13/04/2026
I XORNADA SOBRE IDADISMO E LONXEVIDADE
O xoves día 16 de abril vaise levar a cabo a I Xornada sobre Idadismo na Casa de Cultura de Baión-Vilanova de Arousa.
Esta xornada faise debido a que se está desenvolvendo na entidade un programa de Envellecemento Activo no que participan unhas 50 persoas de Vilanova de Arousa e concellos da contorna, que veñen asistindo tódalas tardes de luns a venres.
Durante o desenvolvemento das sesións, detectamos graves problemas de idadismo entre os participantes, polo que o consideramos un problema que atinxe á sociedade en xeral.
Polo tanto, organizamos unha Xornada de Idadismo e Lonxevidade, no que participarán persoas e institucións que dalgunha maneira poden estar relacionadas con este tema, tratando de aportar solucións a este fenómeno.
Asistirán: centros educativos, o concello, as administracións, técnicos e profesionais sanitarios, asociacións civís e voluntariado da propia entidade.
📆16 de abril de 2026
⏱️ 9:00h
📍Casa de Cultura de Baión