03/11/2026
Hoxe celebramos o Día Internacional das Reservas da Biosfera, territorios que demostran que a conservación da natureza e o desenvolvemento sostible poden avanzar da man 🌿 😊.
No Xeodestino Ancares-Terras de Burón temos a sorte de contar con tres Reservas da Biosfera, espazos que destacan pola súa riqueza natural, paisaxística e cultural, pero tamén polas persoas que os habitan e contribúen a manter viva a súa identidade.
💚 Unha oportunidade para lembrar a importancia de coidar o noso patrimonio natural, valorar os recursos do territorio e seguir construíndo un futuro sostible para as nosas aldeas e comunidades.
E ti, saberías responder á pregunta que formulamos dende o Xeodestino? 😉👇.