O Ateneo Atlántico nace en xaneiro de 2017 a partir dun pequeno núcleo de persoas de diferentes procedencias (profesionais, culturais, ideolóxicas, de idade, etc.). Durante varios meses dedicamos o noso esforzo á concreción do que queríamos e pretendíamos para un 'Ateneo' con sede en Vigo pero cunha clara vinculación atlántica. Foron tempos de discusión e debate, de borradores e tachaduras, de cal
ma e vórtice incontrolada ata acadar unha declaración de principios e uns estatutos que servisen de base legal. Mentres, promoción entre os círculos próximos do núcleo inicial e os primeiros apoios en forma de 'soci@s fundador@s' do Ateneo Atlántico. Ata que chegou o mes clave para o devir do Ateneo: o día 6 foi a nosa presentación no Marco de Vigo cun éxito de presenza nos medios de comunicación, organización, audiencia e participación realmente espectacular. Paralela ao proceso de presentación física foi a nosa presenza nas redes. Comezamos co blog e o Facebook e, aos poucos, engadimos unha canle de YouTube, Instagram, Twiter, etc. E, a partir de agora, o futuro escapa xa ás nosas mans, ás decisións daquel grupiño inicial. O devir do Ateneo Atlántico será o que queiramos entre todos e todas as viguesas interesadas neste ilusionante proxecto. Participa.
Únete ao Ateneo a través do botón 'rexístrate'.