Fundación Ramón Otero Pedrayo

Fundación Ramón Otero Pedrayo Descubre a casa de Ramón Otero Pedrayo en Trasalba, Amoeiro. Neste lugar a Fundación Otero Pedrayo garda a memoria do que foi o patriarca das Letras Galegas.

A Casa Museo de Otero Pedrayo está situada no lugar de Cima de Vila, na parroquia de Trasalba, no Concello de Amoeiro, Ourense. Ramón Otero Pedrayo (Ourense,1888 -1976) foi un personaxe principal na vida cultural galega de boa parte do século XX. Escritor, historiador e profesor, ocasionalmente político, traballou coa idea de alentar á cultura e ao pais galego. Formou parte de grandes iniciativas

institucionais para o desenvolvemento do país como a revista Nós e o Seminario de Estudos Galegos. Foi, tamén, deputado galeguista na primeira lexislatura da II república. Despois da Guerra Civil, foi a primeira figura da resistencia cultural do interior e principal transmisor da memoria da Xeración Nós entre os universitarios galegos da década dos cincuenta e conector cos galegos da emigración e do exilio. Por esta actividade foi coñecido como "o patriarca das letras galegas". Na visita ao museo pódense contemplar obxectos persoais do escritor, o mobiliario familiar e a súa biblioteca, así como a estrutura tradicional dun pequeno pazo de finais do século XVIII. Os fondos están conformados a partir da vontade testamentaria de Otero Pedrayo, concretada na Fundación que leva o seu nome e xa imaxinada polo escritor para uso e disfrute dos galegos. Os moitos accesos, debidamente sinalizados, e a situación da Casa Museo, permiten g***r dunhas fermosas paisaxes da Galicia interior. A contorna, de gran beleza natural, mostra boa parte da ambientación da obra literaria do escritor.

17/06/2026

Novas datas de proxección do documental "Ramón Otero Pedrayo, dereito á paisaxe" grazas ás Bibliotecas Móbiles da Xunta de Galicia (Furgotecas) 🥰👏

📍 26 de xuño. Concello de Porqueira (Salón de actos). 11:30h - 13:00h
📍 22 de xuño. Concello de Vilardevós (centro social de Lamardeite). 16:00h - 16:45h
📍 Xullo. Pendente de día. Concello da Coruña.
📍 12 de setembro. Concello de Sandiás. 19:00h.

A asistencia a calquera das emisións é libre e de balde 😊
Agardamos que poidades desfrutar do documental sobre don Ramón!

Hoxe compartimos imaxes do pasado sábado na Illa de San Simón. Non é doado facer unha homenaxe á altura para quen tanta ...
17/06/2026

Hoxe compartimos imaxes do pasado sábado na Illa de San Simón.
Non é doado facer unha homenaxe á altura para quen tanta pegada deixou. Foi un acto sinxelo, pero cargado de emotividade.

Xesús Alonso Montero, mestre de mestres, o maior oteriano, gran amigo, grazas.

A Fundación Otero Pedrayo e a Asociación de Amigos de Otero Pedrayo convocan o "Premio Orador do Ano Oteriano 2026" 🏆O p...
17/06/2026

A Fundación Otero Pedrayo e a Asociación de Amigos de Otero Pedrayo convocan o "Premio Orador do Ano Oteriano 2026" 🏆
O premio quere recoñecer e difundir as mellores pezas en lingua galega enmarcadas no mundo oteriano, é dicir, que versen sobre a vida, obra, pensamento ou legado de don Ramón.

Para poder participar no concurso, é necesario cumprir unha serie de requisitos:
⏰ Duración entre 10 e 30 minutos.
📹 Preferentemente vídeo, aínda que tamén se admiten audios.
🗣 Peza en lingua galega.
🎙 Poderán presentarse pezas orixinais creadas para o premio a propósito ou pezas xa difundidas con anterioridade en medios de comunicación.
👥 Poden concorrer ao premio tanto persoas de xeito individual como en grupo, sempre que sexan os autores da peza e esta sexa orixinal. Máximo de dúas obras por persoa.
📅 O prazo de presentación rematará o 15 de novembro de 2026.

O gañador do "Premio Orador do Ano Oteriano 2026" recibirá unha escultura de don Ramón, 500€ en produtos Coren e, por suposto, a difusión da peza gañadora.

Agardamos as vosas participacións! 👏😊

Con motivo das festas da cidade de Ourense, compartimos o seguinte texto de Ramón Otero Pedrayo do ano 1932 📖"Ourense, c...
16/06/2026

Con motivo das festas da cidade de Ourense, compartimos o seguinte texto de Ramón Otero Pedrayo do ano 1932 📖

"Ourense, craro río, verde val,
Leda vendima, céltigos outeiros,
Xardís fidalgos, eido petrucial,
Soar de piñeiros.

Erbedelo sombrizo, outa Sta. Mariña,
Cudeiro asoellado, a Loña lavandeira,
Canedo traficante, Seixalbo boa viña,
Coto, e ribeira.

Boa raza, conteste, agasalleira,
Razón seréa, na paseón, laural,
Intelixenza de feixóo, senlleira.
Verso de Carvaxal.

Xentil mañá das ruas! Latexar
da estrela da serán no ceo malva.
Deitar de fontes no ensoño luar,
Toque da alba!

Pelouriño, as Mercedes, a Barreira,
Prazas do Ferro, a Maor, e do Torrón,
Cruz do Pantrigo, Porta da Eira
Vella canceón!

Santo Cristo na capela dourada,
Veu do mar consoarnos da dór,
Cántalle o reiseñor deica a luzada
Cristo d'amor.

Ponte román, lei, latino
Anel das bodas do Miño
Iris de pedra o arco fino
Camiño!

A Burga, materna lareira
Quenta o esprito cidadán,
Néboa ardente, tecedeira
De ensoño levián.

Ourense, ouro. Corazón
Espranza, bondade, tesouro
De amor, agarimo, canción
Ourense, ouro!"

16/06/2026

Novas datas de proxección do documental "Ramón Otero Pedrayo, dereito á paisaxe" grazas ás Bibliotecas Móbiles da Xunta de Galicia (Furgotecas) 🥰👏

📍 17 de xuño. Concello de Padrenda (Centro social Grixó). 16:15h - 17:00h.
📍 22 de xuño. Concello de Vilardevós (centro social de Lamardeite). 16:00h - 16:45h
📍 26 de xuño. Concello de Porqueira (Salón de actos). 11:30h - 13:00h
📍 Xullo. Pendente de día. Concello da Coruña.
📍 12 de setembro. Concello de Sandiás. 19:00h.

A asistencia a calquera das emisións é libre e de balde 😊
Agardamos que poidades desfrutar do documental sobre don Ramón!

O sábado 27 de xuño a Fundación Otero Pedrayo fará entrega do Premio Trasalba 2026 a Ramón Villares Paz 🥰👏O Premio Trasa...
16/06/2026

O sábado 27 de xuño a Fundación Otero Pedrayo fará entrega do Premio Trasalba 2026 a Ramón Villares Paz 🥰👏
O Premio Trasalba é unha distinción que a Fundación Otero Pedrayo entrega cada ano a unha persoa ou institución que se teña salientado en promover a figura de Ramón Otero Pedrayo ou na defensa e espallamento da lingua e a cultura galega.

📍 A entrega do premio terá lugar na Casa Museo Otero Pedrayo, en Trasalba, Amoeiro, en horario de 12:30h a 14:00h.
Contaremos coa laudatio de Rosario Álvarez, coa actuación musical de Maria Do Ceo, a presentación do libro "A miña amizade con Castelao e outros escritos" de Ramón Otero Pedrayo (edición de Patricia Arias Chachero) e, por suposto, cunha intervención de Ramón Villares Paz, o noso galardoado 😊
Despois da entrega do premio, haberá un xantar de amizade no souto da casa 🥖🍷

📝 É necesario apuntarse tanto para asistir ao acto de entrega do premio como para o xantar por algunha das seguintes vías:
📩 Enderezo electrónico: [email protected]
📨 Whatsapp: 638189739
📞 Chamada no 988281139

Inscricións abertas ata o 24 de xuño. A comida terá un prezo de 30€ por persoa.

Agardamos vervos por Trasalba o sábado 27 de xuño! 🤩

O sábado 27 de xuño a Fundación Otero Pedrayo fará entrega do Premio Trasalba 2026 a Ramón Villares Paz 🥰👏O Premio Trasa...
15/06/2026

O sábado 27 de xuño a Fundación Otero Pedrayo fará entrega do Premio Trasalba 2026 a Ramón Villares Paz 🥰👏
O Premio Trasalba é unha distinción que a Fundación Otero Pedrayo entrega cada ano a unha persoa ou institución que se teña salientado en promover a figura de Ramón Otero Pedrayo ou na defensa e espallamento da lingua e a cultura galega.

📍 A entrega do premio terá lugar na Casa Museo Otero Pedrayo, en Trasalba, Amoeiro, en horario de 12:30h a 14:00h.
Contaremos coa laudatio de Rosario Álvarez, coa actuación musical de Maria Do Ceo, a presentación do libro "A miña amizade con Castelao e outros escritos" de Ramón Otero Pedrayo (edición de Patricia Arias Chachero) e, por suposto, cunha intervención de Ramón Villares Paz, o noso galardoado 😊
Despois da entrega do premio, haberá un xantar de amizade no souto da casa 🥖🍷

📝 É necesario apuntarse tanto para asistir ao acto de entrega do premio como para o xantar por algunha das seguintes vías:
📩 Enderezo electrónico: [email protected]
📨 Whatsapp: 638189739
📞 Chamada no 988281139

Inscricións abertas ata o 24 de xuño. A comida terá un prezo de 30€ por persoa.

Agardamos vervos por Trasalba o sábado 27 de xuño! 🤩

Onte, 13 de xuño, a asociación Airiños da nosa Galicia organizou unha xornada na honra de Ramón Otero Pedrayo en Cataluñ...
14/06/2026

Onte, 13 de xuño, a asociación Airiños da nosa Galicia organizou unha xornada na honra de Ramón Otero Pedrayo en Cataluña 🥰
A Fundación Otero Pedrayo estivo presente a través do seu presidente, Eduardo López Pereira. Acompañouno María José Bravo Bosch, membro da fundación e directora do documental "Ramón Otero Pedrayo, dereito á paisaxe" que, por suposto, se proxectou ☺
Ademais do video, os asistentes puideron desfrutar da exposición de Siro.
Queremos agradecer á organización do evento todo o traballo, o interese por don Ramón e o convite. Foi un luxo poder participar e colaborar co evento.

✍ Efrén Vázquez, seguidor das nosas redes, fíxonos chegar a seguinte mensaxe hai uns días:"En 1988 elaborei unha guía di...
14/06/2026

✍ Efrén Vázquez, seguidor das nosas redes, fíxonos chegar a seguinte mensaxe hai uns días:
"En 1988 elaborei unha guía didáctica sobre D. Ramón Otero Pedrayo, coa que gañei un certame do Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña. Achego foto da portada. Foi un traballo de xuventude, pero aí está." 📚

Hai moito e moi bo oteriano espallado por Galicia 🥰👏
Desexando recibir a obra en formato dixital, Efrén. Moitísimas grazas! ☺

A prensa faise eco da exposición sobre Ramón Otero Pedrayo inaugurada no Arquivo Histórico Provincial de Ourense con mot...
13/06/2026

A prensa faise eco da exposición sobre Ramón Otero Pedrayo inaugurada no Arquivo Histórico Provincial de Ourense con motivo do 50 aniversario do seu pasamento 😊👏

📰 OurenseXa: "El Archivo Histórico Provincial de Ourense inaugura la muestra 'Ramón Otero Pedrayo. 50º cabodano (1976–2026)'"
https://ourensexa.com/es/news/el-archivo-historico-provincial-de-ourense-inaugura-la-muestra-ramon-otero-pedrayo-50o-cabodano-1976-2026/126154/
📍 Xunta de Galicia: "Anxo M. Lorenzo pone en valor la muestra 'Ramón Otero Pedrayo' del Archivo Histórico de Ourense por reflejar su "eterna influencia" en la cultura gallega"
https://www.xunta.gal/es/notas-de-prensa/-/nova/025606/anxo-lorenzo-pone-valor-muestra-ramon-otero-pedrayo-del-archivo-historico-ourense
📰 Planomato: "Exposición 'Ramón Otero Pedrayo 50º Cabodano 1976-2026'"
https://www.planomato.com/es/ourense/p/exposicion-ramon-otero-pedrayo-ourense

Dirección

Fundación Otero Pedrayo/Cima De Vila, 6
Trasalba
32172

Horario de Apertura

Martes 09:00 - 16:00
Miércoles 09:00 - 16:00
Jueves 09:00 - 16:00
Viernes 09:00 - 16:00
Sábado 09:00 - 16:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Fundación Ramón Otero Pedrayo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir