Asociación Pesdebarro

Asociación Pesdebarro A asociación que botamos a andar naceu a raíz da nosa inquedanza pola aprendizaxe e divulgación d

🎻🔥 COMEZA A CONTA ATRÁS PARA O FOLK NO ALOBRE! 🔥🎻Este ano celebramos unha data moi especial: a X edición dun festival qu...
16/06/2026

🎻🔥 COMEZA A CONTA ATRÁS PARA O FOLK NO ALOBRE! 🔥🎻

Este ano celebramos unha data moi especial: a X edición dun festival que xa é referente da música e da cultura popular en Vilagarcía. 💙

Nas próximas xornadas iremos desvelando os grupos e artistas que encherán de música, tradición e festa o Alobre, así que permanecede atentos porque aínda quedan moitas sorpresas por anunciar. 👀🎶

E nesta edición de aniversario haberá novidades moi especiais:
🐙 Polbeira
🥨 Rosquilleira
🧺 Feira de Artesanía
🎯 Xogos Tradicionais

Dez anos facendo comunidade arredor da nosa música, da nosa cultura e das nosas tradicións. E isto non fixo máis que comezar!

ContaAtrás FolkNoAlobre2026 OrgulloDePaís FeitoEnGaliza

14/06/2026
Este sábado 13 de xuño o Parque do Piñeiriño será un lugar para atoparnos, compartir tempo coa veciñanza e desfrutar dun...
08/06/2026

Este sábado 13 de xuño o Parque do Piñeiriño será un lugar para atoparnos, compartir tempo coa veciñanza e desfrutar dunha xornada feita entre moitas mans.

Ao longo do día haberá unha programación variada con música, baile, propostas para as crianzas... Un programa pensado para pasar un bo rato, coñecer xente e seguir fortalecendo os lazos que fan barrio.

A I Foliada do Piñeiriño, organizada por , nace coa idea de crear espazos de encontro arredor da cultura popular, o compañeirismo e o bo ambiente. Unha ocasión para participar, aprender, conversar ou simplemente achegarse e g***r do que vaia xurdindo.

E, como toda boa foliada, rematara compartindo música, cantos e baile nunha foliada aberta a quen queira sumarse.

Grazas a todas as persoas, colectivos, entidades e negocios que colaboran para facer posible esta primeira edición. Vémonos no Piñeiriño.

💚🎶🌿

📅 O Folk no Alobre xa ten data: será o vindeiro 5 de xullo de 2026. Unha xornada para g***r da música, da tradición e do...
01/06/2026

📅 O Folk no Alobre xa ten data: será o vindeiro 5 de xullo de 2026. Unha xornada para g***r da música, da tradición e do mellor ambiente nun lugar único. Vai preparando as ganas porque estamos desexando compartir esta festa con todas e todos vós!

✍️ Gárdao xa na axenda e marca a data ben grande: 5 de xullo. Non deixes que se che esqueza, porque o Folk no Alobre volve con moita ilusión e queremos verte alí formando parte desta celebración. 🎶💙



.abade @

De "resaca" foliadeira logo da nosa      "Foliada do 25 de abril!!!" Fermosa xornada de baile, música, lecer e sobre tod...
26/04/2026

De "resaca" foliadeira logo da nosa "Foliada do 25 de abril!!!"
Fermosa xornada de baile, música, lecer e sobre todo convivencia con xentiña moi fermosa!!!
Iremos subindo máis fotos e vídeos... Pero antes, como sempre, o que para nós é tan importante como todo o anterior: imaxe do noso "torreiro" limpiño!!!
Coidar os espazos e os entornos, manter o público como se fose noso tamén é revolución!
25 de Abril, sempre!

Este sábado na Praza da Peixería:🕖 19h Obradoiro de Baile Galego Solto🕘 21h Foliada de AbrilCoincidindo co 25 de Abril á...
25/04/2026

Este sábado na Praza da Peixería:
🕖 19h Obradoiro de Baile Galego Solto
🕘 21h Foliada de Abril

Coincidindo co 25 de Abril ás 21h, cantaremos xuntas e xuntos a “Grândola, Vila Morena”.

Anímaste a vir ao obradoiro, quedar na foliada e compartir esta festa de música, baile e liberdade? 🎶🌸

🎶 Foliada de Abril en Vilagarcía con espírito solidarioMañá sábado 25, a Praza da Peixería acolle a primeira Foliada de ...
24/04/2026

🎶 Foliada de Abril en Vilagarcía con espírito solidario

Mañá sábado 25, a Praza da Peixería acolle a primeira Foliada de Abril, organizada por Pésdebarro. Unha xornada de música e baile tradicional… e tamén de solidariedade 💛

👉 Haberá recollida de alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos (leite, aceite, conservas, pasta, legumes…).

🕖 19:00 – Obradoiro de baile galego con Rosa do Pombal
🕘 21:00 – Foliada libre solidaria

Un plan para desfrutar, participar e botar unha man a quen máis o precisa.
💬 Achégate, baila… e se podes, trae algo para doar!

🔥 Últimas prazas dispoñibles!Se aínda estabas pensando en anotarte ao Obradoiro de Construción de Pandeiro deste domingo...
09/04/2026

🔥 Últimas prazas dispoñibles!
Se aínda estabas pensando en anotarte ao Obradoiro de Construción de Pandeiro deste domingo na Casiña de Lobeira, este é o momento!

🎶 Volven os pandeiros a Lobeira!
O domingo 12 de abril, de 10:00 a 14:00 h, aprenderemos a facer un pandeiro da man de Xosé Lois Lucio, un referente da percusión tradicional.
✨ Cada participante levará o seu propio instrumento para a casa!

🥗 Ao remate, teremos xantar de convivio.
🥁 E pola tarde… foliada aberta, para tocar, cantar e bailar todas xuntas e xuntos.

💶 Aportación:

75 € socias
85 € non socias

📞 Inscricións e info:
630 291 436 · 692 646 068
📧 [email protected]

Organiza: Pésdebarro
🌿 Cultura · Artesanía · Comunidade

🎶 Foliada de Abril na Praza da Peixería! 🎶📅 Sábado 25 de abril📍 Vilagarcía de ArousaEste 25 de abril enchemos a Praza da...
06/04/2026

🎶 Foliada de Abril na Praza da Peixería! 🎶
📅 Sábado 25 de abril
📍 Vilagarcía de Arousa

Este 25 de abril enchemos a Praza da Peixería de música, baile e solidariedade coa primeira edición da Foliada de Abril, organizada por Pésdebarro.

🕖 19:00 – 21:00
👉 Obradoiro de Baile Galego Solto con Rosa do Pombal.
Perfecto para quen quere aprender, mellorar ou simplemente pasalo ben bailando o noso.

🕘 21:00
👉 Foliada Libre Solidaria
Música tradicional en directo, participación aberta e moito bo ambiente. Trae o teu instrumento, as túas ganas de bailar… ou simplemente de g***r!

🤝 Colabora!
Recolleremos alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos. Pequenos xestos que axudan moito.

Vén celebrar a nosa cultura, compartir, bailar e facer comunidade. Agardámoste! 💛🎻💃🏽

Dirección

Villagarcía De Arosa

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asociación Pesdebarro publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Asociación Pesdebarro:

Compartir