Comisión de Cabaleiros

Cómo llegar

Comisión de Cabaleiros Comision Cabaleiros - Tordoia

❗COMUNICADO DA COMISIÓN DE FESTAS DE CABALEIROS❗e RECORDO VIRXE DO CARMEN 2025🤩.Queremos comunicar á veciñanza que, desp...
06/05/2026

❗COMUNICADO DA COMISIÓN DE FESTAS DE CABALEIROS❗e RECORDO VIRXE DO CARMEN 2025🤩.
Queremos comunicar á veciñanza que, despois de dous anos formando parte da Comisión de Festas da nosa parroquia, as cinco persoas que actualmente a integramos tomamos a decisión de deixar esta responsabilidade.

Foron dous anos de traballo, dedicación, esforzo e moitas horas investidas para intentar sacar adiante unhas festas das que todos e todas puidésemos sentirnos orgullosos. Fixémolo sempre coa mellor vontade, con ilusión e co único obxectivo de manter viva unha tradición que forma parte da identidade da nosa parroquia.

A nosa decisión non nace dunha falta de ganas nin dunha perda de ilusión. Ao contrario, a ambición por facer unhas boas festas segue estando aí. Pero tamén é necesario ser sinceros: organizar unhas festas require tempo, apoio, colaboración e medios económicos suficientes. E a realidade é que, cos recursos dispoñibles e coa participación económica actual, resulta cada vez máis difícil achegarse ao nivel doutras festas veciñas, nas que a implicación e as achegas son moi diferentes.

Cómpre lembrar que formar parte da Comisión de Festas é algo voluntario e aberto a calquera persoa da parroquia que queira colaborar. Por iso, durante este tempo intentouse buscar relevo, pero polo momento non hai persoas dispostas a asumir esta responsabilidade. Esta falta de voluntarios é tamén unha mostra clara da dificultade que supón hoxe en día sacar adiante unha comisión deste tipo.

Por todo isto, consideramos que agora a continuidade das festas queda en mans da veciñanza e tamén do Concello, que deberá valorar que decisión quere asumir ante esta situación e que solución se pode ofrecer para que a parroquia non perda as súas festas.

Pola nosa parte, a pesar das dificultades, só podemos agradecer a todas aquelas persoas que si colaboraron, apoiaron, axudaron ou confiaron en nós ao longo destes dous anos.

Agardamos que esta situación sirva tamén para reflexionar sobre a importancia de apoiar, colaborar e valorar o traballo das persoas que, de maneira totalmente voluntaria, dedican o seu tempo a manter vivas as festas da parroquia.

Moitas grazas a todos e todas.

A Comisión de Cabaleiros Festas de Cabaleiros

🔥VIRXE DO CARME🔥Xa non queda nada🎉. O domingo 13 de JULIO esperamos que veñades todos, estades invitados😊13:00 -> Misa n...
05/07/2025

🔥VIRXE DO CARME🔥
Xa non queda nada🎉. O domingo 13 de JULIO esperamos que veñades todos, estades invitados😊

13:00 -> Misa na honra da Virxe Do Carme, procesión a cargo de Faiscas da Pontraga

🍺MacroSesión Vermú co noso Dj residente ( Dj New House ) e coa gran orquesta UNIÓN Y FUERZA🍺

20:30 -> Verbena coa orquesta UNIÓN Y FUERZA👏

Desde a Comisión de Cabaleiros queremos agradecer a todos os que vos pasastes pola festa o día do Santísimo Sacramento🥰T...
04/07/2025

Desde a Comisión de Cabaleiros queremos agradecer a todos os que vos pasastes pola festa o día do Santísimo Sacramento🥰
Tamén agradecer a todos os veciños e colaboradores que nos axudan a que as festas sexan posibles😊💯

Dito esto; Cabaleiros non para, ainda que algúns poñan pedras no camiño seguimos adiante:
O domingo 13 de julio temos a festa pola VIRXE DO CARME, xa non queda nada.

🎉🎉🎉Estades todos máis que invitados!!!🎉🎉🎉

🥳🥳🥳🥳¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ESTE DOMINGOOO!!!!!!!!!!!!!!🥳🥳🥳🥳
19/06/2025

🥳🥳🥳🥳¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ESTE DOMINGOOO!!!!!!!!!!!!!!🥳🥳🥳🥳

🎉SANTISIMO SACRAMENTO🎉
-Pasarruas a cargo de Charanga “Os Atrevidos”
-13:00 Misa na Honra do Santisimo Sacramento
-MACROSESIÓN VERMÚ con Charanga os Atrevidos, Orquesta KALIMA 3.0 e Dj New House

-21:00 Verbena a cargo de KALIMA 3.0

🎉SANTISIMO SACRAMENTO🎉-Pasarruas a cargo de Charanga “Os Atrevidos”-13:00 Misa na Honra do Santisimo Sacramento-MACROSES...
11/06/2025

🎉SANTISIMO SACRAMENTO🎉
-Pasarruas a cargo de Charanga “Os Atrevidos”
-13:00 Misa na Honra do Santisimo Sacramento
-MACROSESIÓN VERMÚ con Charanga os Atrevidos, Orquesta KALIMA 3.0 e Dj New House

-21:00 Verbena a cargo de KALIMA 3.0

Os nosos veciños e compañeiros, este VENRES🥳🥳🥳🥳🥳🥳
22/05/2025

Os nosos veciños e compañeiros, este VENRES🥳🥳🥳🥳🥳🥳

Con toda a ilusión do mundo e moitas ganas, presentámosvos o cartel co que celebraremos por todo o alto estas festas na honra da Virxe do Carme.
- O venres 23 de maio verbena a cargo de Dilema e... non bromeabamos, si que colle!!!... PARÍS DE NOIA.
- O domingo 25, seguiremos coa sesión vermú a cargo do Dúo Reflejos.
Esperámosvos a todos 😉

😃Unha vez pasado o SAN ISIDRO, queremos agradecer a todos os que pasastes e disfrutastes da festa. Esperamos vervos de n...
21/05/2025

😃Unha vez pasado o SAN ISIDRO, queremos agradecer a todos os que pasastes e disfrutastes da festa. Esperamos vervos de novo no SACRAMENTO (finde 21-22 Junio) donde seguro que o pasades igual ou mellor.😃
Vémosnos en 1 mes.🥳
Comisión De Cabaleiros

🔥SAN ISIDRO LABRADOR 2025🔥¡¡¡¡¡¡¡Aquí temos a primeira festa do ano!!!!!!!O DOMINGO día 18 de maio, na PLAZA DO CONCELLO...
08/05/2025

🔥SAN ISIDRO LABRADOR 2025🔥

¡¡¡¡¡¡¡Aquí temos a primeira festa do ano!!!!!!!
O DOMINGO día 18 de maio, na PLAZA DO CONCELLO.

-Pasarrúas a cargo de GAITEIROS DA NOSA TERRA
-AS 13:00 Misa na Honra de San Isidro Labrador
-Seguidamente, sobre as 14:00, 📣MACROSESIÓN VERMÚ📣 con ZONA ZERO e Dj New House.
- De 17:00 a 20:00 INCHABLES GRATIS para todos
-¡¡¡¡📣As 20:00 VERBENA📣 con ZONA ZERO E DJ New House!!!

Esperámosvos o día da festa, estades todos invitados!!!!!!!!!

¡A PARTIR DE MAÑÁN PASAREMOS A COBRAR AS CUOTAS ANUALES POLAS CASAS! Gracias a todos!
11/04/2025

¡A PARTIR DE MAÑÁN PASAREMOS A COBRAR AS CUOTAS ANUALES POLAS CASAS! Gracias a todos!

🥳🥳PRE-FIN DE ANO TORDOIA🥳🥳🤩¡SÁBADO 28 DICIEMBRE!🤩
18/12/2024

🥳🥳PRE-FIN DE ANO TORDOIA🥳🥳
🤩¡SÁBADO 28 DICIEMBRE!🤩

Dirección

Tordoya
15683

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Comisión de Cabaleiros publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir