13/10/2026
🛍️ Xa está aquí o Desfile do Comercio de Vilalba!
Este sábado, 17 de outubro, temos unha cita no Auditorio Carmen Estévez para desfrutar dunha tarde na que o comercio local será o protagonista.
✨ Descubriremos as novidades e tendencias da tempada outono-inverno dos establecementos participantes, acompañadas de música, baile, actuacións e moitas ganas de pasalo ben.
🎟️ Ademais, durante o evento celebraremos un dos sorteos da campaña Volta ao Cole, con dous vales de compra de 250 € en xogo. Un sortearase presencialmente durante o desfile e o outro entre todas as participacións válidas recollidas durante a campaña.
📅 Sábado, 17 de outubro
🕖 Ás 19:00 h.
📍 Auditorio Carmen Estévez de Vilalba
Agardámoste para apoiar o comercio local e compartir unha tarde moi especial! 💚