23/05/2017
Bo día a todxs! Nesta ocasión queremos informar de que non nos veremos nos micros abertos deste mes de maio, xa que non se poderán realizar. Desculpádenos por este contratempo, prometemos máis e mellor a comezos do próximo curso!
E para aliviar un pouco a pena, traemos tamén boas novas. Achégase unha foliada! Estade atentxs á páxina, porque publicaremos proximamente a data. Será a última deste curso e aproveitaremos para despedirnos. Non faltedes!