Liga Santaballesa, Santaballa

  • Home
  • Liga Santaballesa, Santaballa
Directions Website Contact the organization

Liga Santaballesa, Santaballa Asociación fundada en la habana en 1907, de beneficencia y educación e instrucción Na cidade de la Habana a dia 07 de Outubro de 1907 no domicilio do Sr.

Francisco Naseiro Castro no numero 51 da rua Campanario, domicilio social reuníronse 54 naturais de Sentáballa, e das localidades limitrofes de Mourence, Vilalba, Vilapedre, Lousada, Tardad, Distriz e Gondaisque coa fin de fundar na parroquia de Santáballa unha escola de instrucción elemental e superior para nenos e adultos de ambos sexos. En esa reunión que comenzou as oito da mañan e rematou as once e cuarto acordouse crear a sociedade “Liga Santaballesa de Educación e Instrucción” sendo nomeados presidente e secretario Don José Paz Lopez e Don Fermín Fraga Barro respectivamente. No primeiro regulamento especificábanse as ensinanzas que se debían impartir, tanto nun primeiro nivel ou primario como noutro nivel máis avanzado. Non só se pretendían as aprendizaxes das “catro regras” senón tamén unha formación en xeografía, historia, nocións de agricultura e cálculo mercantil. É dicir, naquelas áreas que os emigrados vían as súas necesidades. Mesmo se contemplaba que se impartise docencia de historia, xeografía, lingua e gramática galegas. Sendo o primeiro centro educativo a nivel mundial que incluíu no seu plan de estudios estas materias, tamén se contemplou a posibilidade da docencia dos idiomas inglés e francés. O nivel elemental estaba destinado para ser cursado por todos os escolares e eran gratuítos tanto a matricula como os libros e o material escolar. Os alumnos de educación superior debían de adquirir os libros pero a matricula e o material escolar eran de balde. En 1916 elévase a petición de recoñecemento da escola de Santaballa á Universidade de Santiago, organismo competente na materia naquela época. Para tal recoñecemento, os plans de estudos deberon modificarse e adaptarse ó que hoxe denominariamos “currículo oficial”. Quedaban atrás os estudos de lingua galega e literatura por imperativo legal. Pero si que a Historia e a Xeografía de Galicia tiñan cabida dentro do contexto xeral de España. Igualmente as nocións de agricultura inculcábanse a través das chamadas “festa da árbore” e ás clases de agricultura que motivaban un achegamento ecolóxico á natureza. Polo que parece tampouco se chegaron a impartir o nivel superior de estudios que no seu momento se pretenderan enfocar á contabilidade e administración de empresas (unha actual formación profesional). Probablemente os esforzos económicos dos emigrados non daban para máis e as posibilidades de continuar estudios dos nenos da parroquia eran precarias. A construción, acondicionamento e aprovisionamento da escola prolongouse o longo de 10 anos ata que se empezaron a impartir clases nela, durante ese tempo impartíronse clases en locais provisionais alugados ou cedidos a tal efecto. Dende a súa fundación e ata 1928 os habaneiros custearon non só a construción da escola e o seu mantemento, senón tamén a amoblaron, e pagaron ó mestre titular e á mestra auxiliar (que se encargaba dos máis pequenos e das nenas). E tamén pagaban o material escolar necesario para todos, adiantándose así en cen anos ó que na actualidade, e parcialmente, se realiza. O ensino era totalmente gratuíto. A partir de 1928 fíxose cargo o Estado do salario do profesor e ese ano inaugurouse outro edificio escolar con destino á denominada “escola nacional”, edificio que tamén se construíu coas apartacións dos veciños e que se ergue no lugar de Bordelle. Don Domingo Pérez Ocampo volveu facer outro chamamento á veciñanza e ós habaneiros e construíuse un terceiro edificio en Fontepisón, que se inaugurou como escola en 1929-1930. A partir desta data a parroquia contou con tres edificios escolares, se ben hai que dicir que nos locais da Liga funcionaban dúas aulas, ata os tempos modernos de concentracións escolares. O edificio foi adquirido polo “Patronato Pro Escola de Santaballa” no ano 1959 por un precio simbólico a sociedade Liga Santaballesa da habana (Cuba) , actualmente este padroado ten como socios os veciños da parroquia de Santaballa. A dia de hoxe xa esquecida a súa función de escola primaria o edificio da Liga Santaballesa sobrevive como centro multiusos e conserva o seu espírito orixinal, servendo como centro social das diversas entidades que teñen a sua sede na parroquía de Santaballa:

Compartimos con vós unha nova que nos fai moi felices.Onte publicouse o fallo dos premios Premio Turismo Sostible" do an...
24/09/2026

Compartimos con vós unha nova que nos fai moi felices.

Onte publicouse o fallo dos premios Premio Turismo Sostible" do ano 2026 nos que Santaballa resulta premiada.

Grazas á *Deputación de Lugo,* a *área de Réxime Interior, promoción do Territorio e Turismo,* ó *Concello de Vilalba* , en especial á *Concellería de Turismo* por apostar pola nosa parroquia.

*Un premio que é froito do traballo, do esforzo e da ilusión de todos/as:* dos que están, dos que estiveron, dos que tristemente xa non están entre nós e dos que virán.

De todos aqueles que nunca dubidan en colaborar, en botar unha man e achegar o mellor de sí, sexan de aquí ou de calquera outro lugar.

*Agradecidos eternamente a todos por axudar a construir unha Santaballa mellor* porque *XUNTOS fixeron, facemos e faceranse grandes cousas pola nosa parroquia.

Este sábado na XVI Feira do Indiano, haberá actividades para todos, neste caso contaremos cunha actividade para os máis ...
10/09/2026

Este sábado na XVI Feira do Indiano, haberá actividades para todos, neste caso contaremos cunha actividade para os máis peques da casa.

👧🏻🧒🏼 Un taller infantil de barro da man de Antonio Tenreiro.

A actividade será gratuíta e terá lugar ó longo da tarde a partir das 17h.

Charla coloquio organizada pola Asociación de Mulleres Rurais Agarimo.Data: próximo venres 17 de abril Hora: 20h.Lugar: ...
11/04/2026

Charla coloquio organizada pola Asociación de Mulleres Rurais Agarimo.
Data: próximo venres 17 de abril
Hora: 20h.
Lugar: Liga Santaballesa
Máis información nas imaxes adxuntas.

26/02/2026
26/02/2026
26/02/2026

La escuela habanera de Santaballa facilitó la escolarización de centenares de niños y niñas durante medio siglo desde que fue inaugurada en 1916. Hoy es ...

Hoxe na Tvg ás 22:50h. emitirase o programa de Latitude Galega, que terá como escenario Cuba 🇨🇺, nel poderemos ver caras...
27/01/2026

Hoxe na Tvg ás 22:50h. emitirase o programa de Latitude Galega, que terá como escenario Cuba 🇨🇺, nel poderemos ver caras coñecidas que xa nos visitaron na Liga, como a de Arantxa Fernández, directora da Cátedra de Galego na Universidade da Habana.
Non o perdades!!!

Grazas de corazón a tódalas familias que nos acompañástedes onte para recibir os Reis na Liga. É unha ledicia ver nos ne...
06/01/2026

Grazas de corazón a tódalas familias que nos acompañástedes onte para recibir os Reis na Liga. É unha ledicia ver nos nenos e nenas a súa ilusión, o seu sorriso e a súa inocencia, que nos lembran que o importante na vida son as cousas máis sinxelas.
Sigamos mantendo, non só hoxe, senón sempre, ese espírito de maxia e unión, e que nunca nos falte a capacidade de aprender das pequenas grandes leccións que os nenos nos dan.
Feliz día de Reis 👑✨

Para tódolos nenos e nenas que se acheguen hoxe a ver os Reis 🤴🏼🤴🏻🤴🏿, haberá unha merenda moi especial 👑✨
05/01/2026

Para tódolos nenos e nenas que se acheguen hoxe a ver os Reis 🤴🏼🤴🏻🤴🏿, haberá unha merenda moi especial 👑✨

Address


Alerts

Be the first to know and let us send you an email when Liga Santaballesa, Santaballa posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

Contact The Organization

Send a message to Liga Santaballesa, Santaballa:

Shortcuts

  • Want your organization to be the top-listed non profit organization?

Share