Asociación Raíña Paraíso

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Asociación Raíña Paraíso Asociación sen ánimo de lucro, para a xeración de alternativas laborais no eido rural a través da agricultura ecolóxica. https://raiña.org

📢 OFERTA DE EMPREGO EN VILASANTAR!Desde a Asociación Raíña buscamos incorporar ao noso equipo un/ha profesional da psico...
30/10/2026

📢 OFERTA DE EMPREGO EN VILASANTAR!

Desde a Asociación Raíña buscamos incorporar ao noso equipo un/ha profesional da psicoloxía para desenvolver accións de acompañamento e apoio no marco dun Programa de Cooperación.

🔹 Requisitos:

* Titulación en Psicoloxía.
* Experiencia ou formación en intervención psicosocial (valorarase).
* Compromiso coas persoas e co traballo en equipo.
* Boas habilidades comunicativas e de escoita.

💚 Ofrecemos a oportunidade de incorporarse a un proxecto de cooperación, nun ambiente colaborativo e multidisciplinar, con formación continua.

📩 Se estás interesado/a, envíanos o teu CV ou contacta connosco en:

[email protected]

⚠️ Incorporación suxeita ás condicións do Programa de Cooperación.

Agardámoste! 💙

Cooperación IntervenciónPsicosocial TraballoSocial

🔧 Hoxe comezamos o curso de Iniciación á Carpintería Metálica!Damos o primeiro paso nunha nova formación da man de Tino,...
06/10/2026

🔧 Hoxe comezamos o curso de Iniciación á Carpintería Metálica!

Damos o primeiro paso nunha nova formación da man de Tino, formador da Fundación Laboral de la Construcción Galicia , que será o encargado de acompañar ao grupo durante este percorrido.

📚 Unha formación financiada pola Deputación da Coruña que permitirá adquirir novos coñecementos e habilidades neste ámbito profesional.

💪 Moita sorte e moito ánimo a todas as persoas participantes! Comezamos! 🔨✨

04/10/2026

💬 E se antes de buscar a resposta en internet, lla preguntamos a quen xa a viviu?

As persoas maiores gardan algo que non se aprende nos libros: experiencia, vivencias, aprendizaxes e historias de toda unha vida. ❤️

No programa COMPANIO, quixemos darlles voz para que compartisen coas novas xeracións algúns deses consellos que só poden nacer da experiencia.

Porque detrás de cada persoa maior hai unha historia, moito aprendido e moito que transmitir.

👵🏼👴🏼 Escoitalos é aprender. Preguntarlles é valorar. Compartir con eles é enriquecernos.

👉 Busquemos nas persoas maiores a información que non aparece en Google: a que nace de ter vivido.

Xeracións MemoriaEVivencias

🔧 NOVO CURSO DE FORMACIÓN! 🔧Desde Asociación Raíña poñemos en marcha unha nova formación do Programa Rural e Lóxico VII:...
23/09/2026

🔧 NOVO CURSO DE FORMACIÓN! 🔧

Desde Asociación Raíña poñemos en marcha unha nova formación do Programa Rural e Lóxico VII:

🛠️ Iniciación á Carpintería Metálica

Unha oportunidade para adquirir novos coñecementos e habilidades prácticas, achegándose a un sector con posibilidades de formación e inserción laboral.

📅 Inicio: 6 de outubro de 2026
📍 Lugar: Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar

📞 Máis información: 693 474 500 / 677 924 873
📧 [email protected]

🌱 Unha formación organizada por Asociación Raíña, impartida pola Fundación Laboral da Construción de Galicia e financiada pola Deputación da Coruña.

FormaciónParaOEmprego Rural Emprego DeputaciónDaCoruña FundaciónLaboralDaConstrución

📚✨ Rematamos a parte teórica do curso de Atención Sociosanitaria!A semana pasada puxemos o punto final á parte teórica d...
17/09/2026

📚✨ Rematamos a parte teórica do curso de Atención Sociosanitaria!

A semana pasada puxemos o punto final á parte teórica do curso de Atención Sociosanitaria, impartida por Pilar Estévez, da man de FESAN.

Foi unha etapa de aprendizaxe, formación e preparación para afrontar con ilusión a seguinte fase: as prácticas profesionais. 💪💜

Queremos agradecer especialmente a Pilar Estévez e a FESAN polo seu acompañamento e dedicación ao longo desta formación.

E, por suposto, desexámoslles ás nosas participantes unhas boas prácticas, cheas de aprendizaxes e novas experiencias, e moita sorte nesta nova etapa. 🍀

💼 Oxalá este sexa o primeiro paso cara a unha pronta inserción laboral e a novas oportunidades profesionais.

👏 Moito ánimo, rapazas! Estamos moi orgullosas de vós! 💜

🧠 Aprender para previr e saber actuarHoxe, desde a Asociación Raíña, asistimos a unha charla informativa sobre o dano ce...
15/09/2026

🧠 Aprender para previr e saber actuar

Hoxe, desde a Asociación Raíña, asistimos a unha charla informativa sobre o dano cerebral adquirido, con especial atención á detección do ictus e á importancia de recoñecer os seus sinais para poder actuar canto antes.

Tivemos ademais uns acompañantes moi especiais: os maiores do programa Compañío, cos que compartimos este espazo de aprendizaxe e encontro. ❤️

Moitas grazas a Dano Cerebral Galicia por achegarnos información tan valiosa e necesaria e polo seu traballo de sensibilización e acompañamento. Grazas ao Concello de Vilasantar por facelo posible.

Porque informarnos, previr e saber actuar tamén é coidarnos. 🌱

Compañío EnvellecementoActivo Saúde Comunidade

📚✨ Verbas compartidas, o blogue do Club de Lectura de Asociación RaiñaUn espazo para compartir lecturas, palabras, refle...
15/09/2026

📚✨ Verbas compartidas, o blogue do Club de Lectura de Asociación Raiña

Un espazo para compartir lecturas, palabras, reflexións e, sobre todo, o gusto por falar de libros. 💬📖

Se che gusta ler, descubrir novas historias e compartir opinións con outras persoas, anímate a participar en Verbas compartidas! 💜

Porque unha lectura pode ser aínda máis especial cando se comparte.

👉 Descobre o blogue e achégate ás nosas propostas:
https://verbascompartidas.blogspot.com/?m=1

Lemos, compartimos e facemos comunidade arredor dos libros. 📚❤️

Hai días que forman parte de nós.Días para volver a atoparnos, para compartir mesa, conversacións, risas e lembranzas. D...
19/08/2026

Hai días que forman parte de nós.

Días para volver a atoparnos, para compartir mesa, conversacións, risas e lembranzas. Días que pasan unha vez ao ano, pero que gardamos todo o ano no corazón.

Este sábado, 22 de agosto, volvemos celebrar a nosa Festa de Raíña. Unha festa feita de xente, de encontros e de moitos momentos compartidos ao longo dos anos.

Ás 13:00 h, celebraremos a Eucaristía e, despois, compartiremos o tradicional xantar de merendas para continuar a festa xuntos.

Hai mesas e cadeiras, pero tamén podes traer a túa ou unha manta e simplemente vir con ganas de compartir.

Porque Raíña tamén é isto: volver xuntarnos e celebrar que seguimos aquí.

Esperámosvos.
Festa de Raíña · Sábado 22 de agosto

✨ Hai unha semana tivemos a sorte de asistir á visualización dun adianto da entrevista que  lle realizou á nosa compañei...
10/07/2026

✨ Hai unha semana tivemos a sorte de asistir á visualización dun adianto da entrevista que lle realizou á nosa compañeira Milagros Quintela, participante do Programa Companio.

Foi unha emocionante estrea previa, xa que a presentación oficial deste traballo chegará máis adiante. Un momento moi especial no que puidemos comprobar o poder das historias reais e da voz das mulleres do rural.

Queremos agradecer a FADEMUR Galicia por impulsar iniciativas tan necesarias como Mapeando Igualdade no Rural, que dan visibilidade ás experiencias, retos e logros das mulleres dos nosos pobos. E un agradecemento moi especial a Ángeles da Maristela por convidarnos a formar parte deste encontro.

E, por suposto, a nosa máis sincera noraboa a Milagros pola súa valentía e xenerosidade ao compartir a súa experiencia vital. O seu testemuño é un exemplo de superación, participación e do valor que teñen as persoas para construír comunidades máis humanas e igualitarias. 💜

MedioRural InclusiónSocial Galicia

Hoxe, en Raíña tendemos ponte coa cidade de Ourense, compartindo con adolescentes de centros de menores experiencias rea...
16/06/2026

Hoxe, en Raíña tendemos ponte coa cidade de Ourense, compartindo con adolescentes de centros de menores experiencias reais de emprego inclusivo 🤲🏻

Damos gracias de corazón á , a Ana de por contar connosco e permitir este encontro, a todo equipo educativo do centro e sobre todo, ao grupo de rapazada que acudiu.

Levamos o corazón repletiño de amor 🧡

Dirección

Escola De Agricultura Ecolóxica; A Mates S/n
Vilasantar
15807

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 18:00
Martes 08:00 - 18:00
Miércoles 08:00 - 18:30
Jueves 08:00 - 18:30
Viernes 08:00 - 18:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asociación Raíña Paraíso publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Asociación Raíña Paraíso:

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos