Asalto ao Castelo de Vimianzo

Asalto ao Castelo de Vimianzo O Asalto ao Castelo trae ao presente o espírito das revoltas irmandiñas do século XV.

Unha Festa de Interese Turístico de Galicia onde se mestura o teatro coa música, a gastronomía, e, sobre todo, o asociacionismo. O Asalto recrea as Revoltas Irmandiñas que tiveron lugar en toda Galicia e, particularmente, no Castelo de Vimianzo no século XV, momento no que o pobo se ergueu contra o poder abusivo dos señores feudais. Trasladando estas revoltas ao presente, o Asalto ofrece un amplo

abano de personaxes e situacións que dalgunha maneira simbolizan as inxustizas do mundo moderno e amosan os problemas do mundo actual. A representación adoita realizarse en clave de humor e conta sempre coa participación activa do público. Os asistentes convértense en asaltantes e comparten escena coa persoa guerreira, meiga, defensores e todos aqueles personaxes que se vaian creando para cada edición en historias diferentes. Estes personaxes guían aos participantes nun percurso físico cara ao castelo, onde se realiza a toma simbólica do mesmo. O espectador pasa a sentirse un irmandiño máis, levándoo a vivir unha aventura fascinante: deixarase hipnotizar pola meiga, usará fachos para alumear o camiño, levará un ariete para romper a porta da fortaleza, loitará contra os defensores con globos de auga como única arma e deixarase encantar por cada un dos feitos que acontezan. A representación teatral supón o eixo da festa no que se encaixan os concertos da noite, todos grupos de estilo étnico onde non pode faltar o folk. Porén, ao longo de todo o día os que se acheguen a Vimianzo teñen un grande repertorio de actividades ás que acollerse. Ademais do Asalto, durante todo o día hai actividades paralelas para pequenos e maiores, ambientadas, por suposto, na Idade Media. Entre elas destaca a gastronomía, cos Pinchos Irmandiños (tapas do século XV na hostalería local). En definitiva, esta é a festa do Asalto ao Castelo, a festa dos Irmandiños. Unha festa referente no país e diferente ás demais feiras históricas: feita polo pobo e na que ninguén se sente estranxeiro.

27/05/2026

Se nunca viñestes ao Asalto, este vídeo é para ti.

Se xa viñestes, tamén, porque hai moita novidade e non colle no típico top 3.

📅 Do 22 de xuño ao 5 de xullo Vimianzo é onde hai que tar!

🕦 Horarios e programa completoo!

👉 asaltoaocastelo.gal

ENTRADAS DA CEA MEDIEVAL 👇Reunirse no foso do castelo de noite, á luz do lume e comendo alimentos anteriores ao descubri...
25/05/2026

ENTRADAS DA CEA MEDIEVAL 👇

Reunirse no foso do castelo de noite, á luz do lume e comendo alimentos anteriores ao descubrimento de América. Exclusivo e único! ✨

A capacidade é moi limitada, e por iso as entradas son escasas, así que tes que estar atento/a para conseguilas!

Despois do prazo para patrocinadoras e voluntariado, agora ábrese o cupo do público xeral.

CANDO?

📆 Xoves 28 de maio.
🕙 10h00
🎟 woutick.es / asaltoaocastelo.gal

É a mesma plataforma onde podes conseguir xa a túa entrada para os concertos e para a representación do Asalto!

25/05/2026
En 1996 naceu este festival. Trinta anos despois, aquí seguimos co mesmo espírito rebelde. 🔥Presentamos a 29 edición do ...
21/05/2026

En 1996 naceu este festival. Trinta anos despois, aquí seguimos co mesmo espírito rebelde. 🔥

Presentamos a 29 edición do Asalto ao Castelo de Vimianzo, Festa de Interese Turístico de Galicia e organizada por voluntariado sen ánimo de lucro.

📅 Do 22 de xuño ao 5 de xullo Vimianzo énchese de actividade irmandiña, con grandes novidades como sesións de divulgación histórica, os dous días de festival con máis grupos, unha potente sesión vermú o sábado, ou os dous eventos do Festival Atlántica no castelo e no castro das Barreiras.

Non faltan grandes fitos como os Pinchos Irmandiños, a Legua Irmandiña (X edición), a Feira Artesanal, o Asaltiño, a Historia Dramatizada do castelo, as Irmandades parroquiais da Terra de Soneira ou a Cea Medieval, para a que se abrirán as entradas ao público xeral o 28 de maio.

ℹ️ Pero hai moito máis, o programa completo xa está dispoñible en asaltoaocastelo.gal

Mención especial para o cartel que hoxe revelamos de .ca que nos leva a soñar utopías, despegando con forza desde a terra. ☁️✊

🙌 Grazas a todas as persoas que facedes posible o Asalto. Lume!!

📷 Uxía Bello / JM Ferreiro

A.C. Cherinkas AXVALSO Concello de Vimianzo
Axencia Galega das Industrias Culturais Cultura da Deputación da Coruña Estrella Galicia Terra de Soneira C.D.

💥 𝑷𝒓𝒐𝒈𝒓𝒂𝒎𝒂 𝒄𝒐𝒎𝒑𝒍𝒆𝒕𝒐❗ 📣 Descubre o 29 Asalto ao Castelo! ✊☁️🔥Xa podes coñecer todo o programa e o cartaz por días 👉 https...
21/05/2026

💥 𝑷𝒓𝒐𝒈𝒓𝒂𝒎𝒂 𝒄𝒐𝒎𝒑𝒍𝒆𝒕𝒐❗ 📣

Descubre o 29 Asalto ao Castelo! ✊☁️🔥

Xa podes coñecer todo o programa e o cartaz por días 👉 https://asaltoaocastelo.gal

🎟️ Consigue xa as túas entradas antes de que voen! 👉 https://woutick.com/es/entradas/asalto-ao-castelo-vimianzo-2026


🗓️ 3 e 4 de xullo 🔥
📍 Vimianzo 🏰

A.C. Cherinkas AXVALSO Concello de Vimianzo
Estrella Galicia Cultura da Deputación da Coruña Axencia Galega das Industrias Culturais Cultura de Galicia

A gran festa irmandiña da Costa da Morte xa está aquí. O Asalto ao Castelo é moito máis que un festival: é historia, identidade e comunidade, organizada con pai

1 DÍA para descubrir o PROGRAMA COMPLETO do XXIX Asalto ao Castelo! 🔥Non só temos concertos e lume, hai toda unha progra...
20/05/2026

1 DÍA para descubrir o PROGRAMA COMPLETO do XXIX Asalto ao Castelo! 🔥

Non só temos concertos e lume, hai toda unha programación detrás para pequenas e pequenos, para xente de todas as idades, cultural, deportiva, gastronómica, divulgación histórica, literario, teatral...

Que ganas de desvelar todo! ⌛

18/05/2026

Vive a Revolta! 🔥
O festival máis tolo de Vimianzo une un bo exército irmandiño 👇

Che Sudaka DAKIDARRÍA De Ninghures
ETS Festicultores Troupe - Cultivadores de Festas Los de Marras
Tapa D'Orella Quinkillada Ulex La Yaya Dj

Agora faltas ti!

📆 3 e 4 de xullo
🎟️ Consigue as túas entradas en asaltoaocastelo.gal

A.C. Cherinkas AXVALSO Concello de Vimianzo
Axencia Galega das Industrias Culturais Cultura da Deputación da Coruña Estrella Galicia

🔥 Xa somos 1/3 da revolta.🎟️ Levamos dúas edicións consecutivas de sold out… así que asegura xa a túa entrada antes de q...
15/05/2026

🔥 Xa somos 1/3 da revolta.

🎟️ Levamos dúas edicións consecutivas de sold out… así que asegura xa a túa entrada antes de que voen.

👉 asaltoaocastelo.gal

06/05/2026

Aínda había sitio para sorpresas…

No Asalto imos servir e seguro que che ha de gustar. 😏

🎟️ asaltoaocastelo.gal


🗓️ 3 e 4 de xullo 🔥
📍 Vimianzo 🏰

AXVALSO

Dirección

Camino Del Campo De Fútbol
Vimianzo
15129

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asalto ao Castelo de Vimianzo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir