Festas de Traba-Laxe

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Festas de Traba-Laxe Promoción das Festas de Traba de Laxe

Hoxe a nosa parroquia comeza a encherse de tradición.🙏🏼Do 14 ao 22 de agosto, Misas da Novena da VIRXE DOS MILAGROS ás 1...
14/08/2026

Hoxe a nosa parroquia comeza a encherse de tradición.

🙏🏼Do 14 ao 22 de agosto, Misas da Novena da VIRXE DOS MILAGROS ás 19:00 h na parroquia de Santiago de Traba.

E atención, que o domingo 23 hai misas dende as 9 e ca misa solemne ás 13.30 darán comezo os gaiteiros de Churia e teremos unha gran festa acompañados da Orquesta Trébol e Metrópolis.

E non durmas, porque o 24 temos a festa na honra de San José acompañados dos gaiteiros e dun grupo para festexar cos veciños e veciñas.

Porque en Traba temos tradición e fe pero tamén cumprimos co deber da festa. 😉

Agardámosvos!

Hoxe damos a benvida a agosto!Por suposto nos xa andamos pensando no noso 4 domingo de Agosto...Que xa chegan as nosas q...
01/08/2026

Hoxe damos a benvida a agosto!

Por suposto nos xa andamos pensando no noso 4 domingo de Agosto...
Que xa chegan as nosas queridas Festas dos Milagros de Traba! ⛪️🎉

Non pode faltar ninguén;
Os que veñen todos os anos sen fallar un só día🙌
Os que volven a casa por vacacións✈️
A mocidade coas súas ganas de verbena 💃🕺
Os nosos maiores, que nos lembran o verdadeiro xeito de sentir a festa. 👵👴

Ide preparando o corpo , os bailes e as galas porque imos facer que este ano sexa inesquecible. 🎶

Vémonos moi pronto nos Milagros✨

Agradecemos as casas comerciais, locais e negocios pola súa colaboración.
E a tódolos veciños e veciñas que además fan festa e disfrutan connosco.

22/06/2026

Veciñanza, en tan só 24 horas prendemos o lume das festas...

Vide desfrutar connosco das Festas do Sacramento
📆 Martes 23 de xuño:
A partir das 20:00h, ¡churrasco de balde para todos! A mellor forma de comezar a noite máis máxica do ano.
📆 Mércores 24 de xuño:
⛪ Ás 13:00h terá lugar a Misa Solemne na honra do Santísimo Sacramento.
🎶 O son e o baile corren a cargo dos Gaiteiros de Churia e a Orquesta Miramar.
E para os máis cativos... teremos inchables para que o pasen en grande! 🎈

Pola noite a Orquesta Miramar estará acompañada polo Grupo Master para dar o máximo no campo da festa.🎉

Agardámosvos!

21/06/2026

1, 2, 3
Preparados para sentir o ritmo?💃🕺
Non queda nada para as Festas do Sacramento

En Traba temos un bo conxunto de bailarins pero penso que podemos encher o campo e contamos con todos vos para bailar a nosa TRABachata😝

Segue os pasos e ven bailar e g***r dunha noite inesquecible.

Agardámoste!
23 e 24 de xuño as festas vivense en Traba!

14/06/2026

Festeiros e festeiras,
Só quedan 10 días⏳
Vide desfrutar connosco das Festas do Sacramento
📆 Martes 23 de xuño:
A partir das 20:00h, ¡churrasco de balde para todos! A mellor forma de comezar a noite máis máxica do ano.
📆 Mércores 24 de xuño:
⛪ Ás 13:00h terá lugar a Misa Solemne na honra do Santísimo Sacramento.
🎶 O son e o baile corren a cargo dos Gaiteiros de Churia e a Orquesta Miramar.
E para os máis cativos... teremos inchables para que o pasen en grande! 🎈

Pola noite a Orquesta Miramar estará acompañada polo Grupo Master para dar o máximo no campo da festa.
Diversión para toda a familia

Agardámosvos!

12/06/2026

💥 ¡MÁXIMA DIVERSIÓN PARA OS CATIVOS!💥

O mércores 24 de xuño as Festas do Sacramento énchense de cor e saltos cos inchables de D' Troula 🎈

Para que os máis pequenos o pasen en grande mentres os maiores desfrutan da sesión vermú

Agardámosvos !

Dirección

Traba
15117

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Festas de Traba-Laxe publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Festas de Traba-Laxe:

Atajos

Compartir