03/09/2026
Xa chegou a sexta edición da «Bolsa ensaia» 💧
10.000 € para unha persoa de 21 a 35 anos que queira desenvolver o seu proxecto ou traxectoria profesional en Galicia. Calquera disciplina ten cabida.
Somos unha iniciativa local que quere impactar na seguinte xeración. Posible grazas ás pequenas achegas desinteresadas das máis de 250 pingas que conforman a nosa comunidade, esta edición inclúe:
• Unha bolsa de 10.000 € para a túa traxectoria
• Dúas bolsas obra de 1.000 €
• Unha residencia creativa dun mes
• Reportaxe, acompañamento, divulgación e moitas máis novidades para finalistas.
📌 Garda esta publicación para ter toda a info a man.
💬 Se tes un proxecto de vida ou unha idea na cabeza, este é o momento.
📩 Se pensas nalgunha persoa a quen lle poida cambiar a traxectoria, etiquétaa nos comentarios ou envíallo. Ás veces o impulso que falta nace dunha mensaxe.
📅 O prazo de presentación de solicitudes remata o 8 de novembro ás 23:00 h.
👉 Consulta as bases completas e accede á convocatoria aquí: https://www.ensaia.com/bolsaensaia
Seica vai chover.