Monteira Danzas do Mundo

Monteira Danzas do Mundo Danzas do Mundo en Vigo
Danzas do Mundo Vigo
Danzas del Mundo en Vigo
Danzas del Mundo Vigo
Folklore
Danzas populares
Danzas tradicionais
Danzas tradicionales

Monteira naceu no ano 1989 e dende entón, reunímonos semanalmente para lembrar as danzas que coñecemos e para aprender outras novas, que os distintos membros do grupo recollen en diversos cursos e festivais, tanto nacionais como internacionais.

¿Por qué danzas populares? A través das danzas tradicionais e populares de diversas partes do mundo coñecemos, dalgún xeito, a outras xentes, a outras for

mas de expresión. É unha forma de contrarrestar a homoxeneización cultural moderna e de dar conta da diversidade que o ser humano posúe nas múltiples culturas existentes, así como un xeito de relacionarse san e divertido. O noso obxectivo é revivir a danza tradicional e que volte ser o que foi, para que a interpretación musical e a danza popular deixen de ser un espectáculo contemplativo, e se troquen nun acto participativo. Por medio da danza ofrecémosche unha viaxe por diferentes países deleitándonos cos seus diferentes ritmos e melodías. Poderemos saír da nosa Galicia da man dunha Muñeira, ir cara a Euscadi cun Carnaval de Lanz, achegarnos ata Gasconia coa sua Mazurca e subir ata Bretaña a ritmo de Gavotte, saltar a Eire cun Set e atravesar Escocia bailando un Streep the Willow e mesmo voar ata Grecia para coñecer os seus Sirtós, pasar a Bulgaria coas súas melodías gaitas bailando un Rodopsko, etc. Invitámosvos a todos ós que vos guste a danza, sen límites de idade ou coñecemento previo, a asistir ás nosas clases semanais, así como as festas que organizamos ou ás animacións e obradoiros que facemos noutras asociacións culturais ou veciñais.

15/06/2026

🎶 Obradoiro e Baile de Danza Antiga 🎶

Gustaríache descubrir as danzas que enchían pazos, cortes e festas doutros tempos?

Convidámoste a participar nun Obradoiro-Baile de danza antiga onde aprenderemos pasos, figuras e coreografías inspiradas nos séculos XV ao XVIII, nun ambiente acolledor e divertido, sen necesidade de experiencia previa.

Ven bailar a historia e compartir unha experiencia única entre música, movemento e tradición.

📅 Data: 20 de xuño
🕒 Horario: 10:30-13:30
📍 Lugar: TICS - Rúa Pena Trevinca, 3, Ourense
💰 Prezo: 25€

👥 Actividade aberta a todas as persoas interesadas.

📩 Información e inscricións: +34 651 821 471 | +34 604 027 363 | [email protected]

Os obradoiros de Danza Antiga son unha colaboración entre Tics-Espazo de Formación Artística (Ourense, Galicia) e Portingaloise - Associação Cultural e Artística (Portugal).

15/06/2026
12/06/2026

O venres 12 de xuño celebramos unha nova edición do Baile das Anduriñas na escola. Teremos un palco aberto onde alumn@s e/ou músicos de fora da escola po...

Dirección

Vigo
36203

Horario de Apertura

Martes 20:00 - 22:00
Sábado 20:00 - 22:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Monteira Danzas do Mundo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir