05/10/2026
A consulta "Minería Así Si" é sobre o Plan Terras, non sobre a mina.✍
Nestes días púxose en marcha un proceso para que a veciñanza decida en que se investe o Plan Terras, o plan de investimento social da zona.💱
É para toda a comarca, pensen o que pensen: a favor, en contra ou sen opinión formada.
Participar non implica apoiar o proxecto mineiro.
O proxecto mineiro segue os seus trámites legais e ambientais, á parte.
A consulta está xestionada por unha consultora externa e independente. Cobre San Rafael financia o proceso, pero non o xestiona.
A veciñanza poderá participar de diferentes formas, que se irán poñendo en marcha: macroenquisas, entrevistas, grupos de debate, enquisa online, urnas ou a través do correo [email protected] ⬅
En relación ás urnas, estaba previsto poñelas nas casas consistoriais de Touro e O Pino. En O Pino mantense na casa consistorial. En Touro, o goberno local non autorizou a colocación da urna.🗳
Lamentamos esta decisión. O goberno local debe representar a todos os veciños e veciñas e facilitar a súa participación, sen que prevalezan consideracións políticas ou de goberno sobre o dereito da cidadanía a ser escoitada.
A veciñanza ten a oportunidade de decidir directamente as prioridades dun investimento para o seu propio territorio. O Plan Terras ofrece esa oportunidade: que sexa a xente da zona quen diga que necesita e en que se debe investir.
Anímate a participar e a facer oír a túa voz!
Asociación Mineiros Touro O Pino