Galeguizar Galicia

Galeguizar Galicia Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Galeguizar Galicia, Organización sin ánimo de lucro, Vigo.

Baixo o lema GALEGUIZARGALICIA agrúpanse un grupo de asociacións que comparten un mesmo obxectivo: dinamizar a cultura galega e normalizar o uso da nosa lingua en distintos ámbitos da vida social, cultural, económica e administrativa do País.

29/07/2025

A lingua galega foi a verdadeira protagonista da XXIX edición dos Premios Lois Peña Novo

O Patio de Armas do Castelo de Soutomaior acolleu un acto cheo de emoción, compromiso e orgullo polo noso idioma. A Fundación Lois Peña Novo, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia e o Concello de Redondela, fixo entrega dos galardóns a tres referentes que traballan cada día por un futuro en galego:

Esther Estévez, comunicadora que fai da lingua un espello de identidade para a mocidade.
Asesoría Xurídica da Deputación de Lugo, que impulsa o uso do galego na xustiza con acordos pioneiros.
Miguel Anxo Seixas, historiador comprometido coa memoria e a cultura do país.

Palabras que emocionaron, música que nos tocou a alma da man de Malvela e Uxía, e unha mensaxe clara: galeguizar é decidir, escoller e exercer.

23/07/2025

Cafés Sabora: o sabor do bo café tostado con agarimo… e en galego

Café Sabora é moito máis ca unha empresa de tostado de café. É unha empresa familiar que aposta por un proceso artesanal e cotiá que garante un produto de altísima calidade, lonxe da produción masiva. Pero o que realmente distingue a Cafés Sabora é o seu compromiso coa lingua galega, que empregan con orgullo nas súas etiquetas e envases desde hai 40 anos.

Cada paquete de café é unha declaración de principios: o galego como ferramenta de comunicación e tamén como símbolo dunha maneira propia de facer as cousas, con identidade, respecto pola cultura e amor polo traballo ben feito. Para Cafés Sabora, usar o galego non é só unha elección lingüística, senón unha forma de conectar coa terra, coa xente e coa tradición.

Nun mercado onde se tende á uniformidade, Cafés Sabora reivindica o valor do local, do próximo e do noso e faino dende a calidade do seu café ata o coidado da lingua coa que se presenta ao mundo.

22/07/2025

En galego sabe mellor
Na Estrada atopámonos con Alberto, un produtor comprometido coa calidade e coa nosa lingua. Na súa granxa as galiñas viven ao aire libre, alimentadas con coidado e criadas con respecto, seguindo un modelo sostible e responsable. Os ovos que produce son como os de antes: frescos e con ese sabor auténtico que lembra á casa, ao de sempre. Pero o que fai realmente especiais os seus Ovos de Volteiro é que levan a identidade ben visible, están etiquetados en galego, porque para Alberto falar e producir en galego é un acto de orgullo, de coherencia e de compromiso coa cultura á que pertence.

16/07/2025

En galego sabe mellor
Etiquetar en galego é poñer en valor o noso, é facer visible Galicia nos andeis dos supermercados é falarlle ao mundo con voz propia. Porque cada produto que fala en galego está apoiando unha economía sostible, arraigada no territorio e respectuosa coa diversidade cultural e lingüística.

11/07/2025

Neste 25 de xullo, consume como falas!
Ti tes a palabra. Consume en galego!
Cando escollemos produtos etiquetados en galego, estamos facendo moito máis ca consumir, estamos defendendo unha economía propia, recoñecendo o valor das persoas produtoras que apostan pola nosa lingua na etiquetaxe dos seus produtos de calidade como sinal de identidade propia, estamos a reforzar o uso social do galego onde debe estar: na vida cotiá.
Porque o futuro do galego constrúese coa suma das pequenas decisións persoais. Porque o consumo consciente e responsable é unha ferramenta poderosa para facer que a nosa lingua sexa cada día máis visible na sociedade.

10/07/2025

Cafés Sabora: o sabor do bo café tostado con agarimo… e en galego
Café Sabora é moito máis ca unha empresa de tostado de café. É unha empresa familiar que aposta por un proceso artesanal e cotiá que garante un produto de altísima calidade, lonxe da produción masiva. Pero o que realmente distingue a Cafés Sabora é o seu compromiso coa lingua galega, que empregan con orgullo nas súas etiquetas e envases desde hai 40 anos.
Cada paquete de café é unha declaración de principios: o galego como ferramenta de comunicación e tamén como símbolo dunha maneira propia de facer as cousas, con identidade, respecto pola cultura e amor polo traballo ben feito. Para Cafés Sabora, usar o galego non é só unha elección lingüística, senón unha forma de conectar coa terra, coa xente e coa tradición.
Nun mercado onde se tende á uniformidade, Cafés Sabora reivindica o valor do local, do próximo e do noso e faino dende a calidade do seu café ata o coidado da lingua coa que se presenta ao mundo.

O COUTO MIXTO RENOVA O SEU COMPROMISO COA MEMORIA E A IDENTIDADE NA CERIMONIA DE NOMEAMENTO DE NOVOS XUÍCES E XUÍZAS HON...
05/07/2025

O COUTO MIXTO RENOVA O SEU COMPROMISO COA MEMORIA E A IDENTIDADE NA CERIMONIA DE NOMEAMENTO DE NOVOS XUÍCES E XUÍZAS HONORARIAS.
Santiago de Rubiás, 5 de xullo de 2025
A comitiva formada polos novos Xuíces e Xuízas Honorarias, os Homes de Acordo de Santiago, Rubiás e Meaus, os membros do Patronato da Asociación de Amigos do Couto Mixto e diversas autoridades, entre as que se atopaban os alcaldes de Baltar, Calvos de Randín e Entrimo, a alcaldesa de Rairiz de Veiga e o Secretario Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, iniciou, como cada ano, o acto institucional cun xesto de homenaxe diante da estatua do derradeiro xuíz do Couto Mixto, D. Delfín Modesto Brandón, coa entrega dun ramo de flores en lembranza emocionada do seu legado.
Xa no interior da igrexa, a secretaria da asociación, Carme Pérez Vaquero, única muller que ata o momento formaba parte do Patronato, deu a benvida ás novas integrantes Tamara González, Manuela Valencia, Carmen Eiró e Inés Vázquez, veciñas do territorio histórico do Couto Mixto. A súa entrada na entidade marca un fito: a partir de agora a asociación denominarase oficialmente Asociación de Amigos e Amigas do Couto Mixto, recoñecendo o compromiso feminino cun proxecto de recuperación da memoria, da identidade e do territorio.
Durante a cerimonia, Luís García Mañá foi nomeado Presidente Honorífico en recoñecemento ao seu labor incansable pola recuperación do Couto Mixto como símbolo de liberdade e irmandade. Cedeu a presidencia ao promotor cultural Xosé González Martínez, nunha emocionante entrega de diploma e un abrazo que simbolizou a continuidade dun proxecto colectivo.
No acto intervíu tamén o Secretario Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez, quen expresou a súa satisfacción pola incorporación de mulleres ao colectivo da asociación, destacando que "o Couto Mixto leva anos recuperando unha memoria que hoxe se completa cunha mirada plural e integradora". Subliñou a importancia do momento no que "por primeira vez na historia desta entidade, as mulleres ocupan un espazo central como valedoras da memoria e da identidade".
Tamén puxo en valor a diversidade lingüística do acto, no que se escoitaron intervencións en galego, catalán, portugués e español, unha riqueza que, segundo dixo, "nos define como país e que aquí, no Couto Mixto, cobra un significado especial: un territorio de dúas linguas pero cun mesmo corazón".
Os novos Xuíces e Xuízas Honorarias do Couto Mixto foron entregados Asociación de Mulleres Rurais Raiñas da Picoña, que o recolleu a súa presidenta, Dª Cristina Salgado Estévez, quen puxo en valor o papel das mulleres no rural, destacando “a importancia de crear espazos de encontro, saúde e compromiso colectivo”; A Entidade do Vall d’Arán, representada polo conseller de turismo D. Josep Canut, quen se amosou emocionado ao coñecer a realidade histórica do Couto Mixto e entregou variada documentación institucional para ser gardada no simbólico Arcón da Memoria, sinalando que “este debe ser o comezo dun novo espazo de encontro entre dúas realidades irmás”; O Centro Social, Cultural e Desportivo de Vilarelho da Raia, representado polo seu presidente D. Carlos Silva, quen agradeceu a distinción en nome de toda a comunidade facendo entrega dunha medalla ao membro da Asociación, Xosé Manuel Cid, como mostra de agradecemento pola súa colaboración e apoio constante en proxectos transfronteirizos.
Como é tradición, o Arcón da Memoria presidiu a cerimonia, traído desde a sancristía polos tres Homes de Acordo e alí se gardaron os documentos xerados durante este ano, reforzando o valor simbólico e patrimonial deste espazo compartido entre Galicia e Portugal.
As novas irmandiñas que entraron a formar parte da asociación participaron activamente na cerimonia facendo as louvas dos homenaxeados poñendo voz a un compromiso que se estende no tempo e se fortalece con cada incorporación.
A artista María do Ceo, acompañada polos músicos Álex e José Salgado, encheu de emoción o acto coa súa voz, poñendo o broche á cerimonia coa interpretación do Himno do Couto Mixto, con letra de Armando González e música da propia artista. O acto rematou cun xantar popular no Diestro do Crego no que participaron máis de 200 persoas convertendo a xornada nun verdadeiro exercicio de celebración da memoria, a identidade e a convivencia entre pobos irmáns.

O COMPROMISO COA LINGUA GALEGA PROTAGONIZA A XXIX EDICIÓN DOS PREMIOS LOIS PEÑA NOVO.O Patio de Armas do Castelo de Sout...
04/07/2025

O COMPROMISO COA LINGUA GALEGA PROTAGONIZA A XXIX EDICIÓN DOS PREMIOS LOIS PEÑA NOVO.

O Patio de Armas do Castelo de Soutomaior acolleu na tarde de onte a XXIX edición dos Premios Lois Peña Novo, nun acto promovido polo colectivo Galeguizar Galicia, nomeadamente pola Fundación Lois Peña Novo e Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística (AFNLG), coa colaboración da Deputación de Pontevedra, da Xunta de Galicia e do Concello de Redondela. Unha cita imprescindible no calendario cultural do país, que volveu poñer no centro o valor da lingua galega e da identidade colectiva.
A presentación correu a cargo da secretaria do colectivo Galeguizar Galicia, Dª. Carme Pérez Vaquero que remarcou a necesidade de utilizar a lingua galega a cotío como única maneira de construir o seu futuro, utilizándoa en calquera situación da vida, no médico, na igrexa, facendo xestións perante as administracións públicas, escollendo produtos etiquetados en galego ou no recordo dos seres queridos, remarcando que galeguizarse é escoller, exercer e decidir, e que se podemos escoller, escollamos o galego.
O presidente da Fundación D. Xosé González Martínez, salientou a responsabilidade individual como chave para acadar unha normalización lingüística real, asumindo os dereitos que lles concede a Constitución, o Estatuto de Autonomía de Galicia, a Lei de Normalización Lingüística e outras normas que regulan os dereitos lingüísticos na sociedade, porque cada decisión persoal conta, porque falar galego é escoller ser parte activa dun proceso colectivo que garante o futuro da nosa lingua.
A entrega dos galardóns deste ano recoñeceu o labor da Asesoría Xurídica da Deputación de Lugo, da comunicadora Esther Estévez Casado e do historiador Miguel Anxo Seixas Seoane. As intervencións das distintas persoas que participaron no acto puxeron de manifesto a importancia de actuar dende diferentes frontes -xurídica, social, comunicativa e historiográfica- para fortalecer o uso e prestixio do galego.
Miguel Anxo Seixas ofreceu un discurso de fondo histórico tecendo os principais fitos que marcaron a loita pola nosa identidade a través dos séculos. Valentín Lago, en representación da Asesoría Xurídica da Deputación de Lugo, subliñou a relevancia do recente acordo acadado pola Irmandade Xurídica -Galeguizar Galicia- co Goberno de España e a Xunta de Galicia para galeguizar o programa Atenea, un fito que cualificou como histórico e determinante para o uso do galego na xustiza. Esther Estévez agradeceu o recoñecemento destacando que a lingua galega é a única lingua que a fai sentir como realmente é, explicando que iso é o transmite nos centros educativos aos rapaces e rapazas porque é un luxo poder ter unha lingua propia e cómpre falala, defendela e valorala.
As persoas integrantes do xurado, que se encargaron de facer as louvas dos premiados, coincidiron en salientar que co traballo e iniciativas como as premiadas Galicia segue sendo cada día un pouco máis galega.
Cunha ampla representación institucional entre os que se encontraban D. Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua; D. Jorge Cubela López, deputado provincial de Cultura; Dª Sandra Bastos deputada provincial de Igualdade; D. Diego Moreira Álvarez, concelleiro en representación do a concello de Soutomaior; Dª Cristina Varela García, secretaria-interventora do Concello de Xermade; D. José Tomé Roca, presidente da Deputación de Lugo; Dª Digna Rivas Gómez, alcaldesa de Redondela e unha ampla represenación da Corporación municipal; D. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui e a Delegada territorial de cultura da Xunta de Galicia.
O deputado provincial de cultura D. Jorge Cubela López fixo entrega do galardón a D. Miguel Anxo Seixas Seoane, destacando a súa contribución ao coñecemento da historia de Galicia e á consolidación da conciencia cultural e lingüística.
D. Valentín García Gómez, fixo entrega do galardón á Asesoría Xurídica da Deputación de Lugo destacando o acordo ao que se chegou coa Irmandade Xurídica Galega para implementar o galego no novo programa Atenea para ter posibilidade real de utilizar o galego nos procedementos suliñando tamén a importancia deste tipo de actos como espazo de encontro, recoñecemento e compromiso co idioma e a cultura propias.
O concelleiro D. Diego Moreira, en representación do concello de Soutomaior entregou o galardón á comunicadora Dª. Esther Estévez.
Máis de 150 persoas ateigaron o Patio de Armas do Castelo que vivíu un acto marcado pola emoción da música e da palabra, dúas formas de expresión que chegan directamente a alma. As cantareiras de Malvela, acompañadas polos seus músicos e coa colaboración especial de Uxía, fixeron vibrar o castelo cunha actuación que conectou coa raíz máis fonda do patrimonio oral galego, poñendo voz e sentimento á celebración da lingua.

O Servizo de Publicacións da UVigo publicou no ano 2000 o libro de Luís M. García Mañá “Couto Mixto. Unha república esqu...
01/07/2025

O Servizo de Publicacións da UVigo publicou no ano 2000 o libro de Luís M. García Mañá “Couto Mixto. Unha república esquecida”, que tivo varias reedicións. Trátase dun traballo de investigación rigoroso sobre as orixes dunha entidade territorial con personalidade xurídica semellante á dun Estado. Tiña soberanía, goberno e ordenamento xurídico de seu que rexía a organización social daquela comunidade asentada na fronteira entre Galicia e Portugal.

Asociación Couto La Región – O Couto mixto, unha democracia inédita no seu tempo 1 Xullo, 2025 Xosé González Martínez O Servizo de Publicacións da UVigo publicou no ano 2000 o libro de Luís M. García Mañá “Couto Mixto. Unha república esquecida”, que tivo varias reedicións. Trátas...

Este ano as asociacións integrantes do Colectivo Galeguizar Galicia están a desenvolver moitas iniciativas novidosas par...
23/06/2025

Este ano as asociacións integrantes do Colectivo Galeguizar Galicia están a desenvolver moitas iniciativas novidosas para incentivaren o uso da lingua galega en todos os eidos nos que están presentes. Por poñermos un exemplo, a Irmandade Xurídica Galega, que celebrou a semana pasada a súa asemblea anual, conseguiu a materialización dun acordo que fará historia. Por fin, despois de moitas negociacións, a Administración Central e a Xunta de Galicia asinarán un convenio para introducir a lingua galega no programa informático Atenea, respondendo así á demanda dunha boa parte de funcionarios, xuíces, fiscais e operadores xurídicos.

Fundación Lois Peña Novo O Barbanza – “Premios Lois Peña Novo” 23 Xuño, 2025 Xosé González Martínez Este ano as asociacións integrantes do Colectivo Galeguizar Galicia están a desenvolver moitas iniciativas novidosas para incentivaren o uso da lingua galega en todos os eidos nos que e...

O acordo co Colexio Notarial de Galicia prodúcese ao abeiro do Pacto pola lingua e da actualización do Plan xeral de nor...
23/06/2025

O acordo co Colexio Notarial de Galicia prodúcese ao abeiro do Pacto pola lingua e da actualización do Plan xeral de normalización

Destaca que isto “é un paso máis no obxectivo de fomentar o uso do idioma en diferentes eidos e sectores profesionais”

Incide en que con estas medidas “dámoslle valor aos documentos públicos redactados en lingua galega”

Lembra que xa están en marcha outros convenios coa Consellería de Sanidade, a Fiscalía Superior de Galicia ou a Administración pública

Ademais, o Goberno autonómico vai iniciar un proceso de diálogo co Executivo central para que o programa ‘Atenea’ do Ministerio de Xustiza estea en galego

Asociación de Funcionarios para a Normalización LingüisticaIrmandade Xurídica Galega O portal da Lingua Galega-López Campos asina un protocolo de colaboración para impulsar o uso do galego no ámbito notarial 23 Xuño, 2025 O acordo co Colexio Notarial de Galicia prodúcese ao abeiro do Pacto ...

XVI Asemblea Xeral da Irmandade Xurídica GalegaSantiago de Compostela | 21 de xuño de 2025A Irmandade Xurídica Galega ce...
23/06/2025

XVI Asemblea Xeral da Irmandade Xurídica Galega
Santiago de Compostela | 21 de xuño de 2025

A Irmandade Xurídica Galega celebrou a súa XVI Asemblea Xeral no Salón de Graos da Facultade de Dereito da USC, nun acto que contou coa participación de destacadas autoridades e no que se nomeou Irmandiña de Honra á Avogada do Estado, Dª. Consuelo Castro Rey. No acto subliñouse o avance na normalización do galego na Xustiza, despois de intensas negociacións, co anuncio dun convenio para que o novo sistema “Atenea” sexa bilingüe permitindo tramitar expedientes en lingua galega. No transcurso do acto asinouse un protocolo de colaboración para potenciar o uso do galego no ámbito notarial entre a Xunta de Galicia, o Colexio Notarial de Galicia e a IXUGA. Rendeuse homenaxe ao notario D. Victorino Gutiérrez Aller coa colocación dun busto no exterior da Facultade de Dereito, e Incorporáronse sete novos membros á Irmandade, entre eles o Delegado do Goberno en Galicia. Un paso máis cara a unha Xustiza en galego, co compromiso firme de institucións e profesionais.

Dirección

Vigo
36211

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Galeguizar Galicia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir