A.C. Cherinkas

Cómo llegar Página web

A.C. Cherinkas Asoc. cultural de Vimianzo (Costa da Morte) dedicada á realización continua de actividades diversas c

A Muiñada de Vimianzo deu un paso que levaba tempo querendo dar: cruzar por primeira vez as portas do colexio a través d...
15/10/2026

A Muiñada de Vimianzo deu un paso que levaba tempo querendo dar: cruzar por primeira vez as portas do colexio a través da iniciativa 'Levamos a muiñada á escola!', promovida pola A.C. Cherinkas co obxectivo de plantar a semente do arraigo cultural, o respecto polas tradicións e o coidado do patrimonio material e inmaterial desde a primeira infancia.

O alumnado de infantil do CEIP San Vicenzo participou en dúas xornadas sobre os muíños coa AC Cherinkas

Orgullo de xente! 🩵
29/09/2026

Orgullo de xente! 🩵

O Asalto ao Castelo é un dos "casos exemplares" no novo libro da Cultura da Deputación da Coruña "Cultura coas persoas no centro".

O noso festival é unha das "referencias significativas e inspiradoras para comprender o impacto social e comunitario da cultura". E é que o Asalto ao Castelo facémolo man a man, un festival veciñal que acolle e que nunca pode perder esa esencia, que fixo que unha festa social se transformase na identidade de todo un pobo.

Podedes descargar o libro aquí: https://www.dacoruna.gal/files/4617/7804/7564/WEB_Libro_Cultura_coas_persoas_no_centro.pdf?fbclid=IwY2xjawT5Xz5wZG9mAWV4dG4DYWVtAjEwAGJyaWQRMWlvUnB3RW1oUVNRejFTR1JzcnRjBmFwcF9pZBAyMjIwMzkxNzg4MjAwODkyAAEe9-6NGaTZeNrSncG7TwI67rSoOdso-zQEnBkv55gwOvf56DOZTIbGFHnZ6CE_aem_lAr3e3SBJcO5rzvqv-3oiA

A.C. Cherinkas Concello de Vimianzo

Para poder ser máis autónomos nas nosas actividades e mellorar a calidade do noso traballo, este ano reforzamos o invest...
15/03/2026

Para poder ser máis autónomos nas nosas actividades e mellorar a calidade do noso traballo, este ano reforzamos o investimento en equipamento tecnolóxico grazas á Cultura da Deputación da Coruña 💪

Lembrade que o sábado imos falar do Asalto ao Castelo de Vimianzo na Casa da Cultura, pero tamén o día antes, o venres h...
15/01/2026

Lembrade que o sábado imos falar do Asalto ao Castelo de Vimianzo na Casa da Cultura, pero tamén o día antes, o venres hai unha proposta interesante, que vos deixamos aquí 👇

🌊ESCORA 🌊 vai voltar a Vimianzo e queremos arrincar o 2026 con un convite especial. O próximo venres 16 de xaneiro ás 18:00h imos xuntarnos na casa da cultura para elixir a programción desta nova edición.

Levaremos preparada unha selección de artistas para presentarvos e falar do seu traballo. O obxectivo é abrir un debate sobre as propostas que máis vos interesen para que o programa de ESCORA 2026 sexa máis rico e se achegue á realidade do voso territorio.

⚠️Non é preciso ter ningún coñecemento previo en danza contemporánea, só ganas de compartir, debatir e imaxinar en colectivo. Todas as persoas son benvidas!

Un saúdo 🌱

Cultura da Deputación da Coruña

Gustaríache estar dentro do festival? Falamos de como vai ser o próximo Asalto, xuntámonos para pensar, mellorar, e soña...
09/01/2026

Gustaríache estar dentro do festival?

Falamos de como vai ser o próximo Asalto, xuntámonos para pensar, mellorar, e soñar coa 29 edición do Asalto.

Procuramos xente nova que axude a que non se apague o lume irmandiño! 🔥

Tes algunha idea que che gustaría levar a cabo? Coñeces alguén que queira axudar, pero que non se atreve a dar o paso?

Coidado, vivir o Asalto desde dentro engancha! 😳

📆 Sábado 17 de xaneiro de 2026
🕙 12h
🎭 Casa da Cultura de Vimianzo. Sala de reunións.

Últimas prazas para inscribirse! ⚽️🌟O clásico maratón de fútbol 3x3 volve o 26 de decembro ao pavillón de Vimianzo, e xa...
12/12/2025

Últimas prazas para inscribirse! ⚽️🌟

O clásico maratón de fútbol 3x3 volve o 26 de decembro ao pavillón de Vimianzo, e xa estás tardando para participar! 👇

Que orgullo compartir panel coa Foliada da Fonsagrada, o Ponte Farruca e a Ruada das Gotas!A Muiñada de Vimianzo chega a...
25/11/2025

Que orgullo compartir panel coa Foliada da Fonsagrada, o Ponte Farruca e a Ruada das Gotas!

A Muiñada de Vimianzo chega ao Culturgal Feira das Culturas Galegas como exemplo de festival transformador. 💛

Grazas ao MUMi polo convite!

Chegou o momento!!
16/10/2025

Chegou o momento!!

03/10/2025

Xa te podes anotar! 📝

🌳 Unha ruta teatral polas terras de Sanfíns dentro dun ambiente de Roldiña (denominación autóctona para a Santa Compaña) ambientado na metade do século XX.
A intención da obra é provocar no visitante ese contraste entre o que se relata e o que ve. Un mundo imaxinario, de incuestionable realidade na cabeza do Señor Eduardo, confrontado cunha paisaxe abandonada.

📅 Sábado 18 de outubro.
🕗 Reserva 👉 https://www.cherinkas.org/inscríbete-na-ruta-teatral-da-x-muiñada
⚠️ Prazas limitadísimas!

🌽
A.C. Cherinkas Concello de Vimianzo
Ac Trubisquiña Vimianzo Cultura da Deputación da Coruña

Xa temos o cartaz completo da décima Muiñada de Vimianzo! 🎟️ Xa á venda as entradas para a sesión vermú e noite do sábad...
22/09/2025

Xa temos o cartaz completo da décima Muiñada de Vimianzo!

🎟️ Xa á venda as entradas para a sesión vermú e noite do sábado!! 👉 https://woutick.com/es/entradas/muinada-de-vimianzo-2025

💥🌽 Dez anos si que son Muinhada!!

A décima edición da antropofesta de Vimianzo xa está aquí!

🗓️ Foliada, Ruta de sendeirismo teatral, visitas, concertos, gastronomía tradicional, xogos, o afamado campionato de debullada de millo, obradoiro de baile… Aquí tedes case todo o programa, porque faltan as sorpresas!

E a música de Paracetafolk, Benofán Charanga, Bouba, Ringorrango, A Banda das Crechas e OMIRI

🎟️ Xa á venda as entradas para a sesión vermú e noite do sábado!! 👉 https://woutick.com/es/entradas/muinada-de-vimianzo-2025

Longa vida aos muíños!! 💛🔥

🌽

Organizan:
A.C. Cherinkas
Colaboran:



Dirección

Vimianzo
15129

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando A.C. Cherinkas publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir