14/06/2026
Unhas 10.000 persoas e 300 embarcacións sairon hoxe na Illa de Arousa en defensa do Ulla e a ría. Nin Altri, nin mina, o acoso aos nosos ecosistemas ten que rematar.
“Os ecosistemas máis valiosos de Galicia non poden estar eternamente baixo a ameaza de proxectos industriais indesexábeis que se declaran estratéxicos de forma indiscriminada e sen a suficiente transparencia e participación pública. Altri foi declarado Proxecto Industrial Estratéxico hai xa catro anos e demostramos sobradamente que a súa implantación sería enormemente lesiva para o medio ambiente, a economía e a sociedade galegas. Non tiña nin ten nada de estratéxico. Tanto Altri como a Xunta teñen que parar con este acoso ao noso medio natural e a un pobo que hoxe de novo demostrou que non vai ceder nin un paso na súa loita pola xustiza ambiental e social”, declararon dende Greenpeace en Galicia.
Fotos: Pedro Armestre/Greenpeace