Montes de Vigo

Cómo llegar Página web

Montes de Vigo Somos 14 comunidades baixo o nome Montes de Vigo. Somos paixón polo bosque, os seus recursos naturáis

⚡🌳 MONTES DE VIGO PIDE RECONSIDERAR O TRAZADO AÉREO DA NOVA LIÑA ELÉCTRICA DE 220 kV AO SEU PASO POR BEMBRIVEA Mancomuni...
19/10/2026

⚡🌳 MONTES DE VIGO PIDE RECONSIDERAR O TRAZADO AÉREO DA NOVA LIÑA ELÉCTRICA DE 220 kV AO SEU PASO POR BEMBRIVE

A Mancomunidade de Montes de Vigo vén de presentar alegacións ao proxecto da nova liña eléctrica de entrada e saída na subestación de Bateas, solicitando que se estude seriamente a alternativa do soterramento ao seu paso polos montes de Bembrive, preferentemente aproveitando corredores xa transformados.

✅ Non cuestionamos a necesidade de reforzar a subministración eléctrica de Vigo, pero entendemos que unha infraestrutura destas características debe buscar a solución que mellor compatibilice as necesidades enerxéticas coa protección da poboación e do territorio.

🌿 Que defendemos nas nosas alegacións?
🔹 Unha comparación rigorosa das alternativas aéreas e soterradas, considerando os seus custos e impactos ambientais e sociais.
🔹 A protección dos montes veciñais, da biodiversidade, das augas, da paisaxe e dos servizos ecosistémicos que proporcionan á cidade.
🔹 A avaliación das posibles afeccións á veciñanza, aos espazos recreativos e á seguridade das persoas.
🔹 A consideración do risco de grandes incendios forestais e das necesidades de prevención e extinción nun territorio especialmente sensible.
🔹 O respecto aos dereitos das comunidades de montes titulares dos terreos e a súa participación efectiva nas decisións.

📢 O progreso enerxético non debe facerse de costas ao territorio.

Os montes periurbanos de Vigo non son espazos baleiros polos que facer pasar infraestruturas. Son patrimonio colectivo, espazos de biodiversidade, fontes de auga, sumidoiros de carbono e lugares de encontro e lecer para miles de persoas.

Reforzar a rede eléctrica é necesario. Facelo minimizando as afeccións aos montes e á veciñanza tamén debe selo.

👉 Consulta a información e as alegacións presentadas na nosa web: https://www.montesdevigo.org/blog/montes-de-vigo-presenta-alegacions-a-lina-electrica-de-220-kv-de-entrada-e-saida-na-subestacion-bateas

15/10/2026

A Mancomunidade de Montes de Vigo quere facer balance de 9 anos dende os fatídicos lumes do 15 de outubro de 2017 onde arderon un terzo dos montes de Vigo. Con eslogan "As promesas non paran los lumes", o Presidente resume este período e fai propostas para abordar un risco que ameaza ao interface urbano-forestal de Vigo, onde viven 88.000 persoas e o motivo polo que o termo municipal está catalogado como Zona de Alto Risco (ZAR) diante dos incendios forestais.
Máis información na web: https://www.montesdevigo.org/blog/montes-de-vigo-reclama-pasar-das-promesas-aos-feitos-para-protexer-a-cidade

🔥 15 DE OUTUBRO: NOVE ANOS DESPOIS, AS PROMESAS NON PARAN O LUMEHoxe cúmprense nove anos dos graves incendios forestais ...
15/10/2026

🔥 15 DE OUTUBRO: NOVE ANOS DESPOIS, AS PROMESAS NON PARAN O LUME

Hoxe cúmprense nove anos dos graves incendios forestais de outubro de 2017, que arrasaron 566 hectáreas de montes veciñais de Vigo e puxeron en perigo vidas, vivendas e barrios enteiros.

📰 La Voz de Galicia e Atlántico Diario recollen hoxe a advertencia de Montes de Vigo: a cidade continúa sen estar suficientemente preparada para afrontar outro grande incendio forestal.

⚠️ E non somos os únicos que reclamamos un cambio. A propia Fiscalía de Galicia, na súa memoria anual, alerta das limitacións dos dispositivos de extinción ante os incendios extremos e sinala deficiencias estruturais na prevención: plans sen executar, investimentos insuficientes e falta de coordinación entre administracións.

A mensaxe é clara: non abonda con combater as lapas. Hai que xestionar o territorio, reducir o risco e preparar os núcleos habitados antes de que chegue o lume.

🌳 Desde Montes de Vigo levamos nove anos traballando na recuperación dos montes, na prevención, na vixilancia comunitaria e na autoprotección da veciñanza. Pero as comunidades de montes non podemos afrontar soas un desafío desta magnitude.

Por iso reclamamos ao Concello de Vigo e á Xunta de Galicia que os orzamentos de 2027 marquen un punto de inflexión, con investimentos suficientes, planificación efectiva, coordinación e compromisos verificables.

🎥 Neste vídeo, Uxío González, presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo, explica por que non podemos seguir agardando.

▶️ https://youtu.be/gc1iS_PVpHs

📖 Consulta tamén a nosa análise dos nove anos de compromisos pendentes e as propostas para protexer Vigo:

https://www.montesdevigo.org/blog/montes-de-vigo-reclama-pasar-das-promesas-aos-feitos-para-protexer-a-cidade

Nove anos despois, lembrar o acontecido é necesario. Actuar para que non se repita é imprescindible.

🔥 AS PROMESAS NON PARAN O LUME. A PREVENCIÓN NON PODE AGARDAR.

🏃‍♂️🌳 OS MONTES DE VIGO, ESCENARIO DE DEPORTE, NATUREZA E CONVIVENCIA!Preto de 800 participantes déronse cita este 12 de...
13/10/2026

🏃‍♂️🌳 OS MONTES DE VIGO, ESCENARIO DE DEPORTE, NATUREZA E CONVIVENCIA!

Preto de 800 participantes déronse cita este 12 de outubro nos montes de Beade e Bembrive para celebrar a X edición do Trail nos Montes de Vigo, integrada este ano no circuíto provincial Entre Pontes Trail & Running.

🏃 Un trail de 14 km e 380 m de desnivel.

🥾 Dúas andainas de 4,6 km e 2,9 km, esta última familiar.

👧 Carreiras infantís e unha xornada de convivencia no Parque Forestal de Beade.

A actividade foi organizada pola Área de Deportes da Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Mancomunidade de Montes de Vigo, a Comunidade de Montes de Beade e a Entidade Local Menor de Bembrive.

Máis alá dos resultados deportivos, esta xornada volveu demostrar o enorme valor dos montes periurbanos de Vigo como espazos para o deporte, o lecer e o contacto coa natureza.

💚 Coñecer os nosos montes, g***r deles de maneira responsable e valorar os seus beneficios é tamén o mellor camiño para comprometernos coa súa conservación e prevención dos incendios forestais.

🌿 Dez edicións promovendo o uso social e recreativo dos nosos montes!

📰 Faro de Vigo recolle hoxe a proposta de Montes de Vigo para que os Orzamentos do Concello de Vigo de 2027 invistan na ...
05/10/2026

📰 Faro de Vigo recolle hoxe a proposta de Montes de Vigo para que os Orzamentos do Concello de Vigo de 2027 invistan na prevención e na infraestrutura verde da cidade.
https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2026/10/05/comuneros-vigo-reclaman-tres-millones-134994419.html

A poucos días do noveno aniversario dos incendios de outubro de 2017, seguimos insistindo na necesidade de preparar Vigo fronte aos grandes incendios forestais e de coidar os montes que utiliza a cidadanía.

A proposta presentada ao Concello reclama un mínimo de 3 millóns de euros nos Orzamentos de 2027, distribuídos en:

🌳 1,5 millóns para iniciar o Anel Verde, combinando a continuidade ecolóxica coa prevención nas zonas de contacto entre o monte e as vivendas.
🥾 1 millón para renovar parques forestais, sendeiros, miradoiros e outros espazos de uso cidadán.
🛠️ 500.000 euros para xestión e mantemento, en actuacións non cubertas polos contratos municipais ordinarios.

A estas partidas debe sumarse unha dotación específica para o Plan de Actuación Municipal ante incendios forestais, que permita preparar os avisos á poboación, as opcións de evacuación ou confinamento e os puntos seguros.

Os montes periurbanos forman parte da vida de Vigo: os estudos realizados estiman arredor de 3 millóns de visitas anuais aos parques forestais. Coidalos e reducir o risco para a veciñanza require recursos e colaboración estable entre o Concello e as comunidades de montes. 2027 debe ser o ano para pasar á acción.

Proposta detallada de Montes de Vigo: https://www.montesdevigo.org/blog/montes-de-vigo-propon-ao-concello-investir-en-2027-un-minimo-de-3-millons-de-euros-na-seguridade-e-na-infraestrutura-verde-periurbana

🌳🔥 Valladares: a memoria de 2017 e a necesidade de avanzar na autoprotecciónCase nove anos despois, a veciñanza de Valla...
04/10/2026

🌳🔥 Valladares: a memoria de 2017 e a necesidade de avanzar na autoprotección

Case nove anos despois, a veciñanza de Valladares segue tendo moi presente o vivido en outubro de 2017. Ardeu máis do 85 % do monte comunal, a recuperación está a ser lenta e permanece o recordo dunha situación de grave risco para as persoas e as vivendas.

Hoxe, no marco da Asemblea da Comunidade de Montes, a Mancomunidade de Montes de Vigo impartiu unha charla sobre como avanzar na autoprotección da parroquia, dando continuidade ao traballo que se está a desenvolver noutras parroquias de Vigo.

Ana Pérez, presidenta do Centro Cultural e Veciñal de Valladares, lembrou que esta preocupación se vén trasladando desde 2018 sen lograr os avances necesarios. Cómpre retomar o traballo, impulsar a organización da parroquia e conseguir a implicación efectiva das administracións competentes.

A memoria do vivido debe servir para prepararnos mellor. A protección das persoas, das vivendas e do monte require coordinación, responsabilidades e actuacións concretas.

A Comunidade de Montes de Teis ven de recibir un premio da fundación neerlandesa Giving Back to Nature para continuar co...
01/10/2026

A Comunidade de Montes de Teis ven de recibir un premio da fundación neerlandesa Giving Back to Nature para continuar coa recuperación ambiental do monte da Madroa.

🌱 O proxecto permitirá actuar sobre 3 hectáreas, centrando os traballos na eliminación e control da acacia negra (Acacia melanoxylon), unha especie exótica invasora cunha gran capacidade de expansión.

A actuación contribuirá a:
✅ favorecer a recuperación do bosque autóctono;
✅ conservar e incrementar a biodiversidade;
✅ avanzar cara a un monte máis resiliente;
✅ e reducir a súa vulnerabilidade fronte aos incendios forestais.

Pero esta colaboración significa tamén algo máis: é un recoñecemento internacional a case tres décadas de traballo da Comunidade de Montes de Teis na conservación, recuperación e divulgación dos valores ambientais dos seus montes.

Un novo exemplo do importante papel que desempeña a propiedade veciñal en man común na xestión e conservación dos montes periurbanos de Vigo. 🌿

👉 Máis información na web de Montes de Vigo.
https://www.montesdevigo.org/blog/a-comunidade-de-montes-de-teis-premiada-por-recuperar-o-bosque-autoctono-de-a-madroa

🔥 Beade avanza na autoprotección fronte aos incendios forestaisOnte, 29 de setembro, celebrouse no Centro Social, Cultur...
30/09/2026

🔥 Beade avanza na autoprotección fronte aos incendios forestais
Onte, 29 de setembro, celebrouse no Centro Social, Cultural e Recreativo de Beade unha nova charla divulgativa sobre prevención e autoprotección fronte aos incendios forestais, organizada polo propio Centro en colaboración coa Comunidade de Montes de Beade e impartida pola Mancomunidade de Montes de Vigo.
🌲 A sesión permitiu reflexionar sobre unha realidade moi próxima: nos últimos episodios de lume na contorna, o incendio chegou ás portas dos montes de Beade, afectando unicamente unha pequena parcela próxima a Zamáns.
A partir deste exemplo abordouse a necesidade de traballar a autoprotección en tres niveis:
👉 o monte e o territorio
👉 o núcleo ou a parroquia
👉 a casa e a parcela
Porque fronte aos grandes incendios non chega con actuar só no monte. É necesario crear espazos defendibles, reducir riscos arredor das vivendas e, sobre todo, mellorar a coordinación entre comunidades de montes, propietarios, veciñanza, entidades parroquiais e administracións públicas.
💡 Unha das conclusións máis interesantes da xornada foi a proposta de impulsar un grupo de traballo sobre prevención e autoprotección en Beade, unha iniciativa que se pretende trasladar á próxima Xunta Parroquial.
A idea é dar un paso máis: pasar da sensibilización á organización e á acción preventiva desde a propia parroquia.
Beade súmase así ao traballo xa iniciado en Matamá e Comesaña, avanzando cara a unha maior cultura de prevención na interface urbano-forestal de Vigo.
🔥 Previr tamén é prepararnos antes de que chegue o lume.

🌿 Montes de Vigo participa na Alianza para un Territorio Rural ResilienteA Mancomunidade de Montes de Vigo participou en...
19/09/2026

🌿 Montes de Vigo participa na Alianza para un Territorio Rural Resiliente

A Mancomunidade de Montes de Vigo participou en Oleiros na primeira xuntanza do Grupo de Acción de Enfoque agroecolóxico, servizos ecosistémicos e sostibilidade ambiental, promovido no marco da Alianza para un Territorio Rural Resiliente e liderado pola Fundación Juana de Vega.

👥 Nesta primeira sesión reuníronse arredor de trinta persoas procedentes de fundacións, asociacións, universidades, empresas e entidades locais, poñendo sobre a mesa un dos temas con maior potencial de futuro: os pagamentos por servizos ecosistémicos.

🌲 Montes de Vigo presentou a experiencia desenvolvida en 2024-2025 no proxecto “Valorización e xestión sostibles dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes periurbanos de Vigo”, financiado pola Fundación Biodiversidade.

O traballo continúa agora coa procura de metodoloxías e ferramentas que permitan identificar, recoñecer e valorizar os beneficios ambientais e sociais que xeran os territorios rurais e agroforestais: uso recreativo, regulación hídrica, captura de carbono, biodiversidade ou prevención de riscos, entre outros.

🤝 Participar nesta Alianza permítenos compartir a experiencia acumulada nos montes de Vigo, coñecer outras iniciativas e explorar novos modelos de cooperación e financiamento ligados aos servizos ecosistémicos e á xestión sostible do territorio.

🔗 Máis información na web: https://www.montesdevigo.org/blog/montes-de-vigo-participa-na-alianza-para-un-territorio-rural-resiliente

🔥 «Non estamos mellor que en 2017: hai máis biomasa e moitas propiedades privadas sen xestionar pegadas ás vivendas»O pr...
19/09/2026

🔥 «Non estamos mellor que en 2017: hai máis biomasa e moitas propiedades privadas sen xestionar pegadas ás vivendas»

O presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo, Uxío González, aborda nunha ampla entrevista en Atlántico Diario algúns dos principais retos que temos por diante nos montes periurbanos de Vigo.

🌲 A posta en marcha da Fundación Montes de Vigo 2046, para buscar novas fórmulas de colaboración no mantemento dos montes e dos servizos que prestan á cidade.

💧 O aproveitamento dos recursos hídricos dos montes de Beade e Bembrive, evitando que unha parte importante da auga dos mananciais se perda sen aproveitar.

🔥 A preocupación polo risco de grandes incendios forestais nun territorio cunha extensa interface urbano-forestal e milleiros de vivendas e equipamentos próximos ao monte.

🏠 A necesidade de avanzar na prevención e autoprotección das parroquias e das vivendas, formando á poboación e preparando o territorio antes de que se produza unha emerxencia.

🌿 E a urxencia de facilitar a xestión das parcelas forestais privadas, impulsando ferramentas como as agrupacións forestais de xestión conxunta.

Desde Montes de Vigo insistimos nunha idea fundamental: previr os incendios non consiste unicamente en dispoñer de medios para apagalos. Hai que xestionar o territorio, preparar as parroquias e implicar a propietarios, veciñanza, comunidades de montes e administracións.

👉 Entrevista e información completa na nosa web:
https://www.montesdevigo.org/blog/atlantico-diario-recolle-unha-entrevista-co-presidente-de-montes-de-vigo

📺 Video da entrevista con Uxío González
https://www.youtube.com/watch?v=uP0vrvz_DjY&t=2s

Dirección

Montes
Vigo

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Montes de Vigo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir