Sindicato de Inquilinas de Vigo

Sindicato de Inquilinas de Vigo En loita polo dereito á vivenda 🏠
Tes problemas co teu caseiro? Queres acabar coa especulación? Afíliate ✊

📢 ASEMBLEA DE INQUILINAS EN LOITASe tes dúbidas sobre como responder ao teu caseiro, non che acepta a prórroga do Real D...
12/05/2026

📢 ASEMBLEA DE INQUILINAS EN LOITA
Se tes dúbidas sobre como responder ao teu caseiro, non che acepta a prórroga do Real Decreto ou estás vivindo algunha situación de presión ou abuso por parte da propiedade —á marxe do R.D.— non podes faltar‼️

📅 Xoves 14 de maio
🕣 20:15
📍 C.S. A Nubeira

Organízate, infórmate e loita polos teus dereitos ✊

Se pediches a prórroga do alugueiro e viches que deixaron caer o Real Decreto, isto interésache👆🔗poderinquilino/contesta...
29/04/2026

Se pediches a prórroga do alugueiro e viches que deixaron caer o Real Decreto, isto interésache👆

🔗poderinquilino/contestacionprorroga

Mais sobre todo: Non marches da túa casa! 🏠 ✊🏼 Ven ao Sindicato e loitemos xuntas‼️🔥🔥

URXENTE!É hora de encherlles a bendeixa de entrada aos deputados cos nosos correos! O próximo 28 de abril vótase no Cong...
24/04/2026

URXENTE!
É hora de encherlles a bendeixa de entrada aos deputados cos nosos correos!

O próximo 28 de abril vótase no Congreso o Real Decreto.

Entre todas, podemos prorrogar máis de 1 millón de contratos. Temos que exixir que os deputados se responsabilicen e voten a favor.

Que non che gañe o rendismo!

Manda o teu correo 📩
👇🏻
tinyurl.com/EmailProrrogaDiputados

📣 Este venres 24 de abril teremos a derradeira Asemblea de Inquilinas en Loita na que falaremos da prórroga dos alugueir...
20/04/2026

📣 Este venres 24 de abril teremos a derradeira Asemblea de Inquilinas en Loita na que falaremos da prórroga dos alugueiros.

Lembra que o 28 de abril vase no Congreso o Real Decreto asique non cho penses máis e envía a túa solicitude da prórroga para o teu contrato de aluguiero!!!

Se tes dúbidas co procedemento e envío do burofax ou se non sabes se ti podes pedila, achégate ao ás 19:00h.

⚠️ ATENCIÓN O RD VÓTASE O 28 DE ABRIL Algúns tentarán presionarte para que non pidas a prórroga.Dalles medo que exerzamo...
15/04/2026

⚠️ ATENCIÓN O RD VÓTASE O 28 DE ABRIL

Algúns tentarán presionarte para que non pidas a prórroga.

Dalles medo que exerzamos os nosos dereitos. Máis que nunca, hai que pelexar por eles. ✊🏼✊🏾✊🏽

Pide a túa prórroga xa, que no che gañe o rendismo!
+info www.poderinquilino.org/prorroga

Esta fin de semana tivemos o pracer de recibir en Vigo a Aldo Reverte, do  e voceiro da Confederación de Sindicatos de I...
13/04/2026

Esta fin de semana tivemos o pracer de recibir en Vigo a Aldo Reverte, do e voceiro da Confederación de Sindicatos de Inquilinas. Durante estes días compartimos espazos de diálogo e aprendizaxe sobre a loita sindical polo dereito á vivenda 🏠✊.

Queremos agradecerlle profundamente a súa visita e a súa participación na nosa Asemblea en Loita, así como o intercambio de experiencias e forzas para seguir organizándonos.

Gracias tamén ao por cedernos o espazo e facer posibles todas as actividades.

Seguimos! ❤️‍🔥

👉 Chega a Iª Edición dos Premios Antiviguesas Distinguidas, coa que se quere premiar aquelas organizacións que, dende a ...
03/03/2026

👉 Chega a Iª Edición dos Premios Antiviguesas Distinguidas, coa que se quere premiar aquelas organizacións que, dende a discrepancia cun goberno municipal que rexeitou a participación cidadá, traballan activamente por conseguir vivir nun Vigo socialmente xusto, ambientalmente sustentable e urbanisticamente responsable.

A gala de entrega de premios terá lugar o xoves 12, ás 12.30h no (r/ Pracer 19, Vigo).

Agardámoste!

ASEMBLEA DE BENVIDA!Se tes problemas co teu alugueiro ou che preocupa a situación da vivenda en Vigo e na súa contorna, ...
16/02/2026

ASEMBLEA DE BENVIDA!
Se tes problemas co teu alugueiro ou che preocupa a situación da vivenda en Vigo e na súa contorna, esta é a túa oportunidade para informarte e compartir.

📅 Mércores 25 de febreiro
🕖 19:00h
📍 A Nubeira

Non o penses máis e achégate. Falaremos, resolveremos dúbidas e poñeremos en común as nosas experiencias arredor dun tema que nos afecta a todas.

Que non cho conten!

🚨CONVOCATORIA DE URXENCIA‼️O Congreso dos Deputados rexeitou prorrogar a moratoria de desafiuzamentos que mantén paraliz...
28/01/2026

🚨CONVOCATORIA DE URXENCIA‼️

O Congreso dos Deputados rexeitou prorrogar a moratoria de desafiuzamentos que mantén paralizados uns 70.000 despoxos de persoas en situación de vulnerabilidade.

Non imos respostar!? Vémonos HOXE:mércores 28, ás 19.30h fronte ao MARCO (Rúa Príncipe 54)

Non máis desafiuzamentos!!🔥

🔈Nova asemblea de benvida❕Se che interesa o conflito da vivenda ou tes problema co teu caseiro, non cho penses e achégat...
24/11/2025

🔈Nova asemblea de benvida❕

Se che interesa o conflito da vivenda ou tes problema co teu caseiro, non cho penses e achégate ao o mércores 26 de novembro ás 19:00h.

Dirección

Vigo

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Sindicato de Inquilinas de Vigo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Sindicato de Inquilinas de Vigo:

Compartir