Camiño a Camiño Vigo

Camiño a Camiño Vigo Camiño a Camiño Vigo
👣 Rutas
👨‍🌾 Hortas urbanas
👩‍🏫 Cursos de formación
🤲 Voluntariado medioambiental Camiño a Camiño.

Programa de Educación Medioambiental do Concello de Vigo. Programa de actividades:
· Percorridos Medioambientais
· Hortas Urbanas
· Voluntariado Medioambiental
· Cursos de formación

🥾🌿 XI ANDAINA POLOS MONTES DE VIGO📅 Domingo 31 de maio de 2026📍 Parque Forestal de ZamánsVolve unha das grandes citas co...
21/05/2026

🥾🌿 XI ANDAINA POLOS MONTES DE VIGO
📅 Domingo 31 de maio de 2026
📍 Parque Forestal de Zamáns

Volve unha das grandes citas co monte periurbano vigués! O Concello de Vigo, a través da Concellería de Medio Ambiente, organiza a XI Andaina polos Montes de Vigo en colaboración coa Mancomunidade de Montes de Vigo e co patrocinio de Vegalsa-Eroski.

🚶‍♀️🚶‍♂️ 1.000 persoas están chamadas a descubrir sendeiros, parques forestais, muíños, miradoiros e espazos naturais emblemáticos dos montes de Zamáns, Beade e Bembrive, nunha xornada para g***r da natureza e coñecer os servizos ecosistémicos que os montes achegan á cidade.

✅ Ruta longa – 20 km (convocatoria as 8:00 no Parque Forestal de Zamáns e desprazamento en autobús a inicio de ruta no Parque Forestal de Pouso (Bembrive)
✅ Ruta media – 12 km (convocatoria as 9:00)
✅ Ruta curta – 6,7 km (convocatoria as 11:00)
✅ Actividades infantís (pequerruta e xogos) e exposicións
✅ Participación gratuíta
✅ Kit de avituallamento + camiseta recordatoria

🌳 Nesta edición porase especial atención ao papel dos montes na regulación hídrica, captura de CO₂, mitigación das ondas de calor e uso recreativo-social, nun espazo tan representativo como o Parque Forestal de Zamáns e o entorno do río Zamáns.

📞 Inscricións ata o 29 de maio ás 13:00 h no 010
⚠️ É preciso estar rexistrado media hora antes do inicio da actividade.

🎒 Recoméndase levar roupa cómoda, calzado axeitado e moitas ganas de descubrir os montes de Vigo.

ℹ️ Máis información:
📧 [email protected]

🌄 Miradoiros de Redondela: historia, paisaxe e medioambiente nunha soa ruta! 🌿Este domingo 19 de abril volvemos a camiña...
22/04/2026

🌄 Miradoiros de Redondela: historia, paisaxe e medioambiente nunha soa ruta! 🌿

Este domingo 19 de abril volvemos a camiñar… e a descubrir o corazón de Monte Penide, un auténtico museo ao aire libre.

🪨 Mámoas milenarias
🏰 Castros cargados de lendas
🌊 Vistas únicas á ría de Vigo e San Simón
🌍 Un territorio que explica o pasado… e o presente

Máis info: https://vigonature.es/resumo-miradoiros-de-redondela-19-4-26/

Porque en Camiño a Camiño non só se anda:
👉 interprétase o territorio
👉 compártese coñecemento
👉 conéctase coa natureza

💚 Grazas a todas as persoas que formastes parte desta xornada!

🟢 A quinta e última ruta da tempada de Outono’25 de Camiño a Camiño percorreu a Serra do Galleiro 🌄A actividade, promovi...
02/11/2025

🟢 A quinta e última ruta da tempada de Outono’25 de Camiño a Camiño percorreu a Serra do Galleiro 🌄

A actividade, promovida pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo, arrancou en Pazos de Borbén en dirección a Mos, seguindo a Depresión Meridiana e ofrecendo amplas vistas da cidade de Vigo no seu conxunto.

🌫️ A xornada comezou cunha neboa engaiolante que pouco a pouco se foi abrindo para deixar paso a panorámicas espectaculares do val e da falla xeolóxica pola que discorren a vía do tren e a estrada N-550.

📍 Unha magnífica despedida da tempada de Outono’25, entre natureza, xeoloxía e vistas privilexiadas!

👉 Máis info da ruta: https://www.caminoacaminovigo.org/2025/11/ruta-serra-galleiro.html

🌿 Ruta polo Río Barxa – Outono’25 de Camiño a Camiño 🌞A cuarta das rutas da tempada Outono’25 de Camiño a Camiño, promov...
26/10/2025

🌿 Ruta polo Río Barxa – Outono’25 de Camiño a Camiño 🌞

A cuarta das rutas da tempada Outono’25 de Camiño a Camiño, promovida pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo, desenvolveuse esta fin de semana a carón do Río Barxa, un afluente do Lagares tan discreto como sorprendente.

💧 Procedente dos montes de Beade e Valladares, o Barxa descende ata Sárdoma, ofrecendo aos participantes un percorrido cheo de encanto: bosques de ribeira, pozas cristalinas, pequenas fervenzas e mesmo un muíño moi singular.

☀️ O día acompañou cunha luz marabillosa, perfecta para descubrir lugares entre Sárdoma, Castrelos e Beade descoñecidos para a maioría… pero que paga a pena explorar.

👉 Máis info da ruta e da programación aqui: https://www.caminoacaminovigo.org/

🌿 Percorridos Medioambientais Camiño a Camiño – Outono 2025. Semana 1🔹 O domingo 28 de setembro arrancaron as rutas pola...
28/09/2025

🌿 Percorridos Medioambientais Camiño a Camiño – Outono 2025. Semana 1

🔹 O domingo 28 de setembro arrancaron as rutas pola Depresión Meridiana co percorrido entre Alba (Pontevedra) e a Fervenza do río Barosa (Barro). Un percorrido cheo de natureza, historia e xeoloxía, que permitiu coñecer mellor este eixo natural e cultural que atravesa Galicia.

🔹 O sábado 27 celebrouse a primeira andaina pola Senda Azul do río Lagares, con saída no Mercado de Cabral. A pesar da choiva intermitente, o grupo puido g***r das paradas interpretativas e moitas curiosidades.

👉 Máis info da programación da 1ª semana de outubro e inscricións en caminoacaminovigo.org

🌿 Camiño a Camiño Outono 2025 – Actividades desta semana de setembro 🌿📌 Sábado 27 de setembro (tarde)🚶‍♀️ Andaina pola S...
20/09/2025

🌿 Camiño a Camiño Outono 2025 – Actividades desta semana de setembro 🌿

📌 Sábado 27 de setembro (tarde)
🚶‍♀️ Andaina pola Senda Azul do Río Lagares (Mercado de Cabral → Desembocadura)
➡ Distancia: 12 km | Dificultade: baixa
🕓 Saída: 16:00 dende Mercado de Cabral
🚌 Retorno en bus ás 19:00
🔗 Inscrición previa no 010 (986 810 260) do 22 ao 25 (empadroados). Non empadroados: xoves 26.

📌 Domingo 28 de setembro (mañá)
🚶‍♂️ Percorrido entre Alba (Pontevedra) e a Fervenza do río Barosa (Barro)
➡ Distancia: 11,4 km | Dificultade: baixa
🕣 Saída: 8:30 Praza do Rei (bus incluído)
🕑 Retorno: 14:00–14:30 Praza do Rei
🔗 Inscrición no 010 (986 810 260) do 22 ao 25 (empadroados). Non empadroados: xoves 26.

🌱 Hortas Urbanas: Curso básico de hortas: 23–25 de setembro nas propias hortas. Inscrición no 010 ata o día antes do curso

🤝 Voluntariado Medioambiental. Curso de iniciación: mércores 24 de setembro ás 16:30 en Vigo Nature. Inscrición no 010 ata o día antes do curso

Última semana de setembro: arrancan Cursos, Paseos pola Senda Azul do Lagares e Percorridos medioambientais📌 Percorridos...
18/09/2025

Última semana de setembro: arrancan Cursos, Paseos pola Senda Azul do Lagares e Percorridos medioambientais

📌 Percorridos medioambientais
🔹 Domingo 28 setembro → Fervenza do Río Barosa (Barro)
🔹 Tres andainas pola Senda Azul do Río Lagares (a primeira o sábado 27 setembro).

📌 Hortas urbanas
🌱 Curso básico do 23 ao 25 setembro. Inscrición en 010 dende 18 de setembro
🌱 A partir do 1 outubro → horario de inverno en Navia, Fontáns, Pedro Alvarado, Sardomela, Ramón Nieto e Camelias.

📌 Voluntariado medioambiental
🙋 Curso de iniciación → mércores 24 setembro ás 16:30 en Vigo Nature. Inscrición en 010 dende 18 de setembro

👉 Inscricións no 010 (986 810 260 dende móbil).
✔ Prazas limitadas (150 para Barosa e 100 para a Senda Azul).
✔ Inscricións abertas para rutas dende o 22 de setembro.

📲 Máis información no blog de Camiño a Camiño: https://www.caminoacaminovigo.org/2025/09/programacion-camino-a-camino--outono-25-2.html

A Concellería de Medio Ambiente presenta a programación de Camiño a Camiño de Outono 205✨ Percorridos medioambientais po...
13/09/2025

A Concellería de Medio Ambiente presenta a programación de Camiño a Camiño de Outono 205
✨ Percorridos medioambientais pola Depresión Meridiana e outros espazos singulares (do 28/09 ao 26/10).
🚶‍♀️ Paseos saudables pola Senda Azul do Lagares, con andainas os sábados 27/09, 4/10 e 11/10.
🌱 Hortas urbanas con cursos de iniciación (23-25/09).
🤝 Voluntariado medioambiental, con curso de formación o 24/09.

ℹ️ Inscricións no 010 ata completar prazas.
📌 Máis info e cartaz 👉https://www.caminoacaminovigo.org/
Camiño a Camiño Vigo

Dirección

Praza Do Rei
Vigo
36202

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Camiño a Camiño Vigo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir