08/03/2026
📢 Cando vemos noticias así deberiamos parar e reflexionar. Moito.
Máis de 300 persoas mortas nun derrubamento nunha zona mineira na República Democrática do Congo, e máis de 700 vítimas en menos de dous meses. Non é unha historia afastada que non teña nada que ver con nós. É un recordatorio brutal do que pode ocorrer cando se pon a minería por riba das persoas, da seguridade e do territorio.
Aquí, en Touro e O Pino, preténdese abrir unha mina de cobre a ceo aberto xigantesca, nun lugar como Galicia onde chove intensamente durante boa parte do ano, onde os solos están saturados de auga e onde os ríos e regatos conectan todo o territorio. Nun contexto así, falar de balsas de residuos mineiros, montañas de estériles e movementos masivos de terra non é unha cuestión menor.
Que pasará cando cheguen as chuvias torrenciais?
Que pasará cos lodos tóxicos, cos metais pesados, cos ríos que abastecen ás nosas aldeas e explotacións agrícolas?
Quen asumirá as consecuencias se algo falla?
A historia da minería está chea de derrubamentos, roturas de balsas e desastres ambientais. Pensar que aquí sería diferente, nun territorio húmido como Galicia, é simplemente pechar os ollos á realidade.
Non falamos só de paisaxe.
Falamos de auga, saúde, agricultura, gandería e futuro para os nosos fillos e fillas.
Non queremos converter os nosos concellos nun experimento mineiro.
✊ Galicia non é un territorio de sacrificio.
✊ A nosa terra, a nosa auga e a nosa vida valen máis ca calquera mina.
Al menos 300 personas han mu**to en un nuevo derrumbe ocurrido en la zona minera de Rubaya, en el noreste de la República Democrática del Congo (RDC), informa este domingo a Efe...