Asociación Cultural Pedra Faladora

Asociación Cultural Pedra Faladora Asociación cultural

Se a candeloria chora, medio inverno vai fóra.A ver se é verdade…
02/02/2026

Se a candeloria chora, medio inverno vai fóra.
A ver se é verdade…

Que os Reís Magos veñan cargados de saúde para todos.
05/01/2026

Que os Reís Magos veñan cargados de saúde para todos.

Que o 2026 veña cargado de saúde para todos!!
31/12/2025

Que o 2026 veña cargado de saúde para todos!!

23/12/2025
30/11/2025

Novembro, dichoso mes, que comeza con tódolos santos, e remata con San Andrés.

Para que non exista necesidade de reivindicar este tipo de cousas. Por un futuro digno no rural.
14/10/2025

Para que non exista necesidade de reivindicar este tipo de cousas. Por un futuro digno no rural.

Este fin de semana, vídelle tomar un vermú a Monzo.
09/10/2025

Este fin de semana, vídelle tomar un vermú a Monzo.

Chegou o outono e toca abrigarse.E como din por ahí: San Migueliño das uvas maduras, moito me tardan e pouco me duran.
22/09/2025

Chegou o outono e toca abrigarse.
E como din por ahí: San Migueliño das uvas maduras, moito me tardan e pouco me duran.

16/08/2025
25/07/2025

O vindeiro domingo 27 de xullo dentro das Festas do Apóstolo en Santiago, acontecerá máis un ano o TradFest Compostela, unha celebración da música popular actual con 12 concertos, feira de artesanía, ruadas no parque e igrexa de san Domingos de Bonaval e nas prazas de Mazarelos e da Quintana; un evento producido por aCentral Folque e Nordesía promovido polo concello de Santiago de Compostela e promocionado desde La Voz de Galicia co apoio da Xunta de Galicia.

Esta é unha festa da música popular con artistas galegos e internacionais amosando diversas estéticas arredor dos cantos, os bailes, a tradición, a contemporaneidade… en varios palcos no Parque e na igrexa de Bonaval e na praza de Mazarelos finalizando a xornada na Praza da Quintana. Para este ano o elenco contempla artistas coma Baiuca, Tres Pesos na Quintana pola noite. Pola mañá nese palco estará a Banda Municipal de Música de Santiago co convidado especial Pedro Lamas. O programa complétase coas músicas antigas do arco atlántico en clave con Chruinne na igrexa de Bonaval. Na esplanada entre os museos de Bonaval actuarán pola tarde os grupos galegos Xiro, Faltriqueira e Irmaus da Raia Seca. Na praza de Mazarelos teremos a feira de Artesanía e Música toda a xornada e ao medio día unha Foliada Asalto con Pesdelán que completará o cuarteto Mediarea. A participación internacional será a cargo das occitanas Cocanha nese lugar. As ruadas deste ano será a cargo dos grupos Os Enxebres de San Lázaro e Os Viqueiras desde Ordes.

Haberá un acto inaugural no Museo do Pobo Galego: ‘Conversa con…’ Antón Santamarina conducida por Alba Cid.

A entrada é libre a todas as actividades

PROGRAMA TradFest Compostela 2025:

MAÑÁ

MUSEO DO POBO GALEGO

11:30 – Acto de apertura: ‘Conversa con…’ Antón Santamarina. Conduce: Alba Cid
11:00 a 13:45 – Visitas á exposición “Cantareiras. Oralidad, creación, transmisión”
IGREXA DE SAN DOMINGOS DE BONAVAL

12:30 – Chruinne
PRAZA DA QUINTANA

12:00 – “PASEOS” da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela + Pedro Lamas: “De Bonaval á Quintana”. Dirixe: Casiano Mouriño. Canto e pandeireta: Merchi Rodríguez. Gaita: Pedro Lamas.
PRAZA DE MAZARELOS

13:00 – Foliada Asalto con Pesdelán
14:00 – Mediarea
TARDE

PARQUE DE BONAVAL

17:00 – Xiro
18:00 – Faltriqueira
19:15 – Irmaus da Raia Seca
PRAZA DE MAZARELOS

20:30 – Cocanha (Occitania)
PRAZA DA QUINTANA

21:30 – Tres Pesos
22:30 – Baiuca
TODO O DÍA

RUADAS durante toda a xornada con Os Viqueiras e Os Enxebres de San Lázaro
FEIRA de Artesanía e Música. Praza de Mazarelos.

Dirección

Monzo
Trazo
15687

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asociación Cultural Pedra Faladora publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Asociación Cultural Pedra Faladora:

Compartir