En Familia

Llamar Cómo llegar Página web

En Familia Programa de acollemento familiar para nenas, nenos e adolescentes que viven en recursos de
protección e non dispoñen de alternativas familiares.

O obxectivo é contribuír a mellorar a súa calidade
de vida integrándoos nunha familia estable e protectora. En Familia é un programa de acollemento familiar para nenas, nenos e
adolescentes (NNA) que, vivindo en recursos de protección, non
dispoñen de alternativas familiares estables. O obxectivo do programa é loitar polo dereito das nenas, nenos e
adolescentes a vivir en familia, contribuíndo a mellorar a súa calidade
de vida integrándoos nunha familia estable e protectora que evite ou
poña fin a longas estancias nos recursos residenciais. Perfil das nenas, nenos ou adolescentes. Nenas, nenos ou adolescentes do sistema de protección que non contan
con outra alternativa familiar estable. Habitualmente teñen máis de 7 anos,
moitas delas chegando ou xa entradas na adolescencia, e precisan crecer
nunha familia onde desenvolverse en plenitude, sentíndose queridas,
respectadas e protexidas. De xeito especial, o programa ocúpase daquelas nenas e nenos que levan
máis tempo residindo nos centros e para os que a perspectiva de futuro
pasa pola institucionalización ata a maioría de idade para retornar
posteriormente á familia de orixe nas mesmas condicións de desprotección. Perfil das familias acolledoras

Familias interesadas en poñerse á disposición dunha nena, neno ou adolescente
para, a través dunha convivencia familiar progresiva e adaptada ás súas
necesidades, favorecer o seu adecuado desenvolvemento e contribuír na
reparación do seu dano. Os perfís necesarios, con carácter xeral, son:
• Entre 35 e 62 anos.
• Con dispoñibilidade temporal suficiente.
• Sen fillas/os ou fillas/os ou fillas/os maiores.
• Estabilidade e madurez persoal e de parella, de ser o caso.
• Con competencias de coidado.

Comezamos un novo ciclo de formación inicial para familias acolledoras.Datas: sábados 14 e 21 de marzo, e 11 e 18 de abr...
04/03/2026

Comezamos un novo ciclo de formación inicial para familias acolledoras.

Datas: sábados 14 e 21 de marzo, e 11 e 18 de abril, en horario de 10:00 a 14:00h.

Se estades interesadas, aínda estades a tempo!
Máis info no correo [email protected] ou no whatsapp 634 240 914.

, , , , ,

17/12/2025

Lleva años luchando para que los críos que no pueden estar con sus familias biológicas sean bienvenidos en otras casas. Y confía en que «más pronto que tarde» las familias de acogida sean la primera opción de esos niños en caso de adopción en Galicia

Dirección

Calle Ecuador 41
Vigo
36202

Teléfono

+34634240914

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando En Familia publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir