Cómo llegar Página web

Foroesgal O Foro pola Economía Social Galega é un espazo de encontro entre entidades da economía social gal

16/10/2026

📣600.000 persoas en Galicia están en risco de pobreza e/ou exclusión social, subindo 3,3 puntos a taxa AROPE (persoas en situación ou risco de pobreza ou exclusión social) con respecto ao ano pasado.

Así o revela o XVI informe 'O Estado de Pobreza en Galicia 2026' presentado hoxe no Consello Económico e Social de Galicia.

👥Este incremento afecta especialmente a poboación moza: o 27,6% de mozos e mozas entre 18 e 29 anos están en risco de pobreza e exclusión social.

🏠 A vivenda segue a ser principal factor de empobrecemento: un 47,1% de persoas que viven de alugueiro están en risco de pobreza fronte a un 15,7% que viven en propiedade

⚖ O Estado de Benestar evitou que 747.000 persoas entrasen na pobreza.

🎯Urxe acatar medidas como
🔹 A modificación da Lei de Inclusión Social
🔹O apoio ás familias monoparentais: 35.000 persoas en situación de pobreza
🔹Medidas específicas para a mocidade
🔹atallar a emerxencia da vivenda: retos na redución da pobreza e a crecente

🌼Tamén é imprescindible condenar os discursos de odio que alentan á violencia e criminalizan ás persoas en pobreza para poder avanzar en políticas sociais.

➕ info: https://eapn-galicia.com/es/galicia-perde-impulso-na-reducion-da-pobreza-tras-os-avances-despois-da-pandemia/
📊Informe completo: https://eapn-galicia.com/wp-content/uploads/2026/10/Informe-Estado-da-Pobreza-en-Galicia-2026.pdf

🌟 Esta mañá celebramos no Hotel Puerta del Camino de Santiago a sexta edición dos nosos Cafés con Aroma a Economía Socia...
15/10/2026

🌟 Esta mañá celebramos no Hotel Puerta del Camino de Santiago a sexta edición dos nosos Cafés con Aroma a Economía Social, unha proposta coa que queremos contribuír á visibilización do noso sector e que, unha vez máis, volveunos deixar un excelente sabor de boca.

🌎 O diálogo, as reflexións e as inquedanzas arredor do novo escenario xeopolítico internacional nutriron unha xornada que volveu ser, como de costume, tremendamente inspiradora.

🗣️ Para o ForoESGal, como organizador, foi un auténtico luxo poder contar, como relator principal, con Miguel Otero, investigador no Real Instituto Elcano e profesor e director na IE University.

👥Trala súa intervención, participou ademais nunha mesa redonda con outros tres grandes coñecedores da economía social como son Carlos Lozano, coordinador da área de Relacións Internacionais de CEPES; Celso Gándara, represente do ForoESGal en CEPES; e Ana Olveira, presidenta de EspazoCoop e vicepresidenta 2ª do ForoESGal, que moderou a actividade.

➡️ Desde o eido institucional, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; a alcaldesa do Concello de Santiago, Goretti Sanmartín; e a secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais da Conselleria de Emprego, Comercio e Emigración (que colaborou na cita), Susana Pérez, coincidiron á hora de destacar o importante papel da nosa fórmula empresarial na consecución dunha economía máis xusta, cohesionada e ligada ao territorio.

🤝 O presidente do ForoESGal, Mino Martínez, foi o encargado de dar a benvida a todas as persoas asistentes a un acto que tamén incluíu a intervención de Manuel Varela, presidente de Caixa Rural Galega, entidade que, un ano máis, arroupounos como patrocinador.

💙 Desde o ForoESGal queremos dar as grazas a todas as persoas que esta mañá quixestes contribuír, coa vosa presenza, a seguir construíndo unha sociedade máis xusta e solidaria que, como fai a Economía Social, poña as persoas no centro de toda actividade. 🥰

Grazas, de corazón, por acompañarnos nesta marabillosa VI edición dos Cafés con Aroma a Economía Social. 😊

Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, Agaca
AEIGA Asociación de Empresas de Inserción de Galicia
Aesgal
Cegasal
Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Rede Eusumo - Economía Social de Galicia
Caixa Rural Galega

Delegación del Gobierno en Galicia
Pazo de Raxoi

📢 Xa non queda nada para g***r dunha nova edición, a sexta, dos 𝖢𝖠𝖥É𝖲 𝖢𝖮𝖭 𝖠𝖱𝖮𝖬𝖠 𝖠 𝖤𝖢𝖮𝖭𝖮𝖬Í𝖠 𝖲𝖮𝖢𝖨𝖠𝖫.📅 Mañá, entre as 10.00...
14/10/2026

📢 Xa non queda nada para g***r dunha nova edición, a sexta, dos 𝖢𝖠𝖥É𝖲 𝖢𝖮𝖭 𝖠𝖱𝖮𝖬𝖠 𝖠 𝖤𝖢𝖮𝖭𝖮𝖬Í𝖠 𝖲𝖮𝖢𝖨𝖠𝖫.

📅 Mañá, entre as 10.00 e as 12.00 horas, xuntarémonos no 📌Hotel Puerta del Camino de Santiago para compartir ideas, experiencias e inquedanzas arredor do noso sector.

🗣️ Será un diálogo aberto no que reflexionar sobre o presente e o futuro da Economía Social, do seu potencial e dos seus principais desafíos ante o novo escenario xeopolítico internacional.

🌟 Un encontro para seguir impulsando proxectos de cambio para acadar unha sociedade cada vez máis xusta, inclusiva e igualitaria.

🤝O programa impulsado desde o conta coa colaboración da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e co patrocinio de Caixa Rural Galega.

Agardámosvos! 💙

Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, Agaca
AEIGA Asociación de Empresas de Inserción de Galicia
Aesgal
Cegasal
Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Rede Eusumo - Economía Social de Galicia
Caixa Rural Galega

Delegación del Gobierno en Galicia
Pazo de Raxoi

📢 📅 Dentro dunha semana, o vindeiro xoves 15, volveremos g***r dunha nova edición, a sexta, dos Cafés con aroma a Econom...
08/10/2026

📢 📅 Dentro dunha semana, o vindeiro xoves 15, volveremos g***r dunha nova edición, a sexta, dos Cafés con aroma a Economía Social, unha cita coa que desde o queremos promover a reflexión e o diálogo aberto arredor da .

✅ O programa volverá contar, un ano máis, coa colaboración da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración así como de Caixa Rural Galega, que un ano máis nos acompaña como patrocinador.

🗣️ Como xa vos adiantabamos hai uns días, a xornada permitirá abordar o presente e futuro da Economía Social a través da participación de expertos como Miguel Otero, Carlos Lozano, Celso Gándara e Ana Olveira.

👥 Acompañarannos tamén Manuel Varela, presidente de Caixa Rural Galega; Goretti Sanmartín, alcaldesa do Concello de Santiago; e Susana Pérez Iglesias, secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta.

🌟 Un marabilloso cartel para poder abordar, desde diferentes perspectivas, os retos e desafíos do sector ante o novo escenario xeopolítico internacional, eixo do programa deste ano.

O presidente do Foro, Mino Martínez, será o encargado de abrir o acto, que terá como sede o Hotel Puerta del Camino de Santiago, para dar a benvida a todas as persoas asistentes, coas que agardamos g***r dunha enriquecedora e inspiradora xornada. 💙

Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, Agaca
AEIGA Asociación de Empresas de Inserción de Galicia
Aesgal
Cegasal
Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Caixa Rural Galega
Rede Eusumo - Economía Social de Galicia
Pazo de Raxoi


🚌🚈 O uso do transporte público é inferior ao 5% nas poboacións de menos de 50.000 habitantes, superando o 10% nas que te...
06/10/2026

🚌🚈 O uso do transporte público é inferior ao 5% nas poboacións de menos de 50.000 habitantes, superando o 10% nas que teñen un número maior de residentes. Constátase ademais unha baixa participación do transporte público na mobilidade global de máis de 500 m de Galicia (nos últimos anos entre 3,01% e 3,54%).

✅ Estas son algunhas das conclusións do informe “Nova mobilidade en Galicia” elaborado por investigadores da Universidade da Coruña baixo o encargo do Consello Económico e Social de Galicia (CES), en cuxa sede tivo lugar onte unha mesa redonda para coñecer os resultados do devandito traballo.

👥 A sesión, que contou, entre outras persoas, coa asistencia de Mar Pernas, representante do sector da Economía Social no CES, incluíu a intervención da directora xeral de Mobilidade da Xunta, Judit Fontela, que defendeu a necesidade de seguir avanzando cara unha mobilidade sostible, eficiente e vertebrada do territorio.

ℹ️ Compartimos a nova publicada pola Xunta 👇
https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/029135/xunta-defende-unha-mobilidade-sostible-eficiente-vertebradora-territorio

Xunta de Galicia
Universidade da Coruña
Galicia

🌟A   convértese nunha excelente ferramenta para promover o desenvolvemento sostible no medio rural a través da creación ...
05/10/2026

🌟A convértese nunha excelente ferramenta para promover o desenvolvemento sostible no medio rural a través da creación de emprego de calidade vinculado ao territorio.

➡️ Así quedou de manifesto, unha vez máis, na xornada organizada o pasado sábado polo Ministerio de Traballo e Economía Social en San Román dos Cervantes (Ancares, Lugo).

✅ O encontro permitiu coñecer de primera man os retos e oportunidades do sector nos territorios do ámbito rural, nos que favorece, entre outras cousas, a fixación de poboación.

👥 A cita contou coa intervención, entre outras persoas, da ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, que reivindicou o valor solidario e democrático da Economía Social como motor social e laboral; e da directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta, Marta Mariño, que destacou o gran potencial desta fórmula económica.

🗣️ Entre a ampla lista de relatores inclúiuse tamén Ana Olveira, presidenta de EspazoCoop, entidade socia do ForoESGal.

Deixámosvos por aquí os enlaces ás novas do Ministerio e da Xunta relativas ao encontro 👇

ℹ️ https://prensa.mites.gob.es/webPrensa/listado-noticia/noticia/4571
ℹ️ https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/029102/xunta-pon-valor-cervantes-potencial-economia-social-para-fixar-poboacion-rural

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Ministerio de Trabajo y Economía Social
Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas

📢 O Ministerio de Traballo e Economía Social celebrará este sábado (de 9.30 a 15.30 horas) en San Román de Cervantes (Os...
01/10/2026

📢 O Ministerio de Traballo e Economía Social celebrará este sábado (de 9.30 a 15.30 horas) en San Román de Cervantes (Os Ancares, Lugo) unha interesante xornada arredor da en contornas rurais de reto demográfico.

✅ Trátase de reunir ao sector para dialogar e intercambiar ideas e reflexións no marco da aposta da administración por impulsar a como ferramenta de desenvolvemento sostible no medio rural.

👥 A cita contará, entre moitas outras persoas, coa participación da ministra de Traballo e Econmomía Social, Yolanda Díaz, e do recoñecido director de cine galego Oliver Laxe.

➡️ O evento permitirá ademais coñecer iniciativas que están contribuíndo á creación de emprego, o mantemento de servizos e a fixación de poboación en comarcas afectadas pola despoboación, poñendo en valor o papel da economía social. ✨

👉 Inscricións dispoñibles a través do seguinte formulario 👇
https://forma.administracionelectronica.gob.es/form/open/corp/0089b4bf-af1d-4907-9e85-b0e682d2cd06/NJSV?_mrMailingList=1356&_mrSubscriber=7459&utm_campaign=&utm_medium=email&utm_source=mailing1356

Ministerio de Trabajo y Economía Social

Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, Agaca
AEIGA Asociación de Empresas de Inserción de Galicia
Aesgal
Cegasal
Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas

☕☕ Desde o   comprácenos anunciarvos a celebración da sexta edición dos “CAFÉS CON AROMA A ECONOMÍA SOCIAL" iniciativa c...
30/09/2026

☕☕ Desde o comprácenos anunciarvos a celebración da sexta edición dos “CAFÉS CON AROMA A ECONOMÍA SOCIAL" iniciativa coa que un ano máis queremos propiciar un diálogo aberto, diverso e enriquecedor arredor do noso sector.

📅 Terá lugar o 15 de outubro, no Hotel Puerta del Camino de Santiago de Compostela, e reunirá a voces expertas como as de Miguel Otero, investigador principal no Real Instituto Elcano e profesor e director na IE University; Carlos Lozano, coordinador da Área de Relacións Internacionais da Confederación Empresarial Española de la Economía Social (CEPES); e Celso Gándara, representante de ForoESGal en CEPES.

✅ A xornada, artellada baixo o título “A Economía Social ante o novo escenario xeopolítico internacional” e dirixida ao persoal directivo e responsables de entidades do sector, permitirá analizar e reflexionar sobre os principais retos e desafíos do noso modelo económico.

👥 Acompañarannos tamén representantes da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta, que colabora na cita, así como do Concello de Santiago de Compostela.

ℹ️ Podes ler a nova na nosa web👇
https://foroesgal.org/Novas/ForoESGal-celebra-o-vindeiro-15-de-outubro-a-VI-edici%C3%B3n-dos-%22Caf%C3%A9s-con-Aroma-a-Econom%C3%ADa-Social%22/

Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, Agaca
AEIGA Asociación de Empresas de Inserción de Galicia
Aesgal
Cegasal
Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Pazo de Raxoi
Rede Eusumo - Economía Social de Galicia

📢 A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, entidade socia do ForoESGal, celebrará mañá martes día 29, no marco do pro...
28/09/2026

📢 A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, entidade socia do ForoESGal, celebrará mañá martes día 29, no marco do proxecto ES-Factory, o webinar Presentación do Plan Operativo de Implantación de ODS para impulso do Emprendemento en Economía Social, de 10.30 a 13.00 horas.

✅ A través desta acción poderedes coñecer o propio plan así como a ferramenta desenvolvida, a través dunha presentación do recurso e unha demostración práctica.

➡️ A xornada será presentada por Dalle que Dalle S. Coop. Galega.

Aínda estades a tempo de inscribirvos! 👇
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdcohKe-PBCZXkuz0xUqraqS9Yx7AU1z3mZQbKov8O7swzeEw/viewform

Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas
Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, Agaca
Aesgal

🗣️ A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta, Marta Mariño, puxo onte en valor convocatorias com...
25/09/2026

🗣️ A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta, Marta Mariño, puxo onte en valor convocatorias como o Bono Remuda ou o programa ES-Transforma á hora de garantir o futuro do tecido produtivo no eido da .

✅ Fíxoo na súa comparecencia no , na que tamén deu conta doutras accións desenvolvidas ata o momento no marco da Estratexia Galega de Economía Social Horizonte 2027, como a iniciativa transfronteiriza ES-Factory e o programa Medrando Xuntas.

➡️ Lembrou que no caso do Bono Remuda, o prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 30 deste mes.

➡️ Pola súa banda, as solicitudes do programa ES-Transforma se están a tramitar coa previsión de axudar preto de 90 entidades.

ℹ️ Compartimos por aquí o enlace da nova publicada pola Consellería 👇
https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/028758/xunta-pon-valor-convocatorias-como-bono-remuda-programa-transforma-hora-garantir

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Dirección

Santiago De Compostela

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Foroesgal publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir