negro contra as violencias Igualdade en Galicia

Endereço

Galiza

Notificações

Seja o primeiro a saber: enviamos-lhe um e-mail quando Lisístrata Asociación publicar novidades e promoções. O seu endereço de e-mail não será utilizado para nenhum outro fim e pode cancelar a subscrição a qualquer momento.

Atalhos

Partilhar