Fundouse no ano 1994. Isto dou lugar a unha asociación cultural, "Os Arxinas", que comprendía grupo de baile, e o grupo tradicional de gaitas, "Os Abrentes". Co paso do tempo desfíxose a "Asociación Cultural Arxina" quedando no seu lugar a "A. Os Abrentes de Cerdedo". A "Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo" foi creada para a conservación, o estudo e a difusión da música tradicional como par
te fundamental da cultura e tradición do pobo galego, centrando o seu estudo na comarca Deza-Tabeirós Terra de Montes. Na actualidade, a "Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo", está integrada por dous grupos, o "Grupo de gaitas tradicionais Os Abrentes de Cerdedo" e a "Charanga Os Abrentes", de formación tradicional.