06/07/2026
e mañá...Así andamos⤵️⤵️
🗣️FORMACIÓN DE FOMENTO DA CAPACIDADE EMPRENDEDORA (10 horas)
A Asociación de Comerciantes da Zona Príncipe organiza unha acción formativa dirixida a todas aquelas persoas interesadas en desenvolver as súas competencias emprendedoras, adquirir ferramentas prácticas para a posta en marcha de proxectos e descubrir novas oportunidades de negocio.
📅 Datas: Martes 7 e mércores 8 de xullo
🕘 Horario: De 9:00 a 14:00 horas
📍 Lugar: Sede da Asociación de Comerciantes Zona Príncipe
Rúa Urzáiz, nº 8, 2ª planta. 36201 Vigo.
Durante estas xornadas abordaranse aspectos clave do emprendemento, como a identificación de oportunidades, a planificación de proxectos, a innovación, a creatividade e o desenvolvemento de habilidades persoais e profesionais necesarias para emprender con éxito.
Esta formación está pensada para persoas emprendedoras, comerciantes, autónomos/as e para todas aquelas persoas que desexen potenciar a súa iniciativa e capacidade de liderar novos proxectos.