Adro de Vilaño

Adro de Vilaño Asociación Cultural Adro de Vilaño (A Laracha) Asociación Cultural Adro de Vilaño. Nacemos no 2015 cun obxectivo claro. Comezamos con forza, temos moitas ganas.

Facer algo distinto á tradicional comisión de festas. Nun enclave enriquecido polo río Anllóns, cas súas ribeiras, paseos e muiños, en Vilaño somos históricamente coñecidos pola Via Romana que atravesa a vila; polo relicario atopado fai apenas 20 anos, o cal data do século IV; ou pola manchea de castros que se atopan nos nosos campos, como é o Castro de Montesclaros, moi coñecido nesta comarca. Ma

lia a importancia da Historia, no pobo debemos vivir do presente, e iso é no que a nova Asociación Cultural Adro de Vilaño se quere centrar. ¿E qué mellor que empezar por facer unhas boas festas onde vernos todos e desfrutarnos entre nós? Pero non quedaremos aí, os nosos obxectivos son ambiciosos. Contamos Contigo!!

💥 Último confirmado 💥🎧 Borja Solla é xa unha figura imprescindible no Vilaño Fest, estando presente en todas as súas edi...
26/06/2026

💥 Último confirmado 💥

🎧 Borja Solla é xa unha figura imprescindible no Vilaño Fest, estando presente en todas as súas edicións. 🙌 Co paso dos anos, converteuse nun dos artistas máis queridos ❤️ e aclamados da zona, pola conexión real 🔥 que consegue co público en cada actuación.

🎶 O seu estilo caracterízase por sets centrados no reggaetón, especialmente influenciados polo son de 2018 📀, unha etapa clave do xénero que Borja reinterpreta con frescura ✨ e potencia. Ao longo da súa carreira, compartiu cabina con artistas de referencia como J Quiles 🎤, reforzando a súa presenza dentro do panorama urbano.

📲 Na actualidade, é un dos DJs galegos máis virais en redes sociais 🚀, e a súa música ten un alcance global 🌍 grazas á súa record pool "Extended Latino", sendo pinchada por DJs de todo o mundo. 🌎🎧

✈️ A súa música xa soou en cidades e países como Madrid, Londres, Portugal, México, Marrocos ou Italia 🌍, levando a súa esencia máis alá das fronteiras e demostrando que o seu proxecto segue en plena expansión. 📈

💛 Borja Solla non é só un DJ habitual no Vilaño Fest: é parte da súa identidade. 🎉🎵

Adro de Vilaño
🌱 Comunidade. Cultura. Movemento 🫀

💥 Sexto artista confirmado:  💥XMASEDA65, natural de Viveiro 🌊, é unha das voces máis destacadas da nova xeración da esce...
12/06/2026

💥 Sexto artista confirmado: 💥

XMASEDA65, natural de Viveiro 🌊, é unha das voces máis destacadas da nova xeración da escena urbana galega 🎤

Dende que publicou o seu primeiro tema no 2019 🎶, foi construíndo unha identidade artística propia que o levou a consolidarse como un dos artistas con maior proxección do panorama galego 🚀, acumulando milleiros de oíntes e unha conexión cada vez máis forte co público

Co álbum PONTES 🌉 marcou un punto de inflexión na súa carreira, combinando influencias do hip-hop e do trap cunha faceta máis persoal e emocional.

Agora, con 6 a.m.ORES 🌅, abre unha nova etapa na que experimenta con sons máis dinámicos, melódicos e comerciais sen perder a súa esencia

Neste novo EP 💿, XMASEDA65 explora o amor ❤️ desde distintas perspectivas, mesturando vulnerabilidade e enerxía nun proxecto íntimo e ambicioso que confirma a súa evolución artística

A súa capacidade para conectar coa xente, tanto nos temas máis emocionais como nos directos máis intensos 🔥, convérteno nun dos nomes chamados a marcar o futuro da música urbana galega ✨

Adro de Vilaño
🌱 Comunidade. Cultura. Movemento 🫀

✨ DESCUBRINDO O UNIVERSO ✨📅 Sábado, 20 de xuño de 2026 🕚 11:00 a 13:30 📍 Centro Sociocultural de Vilaño (A Laracha)✨ Par...
10/06/2026

✨ DESCUBRINDO O UNIVERSO ✨

📅 Sábado, 20 de xuño de 2026
🕚 11:00 a 13:30
📍 Centro Sociocultural de Vilaño (A Laracha)
✨ Para persoas adultas e mozos/as dende 12 anos

🔭 Que aprenderás? ⭐ Que son as estrelas e como evolucionan 🪐 O Sistema Solar e os seus compoñentes 🌌 Como orientarse no ceo nocturno ✨ Identificación de constelacións e obxectos destacados

🎁 Cada asistente recibirá un planisferio celeste

☀️ Consellos para observar a eclipse total de Sol do 12 de agosto en Galicia

📌 Actividade gratuíta
⭐ Prioridade para socios/as

📝Anótate:
https://adrodevilano.com/rexistro-familiar/introducion-a-astronomia

Adro de Vilaño
🌱 Comunidade. Cultura. Movemento 🫀

🚨 PRESENTAMOS O CARTEL OFICIAL DA IX CARREIRA POPULAR DO APÓSTOLO 🚨👟 O sábado 18 de xullo volveremos vivir en Vilaño unh...
08/06/2026

🚨 PRESENTAMOS O CARTEL OFICIAL DA IX CARREIRA POPULAR DO APÓSTOLO 🚨

👟 O sábado 18 de xullo volveremos vivir en Vilaño unha das citas deportivas, solidarias e comunitarias máis especiais do ano: a IX Carreira Popular do Apóstolo e a Andaina Solidaria.

🏃‍♀️🏃‍♂️ A carreira absoluta repetirá a distancia de 7 km, cun percorrido que tivo unha gran acollida na pasada edición e que forma parte do XII Circuito de Carreira da Deputación da Coruña.

🚶‍♀️🚶‍♂️ A andaina manterá o seu carácter saudable, popular e solidario, en colaboración coa AECC e Cáritas 💚❤️

📈 Na última edición fomos preto de 1.000 persoas inscritas entre carreira e andaina. Unha cifra que nos anima a seguir facendo medrar esta festa do deporte, da solidariedade e da comunidade no rural.

✨ Grazas aos nosos patrocinadores:
Fundación Luís Calvo Sanz · ClickFer · Cerámica Campo · Tempo Training & Social Center · Fixagal · Pazo de Montes Claros

✨ E tamén aos nosos colaboradores:
Gadis · J. Esmorís e Hijos · Familia · Clínica Diego Pérez · Carrefour

🙏 Axúdanos a compartir este cartel para que a carreira chegue a todos os recunchos.

🔥 Contamos con vós o 18 de xullo en Vilaño!!

📝 Inscricións abertas:
https://www.carreirasgalegas.com/events/ix-carreira-popular-do-apstolo/4mVoog9p

Adro de Vilaño
🌱 Comunidade. Cultura. Movemento 🫀

💥 David Bermúdez: 💥Un ano máis, presentamos a un clásico do VILAÑO FEST. 🎉Un dos impulsores e parte fundamental do festi...
05/06/2026

💥 David Bermúdez: 💥

Un ano máis, presentamos a un clásico do VILAÑO FEST. 🎉

Un dos impulsores e parte fundamental do festival, presente en todas as súas edicións, converteuse nun auténtico referente para o público local 🎶

Co paso dos anos, foi construíndo unha traxectoria sólida nas cabinas de toda Galicia, destacando pola súa versatilidade, carisma e a súa conexión coa pista. O seu estilo, atrevido e cheo de emoción, fai que cada sesión sexa unha experiencia única 🪩

Tras percorrer toda a comunidade con Impacto e actuar en algúns dos clubs máis recoñecidos, Bermu conseguiu desenvolver unha lectura de pista capaz de adaptarse a calquera ambiente e público 🎧✨

🔥 COTELO 🔥

Cotelo, natural de Paiosaco, é unha das grandes promesas que xa é realidade na escena galega 🚨

Con só 17 anos iniciou o seu camiño en Discomóvil Impacto, e en moi pouco tempo deu o salto ás principais salas da provincia, entre elas Sala Pelícano e a residencia en Amura, demostrando unha evolución meteórica e unha actitude imparable 🎶💥

A súa enerxía en cabina e a súa capacidade para conectar co público máis novo fan del un dos DJs máis potentes do momento. Cada sesión súa é sinónimo de intensidade, ritmo e frescura 🎚️✨

Actualmente, Cotelo está consolidado como unha das figuras con maior proxección da zona, e no VILAÑO FEST chega preparado para deixar claro por que é un dos nomes chamados a marcar o futuro da escena 🪩🎉

Adro de Vilaño
🌱 Comunidade. Cultura. Movemento 🫀

🌿 Obradoiro de emprendemento no rural 🌿 🗓️ Sábado 6 de xuño🕚 11:00 a 13:30h📍 Centro Sociocultural de Vilaño, A Laracha 👩...
03/06/2026

🌿 Obradoiro de emprendemento no rural 🌿

🗓️ Sábado 6 de xuño
🕚 11:00 a 13:30h
📍 Centro Sociocultural de Vilaño, A Laracha

👩‍💻 Contemplas o autoemprego coma unha saída real no teu futuro?

🤔 Levas tempo pensando en continuar co negocio dos teus pais e darlle un novo aire?

🌱 Desexas seguir vivindo no rural pero dache medo non poder ter traballo?

Se te sintes identificadx, non dubides en anotarte a este obradoiro con Javi Boquete.

Dun xeito moi creativo e práctico, coñecerás as claves máis importantes para emprender dende a seguridade.

Anótate na nosa web, quedan poucas prazas!!!

🔗 adrodevilano.com

Adro de Vilaño
🌱 Comunidade. Cultura. Movemento 🫀

🚨 A conta atrás segue 🚨O cartel xa vai collendo forma, pero algúns dos artistas que nos acompañarán nesta edición seguen...
31/05/2026

🚨 A conta atrás segue 🚨

O cartel xa vai collendo forma, pero algúns dos artistas que nos acompañarán nesta edición seguen agochados 🤫

Pouco a pouco iremos descubrindo cada unha das sorpresas que temos preparadas para vós ✨

Quen cres que se esconde detrás destes nomes tapados?? 👇

Mantente atentx ás nosas redes porque as próximas confirmacións están ao caer... 🪩🎶

Adro de Vilaño
🌱 Comunidade. Cultura. Movemento 🫀

28/05/2026

🌿Teatro na Natureza 🌿

Imaxinación sen paredes, teatro sen límites 🎭✨

Adro de Vilaño
🌱 Comunidade. Cultura. Movemento 🫀

Dirección

Vilaño (A Laracha)
Vilaño
15145

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Adro de Vilaño publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir